Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SON PARTIDARIOS DE LIMITAR OS MANDATOS

Vieiros dálles voz aos novos alcaldes

Martiño Noriega (BNG), Paula Fernández (PsdG) e Xosé Oreiro (PPdeG) son dende este sábado alcaldes en Teo, Silleda e Carnota.

Redacción - 13:05 16/06/2007

Aínda que están en formacións moi diferentes, os tres novos alcaldes que falaron con Vieiros concordan en algo: é necesario limitar o número de mandatos. Noriega, Fernández e Oreiro cren que oito anos son abondo para que un rexedor plasme os seus proxectos.

Con só 32 anos, o nacionalista Martiño Noriega colle o bastón de mando en Teo. Este xoven médico desbanca ao até agora incombustíbel e polémico Armando Blanco (PPdeG). Aínda que o BNG foi a forza máis votada e logrou seis concelleiros, Noriega precisa para gobernar con comodidade o apoio dos catro concelleiros do PSdeG.

No até agora inexpugnábel Deza entrou con forza unha muller na alcaldía de Silleda. Paula Fernández, de 36 anos, conseguiu que por primeira vez os socialistas sexan a forza máis votada nun municipio dezao, tradicional bastión do PPdeG. A lista que encabezaba esta arquitecta técnica logrou seis concelleiros, os conservadores outros tantos e o BNG unha edil.

No municipio costeiro de Carnota, Xosé Oreiro (PPdeG) é o novo alcalde. Unha axustada maioría absoluta permitiulle sacar do goberno a coalición formada por BNG e PSdeG. Oreiro, profesor de Educación Especial, é deputados dos populares no parlamento español.


4.5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: