Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Haberá nova xuntanza

Avances na negociación PSdeG-BNG en Lugo

A renuncia do Bloque á tenencia de alcaldía única aproxima o acordo un chisco. Os nacionalistas pídenlle agora aos socialistas plena autonomía nas áreas de xestión propostas.

Redacción - 14:40 27/06/2007

A última hora do martes había mesmo dúbidas sobre a realización da reunión convocada para primeira hora deste mércores. As últimas declaracións ao respecto das respectivas propostas tanto por parte de socialistas como de nacionalistas agoiraban complicado o acordo de goberno en Lugo.


Logo dunha extensa reunión que comezou ás dez da mañá, PSdeG e BNG achegaron posicións. Para poñer máis preto o acordo, os nacionalistas concederon a posibilidade de que non exista unha tenencia de alcaldía única, malia que o acordo marco entre as dúas formacións así o fixaba e esa foi a fórmula adoptada nas outras cidades. Á beira, o BNG subliña que o PSdeG debera retirar os atrancos deseñados para, segundo denuncia o Bloque, baleirar de contido as áreas que xestionaría o BNG.

No ámbito do programa de goberno as posicións parecen máis factíbeis de aproximarse, se ben o Plan Xeral de Ordenación Municipal aparece como un obstáculo importante, logo de ser punto de enfrontamento reiterado no anterior treito municipal con maioría absoluta dos socialistas. No que lle toca ao modelo de organización e distribución de áreas PSdeG e BNG manteñen posturas máis diverxentes. A tenencia de alcaldía é un dos factores que impiden o acordo, xa que o Bloque insiste en que só haxa unha, seguindo o modelo de Santiago, e a última proposta dos socialistas non acepta este punto.


4/5 (2 votos)


Comentarios (8)

Tino #1 27/Xuño/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PSOE de Lugo está a poñerlle atrancos ao pacto desde o primeiro momento, só falta q teñan a valentia de dicir q non o queren.

maroto #2 27/Xuño/2007 maroto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tampouco vexo que o BNG morra de ganas de pactar. Se fracasa a culpa será dos dous.

petopitopato #3 27/Xuño/2007 petopitopato
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pode que sexa culpa dos dous... máis non a partes iguais. Orozco está aind ana eira da sua derradeira maioría absoluta e os socialista de Lugo deben ter en conta que esta non se volverá a repetir e que no futuro será aindmáis cativa. Mellor sementar agora un acordo xusto para abrir o vieiro do bo entendemento no futuro.

lugote #4 27/Xuño/2007 lugote
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os candidatos están queimados, os dous, de tanto tempo tirándose os trastos. Esto resolvíano deixándolle paso a outros.

xacataca #5 27/Xuño/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Supoño que expulsarán a Orozco do PSOE se non cumpre co acordo marco. O da tenencia de alcaldía única e innegociábel.

Tino #6 27/Xuño/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para Maroto: primeiro contacto, Orozco obrígalle ao bng a verse na alcaldía; o bng non accede e ao final fano nun hotel de Lugo.
Segundo contacto: o Psoe proponlle concellarias trampa con empresas municipais q valeiran o contido das mesmas.
Q mais queres? Non fagas o avión q se ve ben quen é cada quen.

carlosroca #7 27/Xuño/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aqui o queimado é o derrotado, o que non renovou a maioria absoluta foi o señor Orozco. Claro desta non tiña a xestión do BNG detrás....

xacataca #8 27/Xuño/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Bloque cedeu a tenencia de alcaldía e vaino pagar ... por paspóns ... vannos fagocitar!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: