Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Ermitas Valencia

“A pesar dos gobernos, o galego está moi vivo na Coruña”

Unha nacionalista de tan só 30 anos, Ermitas Valencia Romar, será a encargada de marcar as políticas lingüísticas no municipio herculino.

R.Vilar - 19:25 03/07/2007
Tags: galego

Aínda que só ten 30 anos, Ermitas Valencia Romar ten xa experiencia no consistorio da Coruña, onde é concelleira do BNG dende 2003. Esta diplomada en Ciencias Empresariais coñeceu dende as filas o ocaso do vazquismo e o alborexar do chamado losadismo. Agora vai ser a responsábel do departamento de Xuventude, Solidariedade e Normalización Lingüística. Ela é a encargada de recobrar espazos para o galego logo de 24 anos de políticas belixerantes impulsadas dende o edificio de María Pita.

Vieiros: Supoño que é consciente de que o seu traballo vai ser ollado con lupa. Como van os primeiros pasos?

Ermitas Valencia: Son consciente. Aquí está todo o traballo por facer. Hai que crear un servizo e ter un maior contacto co funcionariado que é o que vai normalizar a parte administrativa. Nós queremos crear un Servizo de Normalización pero non só para un traballo interno, tamén queremos levar campañas ao longo de toda a cidade. Temos un deseño do que queremos. Imos concursar por vez primeira ás axudas de Política Lingüística. Hai que facilitar ferramentas para a normalización da escrita. Os traballadores teñen cursos de galego feitos pero como non se usaba agora hai que refrescar a formación

V: Como vai ser o seguimento das directrices políticas?

E.V: A partir de agora procurarase que todo o que saia sexa en galego. Imos asegurar a legalidade no uso do topónimo e no rueiro da cidade. Temos as rúas con nomes coma 'Mellid', 'Villa de Lage' ou 'Arteijo'. A rotulación tense que ir corrixindo paulatinamente.

V:Que lle gustaría ter conseguido dentro de catro anos?

E.V: Eu conformaríame se a nivel interno do Concello a normalización estivera feita, con toda a documentación en galego. Tamén que se atenda con normalidade na nosa lingua e que se deixe de politizar o uso da lingua na cidade.

V: O conflito do topónimo deu unha imaxe antigalega á cidade...

E.V: Eu penso que esa imaxe que se deu tiña unha intencionalidade clara. Na cidade fálase moito galego pero está moi reducido a un nivel doméstico. A pesar dos seus gobernantes, o galego está moi vivo na Coruña. Na cidade fálase un galego estupendo, hai que rachar cos tópicos.

V: Mais tantos anos de belixerancia contra o idioma terían algunha consecuencia...

E.V: As políticas do concello incidían nun sector moi pequeno da poboación. Nos barrios seguíase falando en galego aínda que cunha diglosia espantosa. Na casa falábase un idioma e no concello outro. Iso é o que hai que cambiar. A lingua ten que servir para mercar o peixe pero tamén para ir facer xestións ao Concello.

V: Xuntan nun mesmo departamento Xuventude e Normalización Lingüística...

E.V: Era algo que tiñamos moi claro. Na Coruña, ao igual que no resto das cidades, a mocidade está moi castelanizada. É primordial traballar cos máis novos.

V: Que opinión lle merece o decreto para garantir un maior uso do galego no ensino?

E.V:É positivo. O PP está facéndolle un fraco favor ao país ao opoñerse, seguindo unha actitude marcada por Jiménez Losantos.


4,88/5 (41 votos)


Comentarios (26)

haiqueroelo #1 3/Xullo/2007 haiqueroelo

Xa estivo máis vivo do que está, tamén a pesar, pero a ver se ainda estamos a tempo de facer algo.

LOIS_DE_SILAN #2 3/Xullo/2007 LOIS_DE_SILAN

O do topónimo é un simple cumprimento da legalidade que, é moi certo!, tamén aquí se infrinxía; mais, o esencial era con Paco, é co bipartito e seguirá sendo aínda un tempo cos que veñan logo O RESPECTO DOS DEREITOS LINGÜÍSTICOS na Coruña e no resto do territorio propio do galego: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" NA SÚA, sen prexuízo de usarmos linguas alleas (nomeadamente o castelán cos outros españois mentres non sexa substituído por outra lingua de maior funcionalidade interlingüística!) con quen lexitimamente descoñeza a lingua propia do territorio.

Con todo, expresións como a de galego "por defecto" ou “darémoslles facilidades ás persoas que falan castelán” non agoiran precisamente o respecto dos dereitos lingüísticos por parte do concello da Coruña.

....As únicas persoas que teñen dereito a usar castelán na Galiza (fóra dos usos excepcionais iocandi causa, docendi causa e causas especiais similares) son os outros españois e estranxeiros que por falta de arraigo na Galiza descoñezan lexitimamente a lingua propia do territorio. Os nados, criados, educados...os que desenvolvan actividades económicas (laborais, profesionais,...) na Galiza teñen a OBRIGA (arts. l4 e 3.3 CE) de USAREN normalmente, xeralmente a lingua propia do territorio.

Evidentemente que pode acontecer que haixa persoas que sendo galegas "de toda a vida" erroneamente teñan entendido que teñen dereito a usar o castelán habitualmente; mais, que se sexa comprensivo con esa situación non impide implementar as actuacións apropiadas para que acomoden a súa conduta ligüística ó ordenamento xurídico.

Sheamais #3 3/Xullo/2007 Sheamais

Ánimo Mitas!!! que tes moto traballo por diante!!!

breixoak #4 3/Xullo/2007 breixoak

Pois é ben certo. Nin paco nin todo o coruñesismo arredista foi quen de tombar a lingua na cidade. Nos bares dos barrios o galego é lingua principal, mesmo nas rúas. O caso do centro e máis da xuventude é ben diferente. Aínda así, aposto a que hai bastantes máis galegofalantes na Cruña que en Vigo. Ademais, está o caso de cidades como a de Santiago, alí non gobernaba o vazquismo mais o idioma esmorece ano a ano. Para invertir esta situación hai que prestixiar o galego e iso non se fai só con subvencións ou con tertulianos na radio e televisión pública cunha fonética de pena que non cre ninguén. Tampouco axuda que moitos que se proclaman nacionalistas teñan dificultades serias para colocar un pronome falando espontaneamente ou para facer as abertas e as pechadas. Máis coherencia e compromiso.

sozinho #5 3/Xullo/2007 sozinho

Por desgraza todo se reduce a falta de cultura. Na Coruña non hai mal galego (soamente) tamén hai mal castelán. É das cidades onde se confunden máis os dous idiomas. Realmente tres, co famoso koruño. A ver se neste medio vemos tamén boas novas na concellalía de Cultura, unha das máis descoidadas dos socialistas coruñeses. Ah, breixoak, aposta segura: é así en porcentaxe, porque Vigo medra e A Coruña non (a área metropolitana si, pero menos). Iso quere dicir que hai máis inmigración en Vigo e constata tamén un fracaso das políticas de dignificación da lingua, pois o inmigrante cando progresa, faino, máis aínda có autóctono, en castelán -téñase en conta que tamén hai inmigrantes brasileiros, romaneses, que ben podían aprende-lo galego con facilidade.

Gaviotero #6 3/Xullo/2007 Gaviotero

A pesar de nacis como la liberticida esta "de 30 años", en La Coruña se seguirá hablando el castellano. Eso, que no lo dude ni esta chica ni ningún otro liberticida del BNG.

dalai #7 4/Xullo/2007 dalai

Entre nazis anda o xogo:
nazis galegos
nazis españois...
uns foron nazis sempre e ségueno sendo
outros actuan agora coma os outros nazis que sempre os machacaron.
Entre nazis anda o xogo:
mal vai!!

Nenodapobra #8 4/Xullo/2007 Nenodapobra

Gavoteiro: ten coidado non che volva a caer o "VERTEDERO DE BIENES"

rubem #9 4/Xullo/2007 rubem

#7 Este comentário é do mais 'ráncio' que vim desde há muito tempo por ser machista e degradante para a juventude.

redaccion #10 4/Xullo/2007 redaccion

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Tino #11 4/Xullo/2007 Tino

Quen vive nun sitio con mar sabe q as gaivotas son carroñeiras: dígoo polo personaxe chamado Gaviotero.
Eu kerialle perguntar a que se debe esa carraxe contra o galego, que é o q lle fixemos, senón sufrir durante anos (e continuamos) q todo estea en castellano? Eles son os impositores e agora séntense feridos? Eu alucino.

joseantonio #12 4/Xullo/2007 joseantonio

Non tiñades medo que noso idioma non morre nin machucado polos nacionalistas españoles nin por ninguén.
Mentres respectemosnos como falantes e vivamos en galego, non temos por qué preocuparnos, tempos máis abafantes xa pasaron e non poden con nos.

Anxo #13 4/Xullo/2007 Anxo

E de risa ver algunhas declaracións, fai uns meses parecía que na cidade de A Coruña só se falaba castelán, e agora resulta que se fala máis galego que en cidades coma Vigo ou Santiago. Eche de risa, demostrase así que certos comentarios e declaracións eran interesados e malintencioados contra a cidade, os coruñeses xa sabiamos que esa situación era irreal, e culpo do dano que fixeron tanto a Paco Vázquez coma todos os que ocultaban a sabendas esa realidade lingüística da cidade. Eu xa dixen que nesta cidade non era certo que o Concello atendese so en castelán, mentira, eu sempre comuniqueime en galego e así o fixeron eles nas suas respostas. Con respecto ao troco no nome das rúas creo que so sería necesario en aquelas nas que o topónimo sexa incorrecto como "Mellid", "Orense", etc. o en rúas como "Nueva", "Riego de Agua", pero non creo que sexa necesario en nomes e apelidos propios, pois non entendería trocar rúas como "Joaquín Planells", "Albert Camus", "Mr. Archer Milton", "Cutty Shark", sería a cousa máis estúpida e non levaría a nada.

cachalgura #14 4/Xullo/2007 cachalgura

O gaviotero, rufando e ameaçando como bom fascista, diz-nos que apesar de "liberticidas", o castelhano continuará a falar-se n'Acrunha, seica a língua ameaçada, os utentes ameaçados somos os que apagamos a liberdade, vamos que para fascistas como este, não só temos de dar graças a estes fascistas que nos deixaram falar galego após anos de perseguição mas também pedir permissão para que a nossa língua avance...manda truque

luisfoz #15 4/Xullo/2007 luisfoz

Um bocado de história nunca vem mal: na Crunha nasceu e se desenvolveu o galeguismo laico, liberal, progressista e republicano. A Crunha tivo o primeiro vereador nacionalista: Luís Penha Novo. Na Crunha estava a Cova céltica, dali saiu a Liga Gallega da Cruña: primeira organizaçom que tivo como língua oficial o galego. Ali nasceu "A Nosa Terra" e as Irmandades da Fala. A primeira cámara municipal onde se içou a nossa bandeira foi a da Crunha. Os nomes de Murguia, Lugris Freire, Viqueira, os Vilar Ponte, Ánxel Casal, Galán Calvete (mortos a ferro fascista os dous últimos), Federico Zamora e tantíssimo mais estám indissoluvelmente ligados ao da Crunha. O primeiro presidente de cámara municipal dumha cidade galega após a morte de Franco, foi Domingos Merino, na Crunha. Ainda se poderia falar dos "Diplomáticos de Monte Alto" e de Pucho Amoedo, por suposto. Este comentário poderia ser interminável de querer contar todas as cousas que fam que eu, que nom som da Crunha, considere que pode ser chamada a Capital, nom da Galiza, mas si do Galeguismo.

Anxo #16 4/Xullo/2007 Anxo

De acordo contigo Luisfoz, por eso digo que é triste que ese espíritu galeguista que non morreu na cidade, quedase durante moito anos silenciado coa actitude de Paco Vázquez e de colectivos e partidos políticos e persoas, que facían e ainda algúns fan crer a moita xente que na cidade só se fala "castellano" e que renunciamos das nosas raices. E paréceme de risa que esos que sempre pregonoron esas ideas agora veñan dicindo todo o contrario.

Anxo #17 4/Xullo/2007 Anxo

Engadir tamén ao que ti dis que o Himno de Galicia foi escrito nesta cidade, e máis a bandeira de Galicia é a da Autoridade Portuaria de A Coruña, que levaban os emigrantes de recordo cando embarcaban nos barcos cara a América. Todas estas cousas son pouco coñecidas xa que sempre se quixo vender a imaxe dunha Coruña moi distinta do que era e do que é, alédome que troquen esas ideas, pero tamén e triste que muden por mor dun cambio político, tanto porque uns deixan o seu discurso de españolista e outros de antigalegos.

ppSoe #18 6/Xullo/2007 ppSoe

Moito coidado cos españolistas do PPSOE. Levan séculos a facer do seu traballo unha obra de arte. Van solapando pouco a pouco a galeguidade deste país por unha españolidade conversa radical moito máis activa incluso que os nacionalistas radicáis de Euskadi que tanto critican.
Cando un territorio lles interesa urxe españolizalo. Galiza non era máis ca unha fábrica de man de obra, curas e materias primas ben controlada polos caciques locais, polo que non había preocupación sobre ela. Un par de cuarteis e unha base militar no Ferrol e listo.
Chega a modernidade e, só pola vergoña do coñecemento universal sobor o estado deste país, pois agora interesa Galiza. Pero interesa só como española, así que hai que borrar calquera mostra de galeguismo que perdure dunha xeración pra outra. Por iso se tapa todo o que cimente o galeguismo: "non" houbo Reino de Galiza, "non" houbo conciencia de país, "non" hai un idioma galego, "non" existiu outra cousa que non fose "L"a Coruña. É o vello xogo berrar moi alto a mentira para que todo o mundo pense que é verdade.
A ocupación do país galego, ou "doma" como dicían os reis CastelanoAragoneses Fernando e Isabel, supuxo a morte do Reino, o chamar dialecto á nosa lingua e a transcripción en todos os documentos oficiais da versión castelá dos nosos topónimos, apelidos, e calquer palabra que entrase nas orellas deses primeiros "gavioteros".
Forza, Ermitas. Formas parte desa xente que ten un duro traballo que só se pode valorar ó longo prazo, porque no día a día vas levar moitos paus no teu ánimo e no teu corazón galego.

Galiza Galega.

ppSoe #19 6/Xullo/2007 ppSoe

Ah, sobor o estado do galego en Coruña respecto a outras capitais galegas, podo dicer como cohabitador en varias delas, que se fala moito e ben, moito máis ca en Vigo e menos ca en Ourense ou Santiago.
Pero está a sufrir un proceso duro de castelanización como en toda Galiza (sei que eu tamén son víctima) e día a día atopamos máis intromisións en palabras cotidiáns: padres, muchisimos, ayer, huevos, cerdo... cando penso que hai dez anos eran as galegas as que a cotío se usaban. Unha mágoa, pero só é un chuzo máis para que espabilemos e traballemos máis.

Gaviotero #20 6/Xullo/2007 Gaviotero

No tengo nada contra el gallego. Me parece genial que en Galicia uno se pueda expresar en gallego y que tenga libertad para ello. Pero sin coartar mi libertad y la de todos los castellanohablantes para hablar en castellano.

De hecho el problema surge cuando algunos quieren eliminar ese derecho de los castellanohablantes a expresarnos libremente.

Por eso, como la gran mayoría de los coruñeses, estoy y estaré contra gente que pretende imponernos, como esta chica que ahora se encargará de la limpieza lingüística, una lengua frente a la otra.

Mi modelo, a diferencia del de esta chica que es ni más ni menos una Paca Vázquez del gallego, la convivencia de ambas lenguas.

Y todo ello pese a que la Constitución considere al castellano como la única lengua que todos tenemos el deber de conocer.

Genial cuando "ppSoe" llama reyes castellanoaragoneses a Fernando e Isabel...¿y Navarra? ¿y Granada? ¿y Galicia?...No, eran reyes españoles. Menos mal que al menos no ha dicho lo de "doma y castración" y lo ha dejado en "doma" porque eso de "castración", para quien no lo sepa, es una invención de Castelao con la única intención de darle un significado diferente al de "doma".

Por cierto, es un placer recibir el calificativo de fascista por parte de aquellos que me lo otorgan. Dice mucho de su capacidad de argumentación.

Por último, parece que Paco Vázquez era un tío puesto ahí en La Coruña por no se sabe quien. Era el legítimo representante de los coruñeses, elegido durante 23 años por ellos con mayoría absoluta. Comprendo que a algunos esto no les guste, pero los coruñeses son así...¡qué le vamos a hacer!

ppSoe #21 6/Xullo/2007 ppSoe

O reino de España cándo se creou?????? cál foi o primeiro que conseguiu pola forza coroarse rei de España?????
España é unha invención, unha entelequia aglutinadora das conquistas pola guerra, o asasinato, o matrimonio ou os pactos entre grandes "terratenentes" chamados reis, infantes, rexentes, validos, nobres, obispos e PaPas, facendo dun accidente xeográfico a motivación para convivir baixo unha mesma bandeira distintas nacións.

Galiza Nación.

Lumenochan #22 6/Xullo/2007 Lumenochan

Saúdos a todos. É un pracer falar con galegos concienciados.
Eu son de A Coruña. Teño 32 anos e fun educada en castelán por pais galego falantes. Dende hai algún tempo tomei a decisión de falar só en galego. Unha amiga miña fixo o mesmo. Eu son optimista e coincido con Joseantonio en que tempos peores pasaron e non puideron rematar o xenocidio lingüístico que empezou cos reis católicos.
Son bilingüe pero téñolle moito máis cariño ó galego porque é noso e porque nos define como pobo. O castelán é de fóra e estará ben para falar "de las ovejas merinas en las vegas de los campos de Castilla", pero esto é GAlICIA e non hai ovellas senón porcos bravos que estragan as chousas, así que me presta máís en galego...¿estamos?. Eu creo que cantos máis idiomas teñamos, mellor. O castelán está ben sabelo igual ca o inglés, pero tendo o galego sempre como primeira lingua.
Por outra banda, o castelán é unha lingua moi implantada en Galicia, polo que non se entende que GAVIOTERO chame "liberticida" a Ermitas Valencia por querer facer un pouco de xustiza e chamar ás cousas polo seu nome. GAVIOTERO, se realmente non tes nada contra o galego, ¿por qué rachas as vestiduras pola aplicación da política de normalización? a túa lingua castelá non está ameazada pero rabeas cando ves que o galego acada algo de respecto. Se realmente cres no bilingüismo, deixa de poñerte tan nervioso, ninguén pretende prohibirche o teu dereito de falar en español, ruso ou coreano.

Orgullosa de ser galega

noaltodomonte #23 8/Xullo/2007 noaltodomonte

Moito ánimo, porque o PSOE da Coruña, non é nen de lonxe parecido ao do resto dos concellos do país. Moita caspa que sacudir, moitas fiestras que abrir para que entre ar limpo no concello da Coruña. O ánimo de alguén novo é a mellor solución. Maís galego para a Coruña e moita pomada para o PSOE coruñés.

ppSoe #24 8/Xullo/2007 ppSoe

PPdeG=PSOEdeG= E S P A Ñ O L I S T A S vendidos ó poder pra mamar del e asoballarnos.

ppSoe

O_Castrexo #25 16/Xullo/2007 O_Castrexo

Forza Ermitas!!!

jujolor #26 19/Xullo/2007 jujolor

eu son desta fermosa cidade, eu non entendo que poda ficar na mesma unha cousa coma Gaviotero, o respeto que ti pides comenza polo respeto a outros.
pareceme moi ben que se faga dende o axuntamento algo pola nosa identidade galega, xa que eiqui e GALIZA e non un reino de castela, o reino de hespaña nunca existiu

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: