Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PPdeG e BNG piden a súa dimisión á fronte da DXT

Navarro di que "a psicoloxía dos galegos" impídelles ver a redución dos accidentes de tráfico

Mentres que os populares e os nacionalistas piden o traspaso das competencias, o director xeral de Tráfico fala do "pesimismo histórico" de Galiza.

Redacción - 14:15 05/07/2007
O director xeral da DXT, Pere Navarro

O director xeral da DXT, Pere Navarro

O director xeral da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), Pere Navarro, criticou esta cuarta feira "o pesimismo histórico" dos galegos que lles leva a pensar que non hai solución á alta mortaldade nas vías e, en consecuencia, non buscan solucións.

Ademais, a conciencia que teñen da singularidade de Galiza failles rexeitar as políticas de Madrid, pensando que na comunidade "non funcionarán". Navarro engadiu que os galegos teñen "un problema psicolóxico" que lles impide ver que malia todo a siniestralidade se reduce igual que no resto do Estado, segundo informa o Faro de Vigo.

"Pesimismo crónico, histórico"
PPdeG e BNG pediron inmediatamente o seu cesamento e o traspaso das competencias de tráfico á Xunta. A polémica saltou pola mañá na cadea Ser cando Navarro declarou: "Fascíname que cando vou a Galiza sempre me din que o que funciona no resto do Estado, en Galiza non vai funcionar. Están instalados no pesimismo crónico, histórico. Dinme que chove demasiado, que se a dispersión, se o estado das estradas, ..."

Preguntado por un cidadán polo fracaso en Galiza do carné por puntos, o alto cargo do goberno español reafirmouse na súa tese e insistiu: "É un problema psicolóxico dos galegos... a accidentalidade estase reducindo igual que no resto de España (os últimos datos sinalan que no Estado a accidentalidade baixou un 14%, namentres que no país tan só un 5%), menos os atropelos, mais vostedes están instalados no pesimismo. Chámame a atención. Pensan que Galiza é outra cousa e que en Galiza non hai solución".

Por último, cando lle pediron unha explicación de por que os falecementos de viandantes en Galiza se duplicaron este ano, resolveu o problema cun conciso "que quere que lle diga, poñan chaleco reflector".


4,33/5 (6 votos)


Comentarios (10)

Picheleiro #1 5/Xullo/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Di Pere Navarro que Galiza é diferente ao resto do Estado. Pois claro que si. Por eso queremos autogobernarnos. As súa declaracións son alucinantes pero non faltan á verdade. Como se nos ocorre falar como falamos se en realidade en Galiza non chove, non hai dispersión e o estado das estradas é magnifico. O que o vexa de xeito diferente é debido ó "pesimismo crónico, histórico".
A solución ás mortes dos viandantes está clara cal é: que hai viandantes. Se quedarades todos na casa ou andiverades en coche non habería mostes de viandantes e todo caso serían de automobilistas.
Anda, Pere, merca mil euros de deserto e perdete.

baltar69 #2 5/Xullo/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xa me teño fixado que navarro é unha especie de integrista que soio escoita aquelo que amosa acordo ca súa táctica, e, aínda así, ten por común remarcar con alguna atravesada de colleita propia. ignoro si é porque se cree moi listo ou porque coida que logo de el soio pode vilo caos,como tamén pensaba felipe gonzález. pero do que sí estou seguro é que si fose director xeral da mariña mercante, poría o mesmo énfase na súa labor. por que el non cree para nada no que fai; cree na soldada, na enveixante posición que ocupa, e calquera intromisión na sua heróica labor é percibida coma un ataque os seus dereitos e o seu clan. esta clase política tan pouco estética e de xesto torvo e lengua rápida ( e que aquí tivo os seus maiores exemplos en pita e diz guedes )é o que nos queda aguantar como exemplo da nosa magnífica transición á democracia borbónica.

xacataca #3 5/Xullo/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se o di dos cataláns en troques de dos galegos, cólgano á noitiña en Montjuïc.

xacataca #4 5/Xullo/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E por suposto xa estaba 'dimitido' por ZP.

xacataca #5 5/Xullo/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dos vascos ... dos vascos xa non hai güevos a dicir ni pío.

xacataca #6 5/Xullo/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tamén podía dicir barbaridades dos portugueses, mais aos portugueses hai tempo xa que lles resbala Espanha.

Sorte que teñen! Foron os primeiros e os únicos que fuxiron a tempo! Mágoa non ir nós canda eles ...

rubem #7 5/Xullo/2007 rubem
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"O problema é a idiosincrasia do galego. Un tipo no medio da estrada que non sabe se cruza ou non + outro no coche que non sabe se seguir ou parar.... = Ostia fina!!!"

tirado dum comentário de "melorra" em "chuza"

felipin #8 6/Xullo/2007 felipin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dun lado gústanme os políticos que din o que pensan, sen corrección, pero ... ¿e que non temos políticos que pensen algo máis que estos?
É curioso como sobre todo un pais se permite un comentario destes, mentres que sobre as súas ideas non amosa nin o máis mínimo espíritu de autocrítica.
Habería que facer algo co tema de convertir as infraccións administrativas en delitos con pena, porque isto xa pasa de castaño oscuro. Dun tempo a esta parte, ir a votar estase convertindo en escoller o mal menor.

Gaviotero #9 6/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sí, sí...dice que somos diferentes. Como también lo decía Sabino Arana, cuando denominaba a los gallegos como "los últimos entre todos los españoles".

La verdad es que algunos se pasan el día despotricando contra los españoles (vamos, contra ellos mismos) y el caso es que catalanes y vascos no se quedan cortos a la hora de poner a parir a los gallegos.

PD: A este pavo lo mantienen en el gobierno el PSOE pero también los del BNG, con su apoyo al gobierno sociata. Así que le resbalará lo que puedan decirle las filiales gallega del PSOE: PSdeG y BNG.

Ith #10 7/Xullo/2007 Ith
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, ¿pódesme dicir dende cando o NG ten algún poder no goberno central? que eu saiba a DXT é competencia estatal, non Galega, polo que o Bloque non ten moito que opinar sobre os cargos dunha competencia do goberno central [que goberna o PSOE, que eu saiba tamén] e o BNG, sabes cantos diputados [e polo tanto influencia] ten no congreso??
Informate, pensa, e logo fala.
Por outro lado que o PSdeG e o BNG pidan a cesión de Navarro, non se contradi ó que dis ti de que "pero también los del BNG, con su apoyo al gobierno sociata"?? Digo eu...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: