Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
NOVAS MOBILIZACIÓNS

Unha cazolada daralle a benvida a un novo gaseiro en Reganosa

O Cádiz Knutsen ten prevista a súa entrada este xoves ás 21 horas.

Redacción - 17:40 20/06/2007

O metaneiro Cádiz Knutsen viaxa cara á ría de Ferrol. O buque, propiedade de Unión Fenosa, unha das empresas que participan na planta de Reganosa, tampouco vai ter unha entrada tranquila. Dende algunhas asociacións da zona xa anunciaron que pensan recibir cunha gran cazolada á embarcación.

O Cádiz Knutsen viaxa cargado con case 60.000 toneladas de gas licuado e prevese que entre no peirao entre as 21 e as 22 horas deste xoves. Agárdase que a zona volva ser ocupada outra vez por ducias de efectivos policiais.


Ligazóns

4,67/5 (12 votos)


Comentarios (5)

ecoe #1 20/Xuño/2007 ecoe

Contra REGANOSTRA!!

Barcelos #2 20/Xuño/2007 Barcelos

¡Queremos auga sen gas!

COUTOVEN #3 21/Xuño/2007 COUTOVEN

Si queremos una Galiza verde y sana. Hay que darle duro a la cacerola. Si las cacerolas pudieron sacar a Pinochet en Chile y vuelven loco a Chávez cuando se las tocan. (Tanto que prohibió legalmente los cacerolazos). Denle duro a esa cacerola y que se escuche en todos lados.

MariPepadoPouso #4 21/Xuño/2007 MariPepadoPouso

Unha coña mariñeira!

Esta é a noticia como a dan en La Voz de Galicia:

El patrón mayor de la cofradía de mariscadores de Ferrol, Bernardo Bastida, dio ayer un giro de 180 grados para detener el boicot a Reganosa y anunció que, por parte del colectivo, «no va a haber impedimento para la entrada del gasero», el tercero que llega a la regasificadora.

Pero que coña é esto? Xa non van sair os barcos para parar o gaseiro? Xa non vai estar Yolanda e SuperBastita ao frente? Xa van poder pasar de rosiñas e nos tan contentos?

Que pasa?, que coña e que coño é esto? Ahhh, xa sei, será que alguén recibíu cartos e xa non hai que montar follón??, ou será que xa pasaron as eleccións e agora xa non importa tanto? Que, estamos cambiando de bando? ou... de banda? ou serán todos unha panda?

E a xente que levou paus que pensará?? E a xente que foi camiñando a Teixeiro, que dirá agora?

!!Realmente é unha coña mariñeira!!

MariPepa

carlosroca #5 26/Xuño/2007 carlosroca

Pero de que vos sorprendedes?.

O acordo de goberno PSOE-IU, Yolanda e Irisarri, asi o asinaron: acabouse o conflicto, Reganosa mantense onde está e as mobilizacións foron cousa da campaña eleitoral, para chucharlle votos ao Bloque, coa colaboración mesmo de propi@s afiliad@s. Que drián estes últimos agora?

Os mariscadores acadarían un bo acordo para as perdas nas súas capturas. Daba igual a causa da redución de capturas, habia que aproveitar para recuperar os ingresos. É lexítimo.

Todos led@s, PSOE, IU e Mariscadores. Do PP, que a puxo onde está ninguén fala.

O BNG foi quen se opuxo á ubicación, cando tocaba e en solitario.
A forza política que se mostrou clara e honesta fica no seu sitio fronte as mentiras do resto. Para cando o xusto recoñecemento?. Témome que non há chegar nunca, somosche así, moito autodio.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: