Unha publicación británica cualifica a festa do viño de Cambados como a "máis importante" das do Estado, e comenta os incendios do ano pasado.
A Festa do Albariño celébrase en Cambados o primeiro fin de semana de agosto
A revista británica especializada en dar a coñecer o turismo español no Reino Unido Living Spain cualifica a Festa do Albariño de Cambados (O Salnés), como o evento "máis importante" do Estado.
A festa, que celebra os seus días grandes a principios de agosto, está incluída entre as citas ineludíbeis que selecciona a publicación para o verán, xunto cos Sanfermines e o Festival de Jazz de San Sebastián.
Living Spain adica este mes unha reportaxe central á festa do Albariño. Dende o Concello de Cambados sinalaron que o seu autor "explica con todo luxo de detalles en que consiste a festa cambadesa por excelencia e cal son os principais atractivos da vila".
Incendios
Ao titular principal da reportaxe Great white wonder, síguelle o texto: "De volta a esta marabillosa vila de Galiza tras os incendios forestais do ano pasado, dá xenio ver o Val do Salnés, tendo en conta que esta comarca foi unha das peor paradas".
E continúa: "Preto de 100.000 acres (5.000 hectáreas) de bosque foron reducidas a unha morea de borralla. O triste é que a maioría dos lumes foron supostamente provocados á mantenta por gardas forestais anoxados pola súa situación contractual abusiva"
O autor, Adrian McManus, cualifica a festa como "a máis importante do viño en España" e destácaa como "unha cita hedonística e unha explosión de cor que se manifesta a través das peñas albariñenses".
Dice que es la fiesta más importante DE ESPAÑA, no del Estado...que los extranjeros, al igual que todo el mundo salvo los nacis gallegos saben de siempre que Galicia es una región española.
MacManus deixa o güisqui para vires falar dos incendios.... Gaviotero aburres, vai ler libertaddigital e paranoias desas que tanto vos gustan aos do PP, asi non fas mal corpo con tanto ler cousas en galego, que se ve que o pasas fatal....
Mis mas sinceras disculpas por no haber escrito esto en galego, pero la realidad es que no hablo ni un huevo de gallego. Tristemente, la mayoría de mis compatriotas tienen un desconocimiento casi total de este rincón de lo que nosotros llamamos Spain, cosa que yo estoy intentando cambiar con amplios reportajes turisticos sobre A Coruña, Baiona, Pontevedra, Santiago y Cambados. Para mi es un honor poder dar a conocer a todo esto en las Islas Britanicas. Si preguntas a Joe Bloggs qué sabe sobre el norte de este pais, responde, inevitablemente, Basque Country? ETA?
lo cual me parece un poco triste tambien. Y a Carlos Roca, el Whiskey no es mi bebida preferido, prefiero el paxtarán de la marca etxeko o las endrinas, ok?
saludos a todos,
adrian mcmanus
p.d. Gracias por colgar nuestra pagina web en la suya.
Ola a todos/as!
Non sei porqué temos que mesturar as cousas, nen siquera porque a xente aproveita para insultar sen reparo coa impunidade que otorga o ciber espacio. Aproveitamonos dunha pantalla e un teclado para non ter que dar conta dos nosos actos, e facer da mala educación unha bandeira coa que xustificar que non estamos dacordo coas opinións dos demáis. Non creo que a un xornalista que adicou o seu tempo a facer unha reportaxe sobre unha das vilas máis importantes da nosa terra se lle teña que dicir "que deixe o whisky". Cada un é libre de estar dacordo ou non co que dí no artigo sobre os incendios forestais (mais sabemos que non dixo ningunha mentira, porque podemos ir ás hemerotecas e ver as novas que se publicaron o verán pasado), de tódolos xeitos só é unha liña no medio dunha reportaxe que fala básicamene de Cambados, da festa do Albariño e que axuda moitísimo a espallar a nosa terra polo mundo adiante. A noticia non é os incendios, a noticia está que unha revista extranxeira adicada ao turismo fala de nós. Sería posible que por unha vez os galegos estívesemos unidos e orgullosos e nos deixásemos de lerias? Adrian Mcmanus merece ser respetado. Paréceme moi mezquino que non sexamos capaces de tratar á xente con educación e respeto, que é como Adrian Mcmanus nos trata a nós. Ogallá siga a facer o seu traballo pola nosa terra.
Saúdos a todos/as.