ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DOS CREADORES DO SLOGAN "DE FRUTA MADRE"

Primeira cadea galega de comida rápida e natural

O xerente de Frutas Nieves prevé expandir os restaurantes Cocó por todas as cidades do país. Inspírase nun concepto de moda nas capitais europeas.

Manuel Vilas - 11:20 15/06/2007
Pastas e ensaladas, base do menú

Pastas e ensaladas, base do menú

Os profesionais que traballan nas cidades cada vez teñen menos tempo de xantar na casa, un problema para os que levan unha dieta sa. E é que os restaurantes de comida rápida ofertan menús sen suficiente froita ou verdura fresca.

Pero xa hai unha alternativa, chámase Cocó, a primeira cadea galega de comida rápida e, o que máis importante, equilibrada.

Alternativa aos MacDonalds
Cocó é unha iniciativa de Frutas Nieves, firma viguesa con máis de sesenta froiteirías e popular polo seu slogan "De Fruta Madre".

O seu director xeral, Armando Gallar, explica que o público de Cocó son "mozos, que traballan no centro e con pouco tempo para xantar, e tamén preocupados por levar unha alimentación equilibrada". É dicir, algo similar aos Pret a manger, que están a comerlle o mercado aos McDonalds e Burger Kings nas capitais europeas ofertando comida rápida, pero menos calórica.

Proximamente en toda Galicia
Cocó, que xa ten en marcha un restaurante na Gran Vía de Vigo, abrirá outro este ano nesa cidade. A medio prazo, prevé expandirse no resto de capitais galegas. E é que o local da Gran Vía conquistou rápido un público "moi fiel", di o empresario.

Un dos retos de Cocó é adaptar os menús aos gustos galegos. Gallar destaca que os sándwichs, ensaladas e froitas nos que se basea Pret a manger "non son abondo tendo en conta o clima que hai aquí no inverno". Por iso ten un equipo de restauradores e nutricionistas traballando na incorporación de caldos, entre outros produtos.

As cifras de Frutas Nieves
As posibilidades de crecemento de Cocó están avaladas pola fortaleza de Frutas Nieves, que ten perto de 100 empregados e move uns 15 millóns de froita ao ano. O grupo, que facturou 12 millóns en 2006, acaba de inaugurar unha nave de distribución no Parque Tecnolóxico de Valadares.


4,71/5 (34 votos)


Comentarios (5)

Rubenix #1 17/Xuño/2007 Rubenix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está ben a idea pero deben ter en conta o prezo. Últimamente existe moita publicidade que avoga pola comida sá, pero á hora de intentar comprala saenos por un ollo da cara. Deberían estar subvencionados estes restaurantes para poder implantar os menús sans...

breogain #2 21/Xuño/2007 breogain
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a ver se veñen para Pontevedra, aqui polo visto imos ter o primeiro Burguer King....(sic)
http://breo.blogaliza.org/2007...

lunet #3 21/Xuño/2007 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se teñen éxito ainda que sexa caro, crearan escola e xa abarataran cando as vendas sexan masivas¡¡

Tino #4 25/Xuño/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Espero q non nos discriminen aos q usamos o galego como lingua normalizada: tanto na sinaléctica, menús, camareiros, etc.

O_Castrexo #5 8/Xullo/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo co Tino.

Vanme marxinas neses establecementos por falar en galego? Esa empresa traballa en galego ou castelán?

Eu son un 'chico light' e me atrae moito a iniciativa pero se a empresa traballa en castelán non vou lol

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: