Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Así o ven en TIME

Gloria traballou "hard" on this "cocido"

Até onde non chega "o sistema de navegación" conduciu a reporteira Lydia Itoi, por terras de Cerdedo. Reparen na perspectiva EUA a pé de cocido.

Redacción - 12:35 20/06/2007
Tags: cocido Time

Cara á parroquia de Vilar, con 46 veciños, a pé de Cerdedo, a reporteira estadounidense Lydia Itoi desprazouse a zonas de esgrevios bosques con "cabalos e xabarís salvaxes" e sen hotel nin restaurante á vista para escribir sobre o lugar de onde procede a familia de seu home.

"A miña face xaponesa e o meu acento fanme unha marciana", confesa, destacando o bo recibimento dos veciños. Á beira dela, seu compañeiro venezolano Alberto é recibido como fillo do lugar: "Non me lembras?" dille seu tío avó Odilio Torres, "o pai do teu pai, que en paz descanse, era irmán de meu pai".

"Ningunha comida pode ser mellor expresión de Vilar ca o cocido, nun lugar onde os veciños comeron cocido durante xeracións", relata, "non é tempo para preocuparse polas calorías, o cocido é máis ca unha cea. É un ritual no gume dun sacramento, un labor de amor nun pote". "Cando lle falo do sushi, ela dime: somos pobres, pero cando menos cociñamos o noso peixe!".

Poden ler o artigo completo en Time.


5/5 (5 votos)

Comentarios (2)

Barcelos #1 20/Xuño/2007 Barcelos

xa te dixen before que non petes na door

anacleto #2 20/Xuño/2007 anacleto

Pois o artigo está ben, é bastante aquilatado e non cae en esaxeracións.É bon de cando en vez ver a visión foránea de costumes e circunstancias ás que non damos importancia ou nas que non reparamos, e que coma neste caso están a piques de desaparecer, antes de que nos decatemos.Cando volva esta señora dentro duns anos igual xa non pode comer tantas cousiñas auténticas.E igual nos há pasar aos daquí.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: