Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Coa reforma no caixón no resto de lexislatura

Méndez Romeu dubida de que se vaia reabrir nos próximos dous anos o debate estatutario

O conselleiro de Presidencia falou con pesimismo este luns sobre a posíbel volta dos tres grupos parlamentarios ao diálogo sobre o Estatuto.

Redacción - 13:52 02/07/2007

Citáranse os tres grupos parlamentarios para a volta das eleccións municipais coa intención de recuperar a negociación sobre o Estatuto, pero o ciclo político estabelecido desde aquela non agoira que en breve se poida volver ao diálogo neste asunto.

Ao respecto, o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, opinou este luns que "cun calendario no que temos a nove meses vista como moi tarde as eleccións xerais e a dous anos as eleccións autonómicas é difícil que se poida reabrir o debate nesta lexislatura". Méndez Romeu fixo estas declaracións durante a apertura do seminario Os debates sobre o Estado autonómico. A descentralización en España dende diferentes perspectivas, foro organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).

Romeu tivo gabanzas para o que cualificou de "serio, rico e importante" debate que no seu momento conseguiron despregar as tres formacións políticas con representación parlamentaria. Con todo, laiouse de que as posicións que no seu momento impediron o acordo "non teñen variado até a data". "Mentres non se produza unha situación distinta, que depende máis dese calendario electoral xeral e galego, non é probábel que se volva ás conversas".


2/5 (1 votos)

Comentarios (6)

xoca #1 2/Xullo/2007 xoca

Pode parecer ben que tanto o PP como PSOE busque o governo do Estado español, incluso a costa dos intereses galego, o que non me parece xa ben e que os galegos sexamos tan estupidos que lle sigamos o xogo.

haiqueroelo #2 2/Xullo/2007 haiqueroelo

O PP ten que levar un pau ben grande para volver á mesa de negociación.

Gaviotero #3 2/Xullo/2007 Gaviotero

Eso, eso, un palo de votos bien grande. En dos años, mayoría absoluta del PP y dedicación del Gobierno gallego a los problemas que realmente les preocupan a los gallegos: educación, sanidad, infraestructuras...y que los bipartitos se dediquen a ver si somos suevos, celtas o brasileiros...

Picheleiro #4 3/Xullo/2007 Picheleiro

Xa votaba de menos a Gaviotero. Agora si que vou durmir tranquilo.
O da dedicación aos problemas que realmente preocupan aos galegos e galegas: educación, sanidade, infraestructuras, referiraste ao ben que o fixeron os peperos nos últimos dezaseis anos. Se é así, case mellor que non se preocupen tanto.

galicecos #5 3/Xullo/2007 galicecos

De quen non me preocuparía e deste "energúmenos· que se meten nos foros, coma gaviotero. Se non lles prestamos a máis mínima atención, desaparecen. Tédeo en conta a seguir.

galicecos #6 3/Xullo/2007 galicecos

Se o bipartito fai unha campaña axeitada da importancia que ten para nos o Estatuto, de seguro que o PP leva ostias hasta no carné de afiliado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: