Alfonso Eiré, d'A Nosa Terra; Carme Avendaño, de Érguete; e Francisco Rodríguez, polo Proxecto Galicia, recolleron os galardóns
Preto de 200 persoas acudiron até o hotel San Francisco, en Compostela. O patio acristalado deste inmóbel acolleu o acto de entrega das Medallas Castelao. Este ano a Xunta distinguiu a asociación contra a droga Érguete, o semanario A Nosa Terra e o Proxecto Galicia, da editorial coruñesa Hércules
O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, foi o encargado de entregar os galardóns. Mais no acto tamén estivo o executivo en pleno e diferentes persoeiros da vida cultural e empresarial do país.
O director d'A Nosa Terra, Alfonso Eiré, recordou que Castelao estaría contento polo recoñecemento “ao seu proxecto e ideario. Premiando A Nosa Terra, prémiase a Castelao”. Eiré lembrou aos centos de persoas que colaboraron nos últimos anos co semanario pero tamén a galeguistas históricos como Alexandre Bóveda, Otero Pedraio ou Ánxel Casal.
Unha forte ovación tamén acompañou a entrega de medallas a Carme Avendaño, de Érguete, e a Francisco Rodriguez, do Proxecto Galicia.
Paréceme ben este recoñecemento a A Nosa Terra. Tenche moita historia de nacionalismo detrás e nel se discutiron grandes proxectos que frutificaron nalgo.
Agora ben, na actualidade só lle rescataría a sección Cultural. O outro é un mero panfleto do BNG. Debería abrir miras e permitir, invitar a que escriban outros colectivos, ceibarse da excesiva presenza de membros da UPG e apostar por outro modelo de información.
Se se premia a unha historia n´A Nosa Terra, ben. Mais cómpre que volten a aqueles tempos en que ANT era algo, un referente, un facho e non un foco de irradiación bloquista.
Patético o de HERCULES DE EDICIONES,coa súa estructura piramidal de vendas, a queimar a milleiros de rapaces e rapazas que pasaron polas súas oficinas a recibir as "leccións maxistrais do Sr.Rodríguez", para a venda dun Proxecto sen pés nen cabeza.¿E dín que eso reforza a cultura galega?, é broma.
Antes a consigna era falar castelán pois así vendíase máis, estes poñénse a vender pedras e fanche crer que alimentan.
Noraboa A Nosa Terra, eso é facer pais.
Estou con Espasende. A Nosa Terra ten unha brillante historia tras de si, pero arestora é unha mera publicación panfletaria cun produto xornalístico moi pobre... E logo se extrañarán das escasas vendas que teñen!
A Nosa Terra ten unh,a historia brillante e creo que pode ter un bo futuro. A ver o que pasa coa entrada de don Jacinto Rey (non hai que olvidar que é unha das empresas máis grandes de Galiza). A xente da Nosa Terra ten moito mérito. Certo é que houbo sombras e que tamén houbo demasiado seguidismo da oficialidade do BNG. O que non acabo de ver a Miguel Barros de gurú do novo proxecto...