Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE QUE LLO PEDIRA A DIRECCIÓN DO BNG

Os concelleiros nacionalistas de Muros, Porto do Son e Corcubión inscríbense como non adscritos

Agardan que o Bloque reconsidere a súa intención de expulsalos por incumprir o pacto nacional.

Redacción - 19:18 22/06/2007
Rafael Mouzo, no centro, nunha imaxe de arquivo

Rafael Mouzo, no centro, nunha imaxe de arquivo

O BNG non ten dende este venres representación formal nos municipios de Muros, Porto do Son e Corcubión. Os concelleiros destas tres localidades inscribíronse nas corporación como membros do grupo dos non adscritos. Cumpren así a orde cursada pola dirección nacional logo de que racharan o pacto co PSdeG.

Aínda que quedan provisionalmente desligados da formación frontista, os doce concelleiros elixidos nas listas do BNG agardan que a organización non leve a cabo a anunciada expulsión. Alegan que a situación política dos seus concellos era moi diferente a doutros lugares do país.

O histórico militante nacionalista e de novo alcalde de Corcubión, Rafael Mouzo, explicoulle a Europa Press que “acatan e asumen” a decisión pero agardan que se teñan en conta os seus argumentos: “Hai catro anos, os que fallaron foron os socialistas e non foron expulsados”


4,93/5 (14 votos)


Comentarios (5)

Jatopardo #1 22/Xuño/2007 Jatopardo

É increible que o BNG queira expulsar aos concelleiros nacionalistas de Porto do Son por cometer o terrible "delicto" de non querer pactar co ex alcalde, o socialista Ramón Quintáns, que nas pasadas eleccións prefireu pactar cun tránsfuga antes que co BNG, que esnaquizou Portosín con ducias e ducias de edificios, que permitiu casi 100 edificacións denunciadas por Adega na Rede Natura, que proxecta facer unha piscifactoría ao lado do Castro de Baroña denunciado por Adega e Greenpeace e un campo de golf na zona de Caamaño en terreos da Rede Natura, tamén denunciado por Adega, e como colofón, hai unhas semanas atopáronlle un piso en Santiago sin declarar de 131 metros cadrados valorado en 450.000 euros e un baixo na Toxa valorado en 250.000.

Como pode ter o valor a dirección do BNG de querer expulsar a uns concelleiros nacionalistas por non querer pactar cun socialista que está enmerdado até o pescozo. ¿Esa é a defensa do litoral que defenden desde Santiago?, señores da dirección do BNG, o que se mete na merda, acaba cheirando tamén.

vitorinho #2 23/Xuño/2007 vitorinho

Por fin remataron os anos de desgoberno en Muros. Foron anos de profundas frustracions, de crise endémica nunha localidade na que se estaba a condenar a xeneracions enteiras á emigracion, e na que mais da metade do termo municipal carecia da mais minima atencion por parte de quen ate agora ostentaba a alcaldia: o PSOE. A decision tomada por parte da militancia e concelleiros do BNG de Muros non podia ser, polo tanto, mais acertada. Era o unico xeito de mudar as cousas, ou cando menos tentar mudalas.
A miña mais sincera felicitacion, por tanto a Domingos Dosil e ao seu equipo, noraboa que fago extensible aos afiliados e afiliadas nacionalistas de Muros e aos seus votantes.
Son un veciño de Esteiro, antigo militante nacionalista, que por cirunstancias da vida se veu obrigado a deixar a sua terra para buscarse un futuro noutro lugar, neste caso as Illas Baleares, como tantos centos de veciños meus. Sei que non toda a culpa da situacion socioeconomica do meu Concello a teñen os sucesivos gobernos municipais dos ultimos 20 anos. Mais tampouco fixeron nada para frear a terrible sangria social que sufre.
Comentario a parte merece a posicion mantida pola direccion do BNG ao respecto do acordo entre os nacionalistas e o PP. O pacto a nivel nacional, acordado entre os lideres das duas organizacions, non é necesariamente válido para todas as localidades. En Muros gobernaron PSOE e BNG en duas ocasions, as duas cun final similar: a expulsión dos concelleiros nacionalistas do goberno municipal. Era, polo tanto, un desvaraxuste pensar que ese pacto podia reeditarse por terceira vez.
A decision do BNG de expulsar aos concelleiros nacionalistas da organizacion significa so unha cousa: o BNG xa non representa aos militantes, simpatizantes e votantes nacionalistas a nivel local en Muros.
Animo Domingos, e adiante!.

Picheleiro #3 23/Xuño/2007 Picheleiro

Entendo que casos como os de Muros, Porto do Son ou Corcubión poidan ser excepcións dentro do País. Non é xustificable para ningún candidato-militante do BNG o aliarse ou permitir o apoio da dereita, poque todos sabemos o que teñen feito nos moitos anos que levaron "gobernando" o País. De tódolos xeitos non temos que esquencernos que unha parte moi importante da responsabilidade destes feitos tamé é do PSOE por consentir que se presentaran "persoaxes" coa traxectoria que tiveron nos últimos anos. Probablemente se o PSOE non consentira estas candidaturas non estiveramos hoxe en día falando deste tema.

Jatopardo #4 23/Xuño/2007 Jatopardo

Picheleiro, claro que é infumábel que o PSdG volvera a presentar de candidatos á alcaldía a impresentables como fixeron en Foz ou en Porto do Son.

En Foz, gracias ao BNG, o impresentábel José María García Rivera, o alcalde que autorizou nun só día 1343 vivendas, volverá a ser alcalde.

En Porto do Son, afortunadamente, o impresentable ex-alcalde socialista Ramón Quintán, atopou con catro concelleiros nacionalistas que se negaron a apoialo. O que fixeron Ánxela Franco para evitar que o responsable máximo do esnaquizamento de Porto do Son volvera governar foi digno de admiración. O máis fácil para Ánxela sería ter pactado cos socialistas, coller una teniente alcaldía e a vivir que son dous días. Ela é comercial e traballa desde as 6 de mañán hasta a noite para sacar adiante unha familia. Pero non, antepuxo os intereses do concello aos seus persoais, e os veciños nunca llo agradeceremos bastante. ¿Alguén pensa que esta admirábel actitude merece ser pagada coa expulsión do partido?

Hai uns días, na TVG, Bieito Lobeira declarou: "e ínadmisíbel que intenten impoñer desde Madrid ou Bruselas decisións que nos atinguen aos galegos", pois eu diríalle á dirección do BNG que é inadmisíbel que nos intenten impoñer desde Santiago decisións que nos atinguen aos veciños de Porto do Son".

Nunca é bo xeneralizar, e pensar que todos os candidatos do PsdG merecen ser apoiados polo BNG é unha irresponsabilidade e una estupidez.

txari #5 24/Xuño/2007 txari

á situación en corcubión, únese o feito de que os socialistas non se achegaron a caron do Bng para iniciar as tarefas de formación de goberno, posiblemente por que sabían da imposibilidade de pactar con eles con actitudes da máis dereita actitude e tintes dictatoriais

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: