Centos de aspirantes eliminados por defectos de forma como imprimir as programacións a dobre folla ou non usar Windows, acusa o STEG
A Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, responsábel das oposicións
A polémica chegou á maior convocatoria da historia de postos de traballo para o ensino público, en marcha esta semana. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) denuncia que a Xunta excluíu a centos de aspirantes por defectos de forma. Imprimir as programacións a dobre cara ou usar “sistemas operativos libres” para redactalas son algún dos motivos, di o sindicato.
É máis, o STEG acusa á Consellería de Educación de permitir que non haxa un criterio común nos diferentes tribunais. Así, algúns aspirantes que presentaron a programación con defectos de forma foron excluídos; o que no caso dos interinos implica a perda do seu posíbel posto de traballo. Noutros casos, o tribunal deulles un cero, pero poderán seguir opositando.
Ante esta situación, o directivo do Sindicato Xosé Cabido acusa á Xunta de crear “un auténtico barullo” nas oposicións e pide que Educación chame aos tribunais a “actuar con flexibilidade” cos defectos de forma. Pola súa parte, a Consellería insiste en que os tribunais teñen autonomía para aplicar a convocatoria. Tamén indica que axustar a programación á forma especificada “é un requisito”.
É un problema de imprimir dende Linux?
Algúns aspirantes foron eliminados por imprimir as súas programacións a dobre cara, en 30 folios no lugar dos 60 que pedía a Xunta. O directivo do STEG argumenta que non ten sentido castigar aos aspirantes por aforrar papel cando, de aprobar a oposición, deberían ensinar aos nenos a respectar o medio mediante o consumo responsábel. “Ademais o número de caracteres é o mesmo, sexa a dobre cara ou non”, quéixase Cabido.
O Sindicato tamén indica que houbo varios casos de suspensos por “non ter feita a programación na letra Arial de Windows e facela en sistemas operativos libres”. O certo é que a Arial é unha tipografía igual en todos os sistemas, pero, segundo explica o deseñador gráfico Óscar Otero, pode imprimirse de forma lixeiramente diferente en función do programa usado, sexa este de Windows ou de Linux.
Consellos para os afectados, que poden ser mil
O Sindicato di que o número de excluídos aumenta a medida que se coñecen as primeiras notas, polo que teme que a cantidade final de afectados alcance o millar. STEG recoméndalles que reclamen que se lles detalle o motivo da súa exclusión. Con esa información, poden recorrer tanto diante do tribunal como ante a Consellería. O sindicalista explica que, nalgúns casos, os tribunais deron marcha atrás despois de protestar ante Educación.
Entre los "extravíos" de exámenes, las oposiciones a médicos que empiezan dos horas y media tarde por culpa de una gran desorganización y esto, se ve que al bipartito lo de las oposiciones no se le da nada bien.
Menos mal que ahora no hay gente que ya sabe las respuestas a los exámenes antes de la convocatoria como pasaba antes con Fraga, ¿no? ¿Cómo? ¿Que todo sigue igual? Vaya, vaya...con los "corrutos".
Alucinante, que pasen estas cousas...
As condiçons (60 páginas máximo, Arial 12, conteúdos imprescidíveis, etc.) estavam indicadas na convocatória. Quem nom as compartira podia impugná-la, mas umha vez que se aceita, há que submeter-se ao que indiquem os papeis oficiais. Cadaquém é livre de fazé-lo ou nom, mas se depois suspende por isso nom se pode queixar.
Se os interinos tinham medo de perder o seu posto de trabalho, que se molestassem em preparar umha programaçom com jeito, que outra gente sem tanta "experiência docente", sim o intentou.
Ten a súa gracia que se apoien cousas como que un tribunal, sen audiencia ao interesado, decida excluirte dunha oposición sen nen sequera comunicar a razón pola que a fai e sen que teñas posibilidade de defenderte. Parece un xuízo sumarísimo no que se te condea sen que saibas de que se che acusa, nin che dean a oportunidade de explicarte ou defenderte no caso de que o tribunal estea enganado (que supoño que tamén poderán enganarse, digo eu.
Tampouco se dicía nada na convocatoria sobre o programa informático que había que utilizar para facer a programación e parece ser que se non usas o Word tampouco é válida...
Pois nada... a esperar!!
Ah!! E para facer unha "programaçom com jeito" non é necesario que sexa en Arial 12, supoño que os contidos tamén son importantes.
Non todos son interinos...
Eu imprimín dende Linux e non tiven problema ningún. Agora ben, antes de nada o que fixen foi ler a convocatoria, que é clara a iste respecto. Parece mentira que se lles vaia manter o posto a este feixe de incompetentes que non son capaces nin de ler correctamente unha convocatoria de oposición. Xa era demasiado o do novo procedemento de acceso, como para aínda por riba ter que aturar este tongo manifesto. Eu pensaba que estas eran unhas oposicións serias, non coma as da Deputación ou o anterior Concello de Ourense. É lamentable, son todos a mesma merda.
As regras de xogo non se poden cambiar a medio partido. Algo cheira a podre ...
É de vergoña que se botase a xente fora da oposición por supostamente non se lle axustar a uns cánones a programación, cando este tipo de documento nin é oficial para seren admitidos ao exame (se é así, ¿por que nas linguas estranxeiras non ten que estar nin en castelán nin en galego, como manda a Lei de Procedemento Administrativo?), e a maiores as tales programacions pódense mercar xa feitas na Internet (ou sexa, que botan fora ou admiten por un mérito que non é probadamente do opositor). ¡Impugnación xa!
Os cazadores negocian un seguro que cubra os accidentes de tráfico con especies cinexéticas
Edición xeral
"Vexo con moita preocupación o futuro dos indios, dos illados e dos non illados, e tamén o noso"
Edición xeral
En outono dará comezo o trámite para a creación do Parque Natural de Pena Trevinca
Canal Verde