ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Parcelaria 2.0

Á venda unha nova oferta de leiras virtuais

Fillos de Galicia emprende unha nova campaña para financiar os gastos do portal fillos.org.

Redacción - 11:04 15/06/2007

A Asociación Cultural Fillos de Galicia pon en marcha a versión 2.0 da súa Parcelaria Virtual pola Cultura Galega para o financiamento do seu portal fillos.org, dedicado aos emigrantes e aos seus descendentes. O crecemento constante da comunidade, da que xa forman parte máis de 4.600 persoas de todo o mundo, fixo que aumentasen os gastos do servidor, polo que houbo que buscar unha nova vía de ingresos.

O novo proxecto Parcelaria permite adquirir terreos virtuais nun mapa de Galiza cunha ligazón á páxina que o comprador desexe. Na primeira versión da iniciativa podíanse mercar parcelas por 10 anos a case 400 euros, pero agora tamén é posíbel adquirilas anualmente, o que tamén é máis accesíbel para os internautas.

Coa campaña pretenden financiar os gastos do novo servidor, necesario para soportar o crecente número de visitas, e mais os salarios dos traballadores do portal. Na campaña do ano pasado superaran os 13.000 euros.


3,5/5 (4 votos)

Comentarios (1)

casdeiro #1 15/Xuño/2007 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agradecemos a Vieiros que se faga eco deste novo chamamento. Os visitantes das nosas páxinas poderían apreciar desde Abril unha caída intermitente do noso servidor dedicado, que xa supuxo 3.667,92 euros de custo en total durante o 2006 (segundo contas presentadas na nosa VII Asemblea Xeral de Socios). Aínda así non era suficiente e o noso portal, cun novo record de visitas nestes últimos meses precisaba unha nova máquina máis rápida. O traslado supón superar os 5.000 euros/ano neste concepto e facemos un chamamento para que mediante esta forma de promoción online os internautas galegos que teñan un blog, un web de calquera tipo, poidan axudarnos a sufragar o gasto. Pensamos que agora a 25,44 euros a parceliña está ao alcance de calquera contribuir ao proxecto Fillos.org. Grazas por adiantado a todos os interesados!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: