No período 2007-2010 destinaranse 3.657 millóns de euros para loitar contra a Galiza de dúas velocidades e dinamizar así as comarcas máis deprimidas.
Quintana e Touriño na presentación do plan
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, e o vicepresidente, Anxo Quintana, presentaron este luns en Santiago o Plan de Reequilibrio Territorial, unha das principais apostas do executivo de coalición. Entre 2007 e 2010 destinarase a este plan 3.657 millóns. Desta cantidade total a Xunta achegará 2.672 mentres que os 985 restantes procenden de fondos estatais.
Dende a Xunta consideran que é o maior esforzo da historia de Galiza para reequilibrar socioeconomicamente o país. Para isto márcanse 25 concellos que “actuarán como polos de atracción do investimento, imáns para fixar poboación da Galiza interior e focos de medre económico”
O plan estipula 500 actuacións concretas divididas en cinco eixos sectoriais: infraestruturas produtivas; medio ambiente; equipamento social e vivenda; medio rural e pesca; e promoción económica.
Touriño sinalou que “Galiza aínda ten unha materia pendente: a do seu propio reequilibrio interior, a superación dun país de dúas velocidades, as súa converxencia interior”. Lembrou que no 88% do territorio vive un 37% da poboación nunha “Galiza máis atrasada e envellecida que non acada o 85% da renda media”. Quintana considera que o programa vai ser decisivo para revitalizar as comarcas rurais do país.
Pode consultar aquí os pormenores do plan.
Pois se eses son os pormenores vaiche boa... O único que se concreta aí é o asfalto. Agardo que cada consellería teña unha planificación máis traballada. O que eu vexo aí son vaguedades.
Reequilibrar o país está ben. Agora o que conta é que isto non acabe nun Plan Galicia bis.
Deberase pór en marcha agora mesmo, senón non lles dará tempo que se fixe a poboación. Os mozos preparados teñen que emigrar e eiquí non quedamos nada máis que vellos. Agardemos que este sexa o derradeiro plan para dinamizar a nosa terra e mais que sea eficaz.
Por máis que miro nise documento tan elaborado non vexo nada de novo.
Qué pasa co macizo central ourensán?
Qué pasa co oriente de Lugo?
Seguimos coma sempre: vendo ós que gobernan arredor de mesas cheas de micrófonos e de botellas de auga (o viño vén despois) falando e falando...xa estamos fartos de máis do mesmo, cona!
Estou seguro que, igual ca pasaba cando mandaba o pp, moitos distes políticos non saben onde se etopan moitos dos concellos do interior.
Ay miña terra! xa non ye coñece nin a nai que te pariu!