Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
POLÉMICA CONCESIÓN

Fraga, Tojeiro e Orza poden acabar nos tribunais polo 'caso Reganosa'

A plataforma ferrolá emprenderá accións xudiciais xa que considera que hai indicios dunha suposta "trama de intereses".

Redacción /Europa Press - 19:54 05/07/2007
Tags: Reganosa
Xosé Antón Orza, nun segundo plano, canda o actual titular de Economía

Xosé Antón Orza, nun segundo plano, canda o actual titular de Economía

O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol anunciou que vai emprender accións xudiciais contra o ex presidente Manuel Fraga, o ex conselleiro de Economía, Xosé Antón Orza, e o empresario Roberto Tojeiro. A plataforma considera que hai indicios dunha “trama de intereses” detrás do emprazamento da planta de Reganosa en Mugardos.

O colectivo cre que que había un pacto secreto entre a Xunta, o Grupo Tojeiro, Unión Fenosa e Caixa Galicia. A presunta trama ten a súa orixe na ampliación da concesión marítimo-terrestre a Forestal do Atlántico, empresa do Grupo Tojeiro. Aínda que a decisión se tomou cun pretexto diferente, posteriormente situouse alí a polémica planta de gas.

Un ex conselleiro socio de Tojeiro

O Comité sinala que o ex conselleiro de Economía era socio de empresas do Grupo Tojeiro dende antes de acceder a postos de responsabilidade política. Dende o colectivo lembran que xa en 1996 o Consello de Contas criticou as axudas que a Consellería de Economía destinaba ás empresas do Grupo Tojeiro.


4,86/5 (28 votos)


Comentarios (12)

Carl #1 5/Xullo/2007 Carl

Sería interesante diferenciar o que a algúns lle gustaría, e o que vai pasar, e decir, nada...

Carl #2 5/Xullo/2007 Carl

Sería interesante diferenciar o que a algúns lle gustaría, e o que vai pasar, e decir, nada...

Gaviotero #3 5/Xullo/2007 Gaviotero

Y Anxo Quintana podría acabar presidiendo los Estados Interplanetarios de la Tierra...¡jajaja! Vaya tontería de noticia. Esto es como los que quieren juzgar a Aznar por la Guerra de Irak.

Por cierto, ¿qué coño es el Comité Ciudadano de Emergencia de la Ría de Ferrol? ¿A quién representan? ¿Quiénes los han elegido? ¿Por qué no se presenta el BNG tal cual y no siempre escondido cobardamente tras movimientos supuestamente ciudadanos como ya hiciera en su día con 'Nunca Mais'?

Ith #4 5/Xullo/2007 Ith

[Carl] o que a moita xente lle gustaría non é o que pasará, pero se cadra esa denuncia fai razoar a moitas persoas, probablemente non pasará nada, claro, pero quedará constancia que unha xuntanza de cidadáns que somos, ó fin e ó cabo, os xefes dos políticos [ou deberiamolo ser] movéronse e teñen conciencia do que pasa e non quedan impasivos ante a corrupción.
E a "Gaviotero" só lle digo que se o BNG fose o verdadeiro denunciante persoaríase como denunciante, pero, como en Nunca Máis, a pesares de poderen ser eles os que iniciaron o movemento uníronse a el millóns [e fíxate digo MILLÓNS] de persoas, nin de Galiza, nin de España, se non tamén de outros países, o que demostra que non só o Bloque Nacionalista se preocupa polas meteduras de pata. Quén o faría se non?? A esquerda moderada?? A dereita??
Non é unha defensa do BNG, pero se ó a súa agrupación a que está detras diso, non é criticable, deberiamos aplaudi-la súa loita en contra de moitas máis cousas.

xoca #5 6/Xullo/2007 xoca

Gaviotero mellor che seria comer a carronha, coma sempre.

Tino #6 6/Xullo/2007 Tino

Pois mira por onde, hoxe coincido co Gaviotero (carroña traio, carroña meto):
Por q non denuncian tamén ao Conselleiro de Industria; semellaba o culpábel (xunto con todo o BNG) de todo isto polos acólitos desta plataforma.

carlosroca #7 6/Xullo/2007 carlosroca

Esto si que é a repanocha...Os do Comité Cidadáns mallando no BNG por traidores e non sei que máis gaitas por non se inmolaren ao bonzo contra a planta. Os do PP (Gaviotero) acusando ao BNG de estar detras da Plataforma.
A única forza política que fixo o que tiña que facer cando habia que facelo para mudar a ubicación da planta, é agora a acusada de todo por todos.
A resposta é clara, e como case sempre, o BNG é o que acerta, é o responsábel, e o que pensa en clave de País, mentres o resto tira SO para o seu chiringuito.
Se é que o tempo sempre nos dá a razón, ainda que pouco se recoñeza.

Todo isto recordame ao que pasou coa Empacotadora de RSU de Vigo, moi semellante a isto.

xacataca #8 6/Xullo/2007 xacataca

Que eu saiba Comité e Bloque non se profesan moito amor.

Tino, trabúcaste (iso pásache por facerlles caso a carroñeiros)

Damch #9 6/Xullo/2007 Damch

Os do BNG, já se inmolaron ao Bonzo em Ferrol, nom contra a Planta de Gas, que seria o justo e o que lhes tocaba, senom contra a cidadania, e todo por permitir que o CAPITAL conseguise retirar ao Concelho da acusaçom sobre Reganosa, do PSOE o esperábamos, pero do BNG... sinceiramente nom, sobre todo por essa traxectoria contra a planta que agora tanto reclamam, por isso as iras e asombros da cidadnia vam contra o BNG, porque sentíronse traizoad@s.
Depois IU-EU estibo moi lista, e conseguiu "encandilar" @s que se sentiam traizoad@s, dando um giro estético e superficial cara o nacionalismo para que aos traizoad@s nom lhes costase mudar o seu voto.
Coma sempre a política do engano, a maquilhagem, a demagogia, o silencio, a abstençom, o nom molharse, os cartos, os tratados oscuros, etc. nom é mais que o intento de manipular o voto para o beneficio do partido político de turno, nom para o beneficio da cidadania.
O BNG tira cara o seu "chiringuito" como fam todos, e a quem vai dar a raçom o tempo, é à cidadania, ao povo, que é o único que mira polos seus interesses, está pasando em Corrubedo, no Caurel, nas Fragas do Eume, em Ferrol,... mentras os partidos loitam por espaços de poder, despachos e cadeiras acolchadas, o povo tem que sair na súa propria defesa e na do seu entorno, pois contra o que se pensa, é o povo, o único que nom está vendido ao capital, som os partidos os que vendem ao povo e o sumergem, cada vez mais, neste sistema.
Nom sei que lhe debe O PSOE e o BNG às Caixas e Bancos da Galiza, bom si que o sei, debenlhe préstamos milhonarios que pidem para pagar as suas campanhas ano tras ano, prestamos que prometem devolver umha vez acadado o poder em especies e com intereses, pero que o paguem do seu peto, que nom o paguem com essa palabra que enche tantas bocas agora, incluso as dos "gavioteros", PAIS.

ppSoe #10 6/Xullo/2007 ppSoe

Política ou non política.
Arranxar o beneficio do pobo é política. A veces con acerto, ou non.
Arranxar o beneficio dun grupo de individuos, ás agachadas, con cartos de todos e perxudicando con isto á maioría xa non é política. Digamos só que é outra couxa que pode levar a Don Manoel ós tribunais. Cousas que pasan.
Dóeme ver cómo estas noticias seguen a sair en medios secundários, con todo o respeto para os meus amigos de Vieiros, e non acadan a primeira páxina nin a apertura dos telexornais. As vacas sagradas de Galiza seguen pacendo ó seu aire, menos mal que quedan tabaos para lles picar nos...
Hai moito que investigar no grupo Tojeiro, o aquí mencionado e o de millóns e millóns en subvencións que nunca xustificaron e, podería ser que houbera´máis cousas.
Os do BNG son humanos, equivocaránse de cando en vez, apareceralles algunha ovella negra no rebaño, pero están nunha guerra moi dura na que non loitan só por poder, senón tamén polo país, téndeo ben craro, e esa loita en democracia leva a moverse na lama da política, pero é o que hai. Non somos terroristas amigos da ETA como din outros. Forza Bloque.

Gaviotero #11 6/Xullo/2007 Gaviotero

Claro, claro...Nunca Máis tuvo millones de seguidores. Y luego dicen que los del PP exageran cuando hacen los recuentos de sus manifestantes...¡jajaja!

En las últimas manifas de Nunca Máis ni 5.000 personas congregaron.

Un gran éxito.

Ith #12 7/Xullo/2007 Ith

Ó último cometario de Gaviotero:
Non falo de manifestacións puntuais, senón de congregacións a nivel español de xente.., persoas que apoiaron e apoian a causa... E se falaramos de exaxeración en cifras nas manifestacións, non se salva ninguén, e, se tiras pedras no teu tellado [es ti o que falas das exaxeracións do PP] e por que no fondo sabes que é verdade, ou??

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: