A asociación púxose en contacto coa dirección do centro privado e con Política Lingüística para denunciar o sucedido.
Segundo unha denuncia que chegou até A Mesa, unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña esixiulle a un rapaz de 13 anos que se dirixise a ela en castelán na consulta. Segundo a versión da nai do cativo, a doutora alterouse co rapaz por falar na lingua propia. A nai e o adolescente acoden a este centro por medio dunha mutua que ten convenio con Muface. A denunciante afirmou sentirse “vexada”.
Pola súa parte, representantes da Mesa puxéronse en contacto co dirección do centro hospitalario, coa dirección provincial de Muface e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para darlles conta da situación e reclamarlles solucións
Aclaración de voto: Deille un 5 á noticia pola denuncia, non pola pediatra. Concordo con mau. Esta doutora é unha troglodita.
Estas son as consecuencias do bilingüismo harmónico. Habería que saber se esta señora asinou o manifesto "tan gallego como el gallego". Que país...
intolerábel, habería que ensinarlhe a harmonía da língua cumha consulta em território nídiamente galegofalante!!! imagino que a contestacióm do crío debeu de ser boa tamén!!!
Hace treinta años esto era perfectamente normal. No sé de qué se quejan estos gallegos. Total, por una ley de nada que además ni se cumple...
Esto so ten un nome: ¡REPRESIÓN! E eu pido : ¡despido para a fascista represora!
URXENTE:
Correo Electrónico modelo@hospitalmodelo.com
Centralita 981 147 300
Pediatría 981 147 314
Admisión 981 147 306
https://red.hospitalmodelo.com...
Chamade e preguntade pola nova
Chamei ao 981 147 300 e faláronme en galego :D
DERONME O NúMERO DE ATECIÓN E QUEIXAS DO HOSPITAL :D
CHAMADE AO *981 21 66 77*
Non nós calarán :D:D
Se a pediatra tén DEREITO a usar o castelán, o doente de trece anos e mais súa nai están OBRIGADOS a expresarse en castelán na súa consulta.
Literalmente a CE di no seu artigo 3.1: "o castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o DEREITO a usala"
Os da Mesa sodes os primeiros en aceptar unha interpretación literal e illada dese precepto, admitindo o DEREITO INCONDICIONAL a usar o castelán na Galiza. Por iso falades de "mínimos de cooficialidade" e cousas de lindura xurídica semellante.
O certo é que o dereito ó uso dunha lingua évos un dereito (individual e colectivo) de EXERCICIO COLECTIVO; dito doutro xeito, como dereito individual esixe, conleva ou equivale ó derito a interlocutores nesa lingua....o médico, o xuíz, o notario, o mestre, o veciño, o tendeiro, o empregador, a TV, o periódico, o ordenador, o envasador de leite, ... E non é un dereito absoluto ou esixíbel fronte a calquera interlocutor; pois, o interlocutor tamén vos é titular de dereitos lingüísticos. Daquela hai que determinar o dereito que prevalece.
Na Galiza para os servidores públicos (pediatra) prevalece o dereito dos servidos (doente e nai). E estes están obrigados a coñecer o galego e a usalo, agás que procedan doutra comunidade lingüística e aínda non se puidesen integrar na Comunidade Lingüística Galega por medio da adquisición das destrezas de uso desta lingua (hai outras excepcións que agora óbvio!).
O da pediatra é unha discriminación lingüística; mais, ollo!, non porque diagnosticara e dera un tratamento intencionadamente erróneo ó seu doente por falarlle en galeo (que tamén sería unha discriminación por mor de lingua!), senón porque non lle deixou exercitar o dereito ó uso da lingua territorial propia como poden exercitalo os membros da Comunidade Lingüística Castelá en "Castela" cando acoden ó pediatra.
Mais, insisto, esa discriminación é propiciada por interpretacións seudoxurídicas do ordenamento coma as que vén mantendo insistentemente A Mesa.
Concordo. A cousa está ben clara: o DEREITO teno a doutora, pois emprega a língua oficial, da que hai para tod*s o DEBER de coñecela e o dereito a usala.(Constitución, -con p- ).
Non existe o DEBER de usar o galego na mesma C.
A min, aínda no ano pasado, un médico castelán que traballa no ambulatorio da miña vila díxome cando me atendeu nas Urxencias:
"No me hables en portugués!"
Fiquei pampa, como se acabase de recibir unha hostia ben dada, a maiores da que xa levara cando me deran por detrás indo no coche. E eu que pensaba que isto xa non pasaba ou que só se atrevían a dicirlle este tipo de cousas aos máis indefensos, é dicir, nenos e vellos. Ilusa de min!
Á pediatra esta poñerlle vinte denuncias para ver se se lle pasan as ganas de andar dicíndolle aos demais en que teñen que falarlle. Por riba de que un xa ten que ir ao médico, cousa agradábel onde as haxa, ter que aturar a esta xentiña, por non denominalos doutro xeito menos fino.
A cousa está muito fácil, ó: a pediatra é uma horrorosa profissional, porque nem entender os rapazes sabe. Ou quer. Não querer atender um(a) paciente é denunciável. Essa denúncia teria mais peso do que a questão linguística.
Os "cursiños" da Xunta são baratos. Há um que se chama "Galego Rápido Para Entender Pacientes Estraños Nivel 1". Ao melhor, até lhe dariam pontos à pediatra para uma promoção.
-celso
eugalego: poderías evitar facer comentarios racistas, xenófobos, sexistas e ofensivos en todas as novas que comentas? Xentilla coma ti, con esa actitude estalle a dar a razón a eses individuos. Defendamos o noso co noso e ao noso: os bos e xenerosos... Seica ti es un férido e escuro?
Estou contente porque o senhor Lois de Silán entendeu que para poder exigir o uso da língua tem que haver a obriga de usá-la (ou pelo menos, de conhecê-la).
Ou seja, DEVER = OBRIGA (cousa contra a que estaria o celebérrimo Erasmo, profe de filosofia por la gracia de Dios Nuestro SeÑor)
Para poder exigir o tratamento em galego o seu conhecimento tem que ser um DEVER para as pessoas que moram na Galiza.
Mas É só um DIREITO. Ou seja, não acarreta obriga, Lois.
Outra cousa é que exijamos que seja DEVER. Mas então haverá que reformar a ConstituCIÓN. Reformamo-la?
O ano que vén, se Deus quixer, Observador.
Noutras palabras, habería que pasar por riba de xentes como a pediatra esa e moita máis xente. Primeiro habería que chegar a unha situación na que cousas como as que fai esa pediatra non foran posibles, aínda dentro da constitución actual.
Mellor dito: habería que chegar a unha situación na que cousas como as que fai esa pediatra non FOSEN posibles.
En galego non é o mesmo "foran" que "fosen", que non é o mesmo galego que castelán.
Por certo, acabo de oír o alcalde de Vigo, Abel Caballero, falando en galego e dicindo "todavía".
Este LOIS_DE_SILAN é o tamén alcumado Erasmo, ou, en todo caso, un dos adalides do "TanGallegocomaelgallegoperosinelgallego,mentiendes?".Que se che ve a patiña, ou a gadoupa....
O deber dun funcionario público ou dun médico en xeneral é atender da mellor maneira aos cidadáns, o que inclue respeitar o idioma que empreguen.Xa non falo da educación ou do sentido común.
Perdón, que metín eu a pata, tiña asociado o alcume de LOIS_DE_SILAN ao de Erasmo, habitual coñazo de "tangallego...", pero son distintos e de distintas opinións, evidentemente..Vostede perdoe, mister Lois, foi un lapsus.
Esta é unha pediatra ou unha foniatra? Cando se producen estes casos habería que obrigar aos profesionais a cursos de reciclaxe, coma cando a un lle quitan o carné por puntos
Lois de Silán, tens un cacao para o que nom chega umha pouca de fraseologia, má, jurídica. Já agora, ninguém desde os sindicatos corporativos (desde a CIG até CC.OO) tam combativos eles de funcionários reclama a supressom da MUFACE? Nada disso nunca se ouve, outros pifostios corporátivos sim que montam (e grandes), mas tocar a MUFACE é ir em contra dos "direitos adquiridos" da clase emergente de colete azul. Olhamo-nos no Calde.
A denuncia foi feita pola Mesa e non poño en dúbida os feitos, pero a algún medio de comunicación se lle ocurriu entrevistar a nai do neno e máis a pediatra en cuestión para saber o que realmente pasou e pódamos ter unha opinión exacta, e facer logo os comentarios.
Ijual non lle entendia ao cativo!!!!.... e broma!
By the way, gustariame saber x q alguns de vos utilizades este portugues agalegado ou este galego aportuguesado??? Fala alguen este idioma??? Eu non conhezo a ninguen que o fale.
P.D. Sintoo polas faltas ortograficas pero xa sabedes que no estranxeiro...
Eu fágome estas preguntas. Se eu fose a nai do neno e me pasase eso, que faría? Penso que o que faría sería dirixir unha queixa formal por escrito no debandito Hospital, é logo se vexo que non me respostan denunciario ante os medios de comunicación. Non sería o lóxico? Entón como é que a nai en cuestión o denuncia ante a Mesa?, que autoridade ten a Mesa?, será que a nai pertence a Mesa?
#16, OBSERVADOR!! Supoño que non te sentirás amolado porque non perda moita enerxía en respostarche....remítocheme ó que che teño dito noutro lugar (lerías ben o meu comentario?). Saúdos.
#22, moledo!! Gustaríame saber que é o que queres criticar do meu comentario! Dime cales son os elementos que a ti te levan a entender que teño un cacao ou confusión discursiva! Creme!, estouche moi interesado en coñecer lagoas do meu discurso, erros no meu razoar. Agradézoche que sexas o suficientemente claro coma para poder entenderte. Grazas. Un saúdo.
E, se nos referimos á "desculpa" do hospital responsábel...que curioso que a pediatra non falase alemán, inglés, francés, ruso, árabe ....., co bos profesionais que vos hai nesas linguas. Agora resulta que os mellores profesionais da pediatría sonvos os que falan castelán!!!
Ou será que ós estranxeiros había que porlles tradutor e os galegos renegamos todos do galego e abrazamos no canto o castelán que como todos saben é tangallegocomoelgallego!!??
Saberán os do Modelo que a conduta da súa pediatra é, eventualmente, constitutiva dun delito contra os dereitos cívicos (art. 542 CP)?
LdS, Acredito em ti!! Mas silogismo inexacto primeiro Dizes: "Se a pediatra tén DEREITO a usar o castelán, o doente de trece anos e mais súa nai están OBRIGADOS a expresarse en castelán na súa consulta."
(??) Nom existe tal obrigatoriedade dos doentes polo facto da nacha essa falar espanhol, os doentes e os taxistas podem falar em galego (tenhem direito; obriga nom, mas direito sim).
copiado e pegado do voso "mataburros" e dicer da "Real Academia Española" (RAE)
gallego = Lengua de los gallegos
e digo eu ¿non te sería mais fino expresarte no inglés, ou seica non sabes?
#28 moledo!! Explícanos que entendes ti por DEREITO A USAR UNHA LINGUA, a galega poñamos por caso!. Non reducirás o dereito a USAR ó dereito (rectius, faculdade) a EXPRESARSE nela?!
Explícanos como compatibilizas as túas afirmacións, relativas á inexistencia da obriga de uso do galego, co preceptuado nos artigos 3.3 e, sobre todo, 14 da CE! (Bótalle tamén unha ollada ó preámbulo).
(Repara en que a miña hipótese de traballo "se a pediatra tén DEREITO..." NON é a miña tese iuslingüística, senón a contraria, para a relación xurídica denunciada!).Saúdos.
Nun modelo de hospital
Nun hospital modelo
A pediatra toma o pelo
Prohibindo lingua natal
Alí se fala como a doutora
Os pacientes a calar
Non lle ousen replicar
Linguas inferiores, fóra
Esa doutora votará
Ao Pepé probablemente
Eu o aposto dende xa
É un costume indecente
Que o futuro lembrará
O atender así a xente
Pois non se esquecerá
A actitude prepotente
De máis de un matasán
Igual que outros funcionarios
E outros moitos reaccionarios
De profesións e oficios varios
Que tocan os collóns e ovarios
Teñen de caciques vocación
E consideran provocación
Falar na lingua da nación
E no seu feudo non hai elección
Como está o país para que isto sexa unha noticia.
Pero a ver: Curouno ou non o curou?
O único que facer que o mencionado hospital non volva a cometer ese erro é metérselle coa carteira: se algunha vez fóstedes alí de pago ou tedes un seguro privado, escribídelle un email a modelo@hospitalmodelo.com para informalos de que para outra vez buscaredes outro sitio onde deixar os vosos cartos. Eu fíxeno e de seguida me enviaron un email en resposta e explicándome -en galego, ¿podédelo crer?-que, segundo eles, a pediatra era de fóra e non tiña competencia lingüística para entender o galego.
Que se enteren de que asoballar non sae gratis. A partires de agora, son ex-clienta. Non penso volver.