Salienta as oportunidades que posibilita "a súa localización xeoestratéxica, entre dous estados membros da Unión Europea".
O Partido Nacionalista Vasco (PNV) celebrou este domingo en Hazparne o Alderdi Eguna (Festa do Partido) de Iparralde, coa constitución formal da Xunta municipal desta vila de Lapurdi.
No acto, o presidente do PNV, Josu Jon Imaz, defendeu a "importancia estratéxica" de conformar unha "eurorrexión vasca", composta polas tres provincias de Euskadi e Nafarroa (Hegoalde) e as tres do Estado francés (Iparralde).
Ademais salientou as oportunidades que posibilita "a localización xeoestratéxica de Euskal Herria entre dous Estados membros da Unión Europea" para desenvolver políticas conxuntas en materia de identidade lingüística e cultural, turismo, infraestruturas, medio ambiente e colaboración institucional.
É que é o que ten que ser, os pobos unidos pola súa cultura, lingua e historia, non polas fronteiras impostas pola forza no afán imperialista dunhas familias agraciadas co "don divino" da monarquía absoluta ou polos intereses económicos das oligocracias que dominaron o Estado español ó caron dos monarcas ou dos dictadores.
Europa sí, pero a das Rexións.
Vos credes que as eurorrexións terán unha estrutura máis sólida no futuro? Refírome a lexislación propia e todo iso...
As eurorrexións serven para unha cooperación transfronteiriza momentánea pero de ahí a pensar que poden acabar constituíndo novos países dentro do seo da Unión Europea paréceme imposíbel. Todos os países actuais uninacionais coma Portugal ou plurinacionais como España acabarían desintegrados por completo con territorios fronteirizos.
O poder das nacións estado é demasiado grande pra chimpalas fóra así como así, pero unha forma de lle dar coesión á Europa é precisamente con esas unións que rachan cas fronteiras impostas e unen pobos que xa mantiñan fortes relacións. É un paso, moi positivo tamén para lle quitar esa lóxica irreal na que se basea a Europa dos Estados e que colla senso a Europa das persoas e do que lles rodea.
Sobre a eurorexión daquí: podería ir mellor organizativamente e con maior iniciativa politica (por ambas beiras do Miño), pero a realidade é a que é: Portugal traba máis intercambios comerciais con Galiza que co resto do estado español unido. Por algo será.
¡Jajaja! Pero si es lo de siempre pero con otro nombre...De momento, y por unos cuantos siglos, se tendrá que conformar con la Eurorregión "España" que engobla a las 17 comunidades autónomas...
Moi listo o Imaz, si señor. A ver que recorrido ten esta proposta, de contido só político, con pouca viabilidade (alomenos de momento), senon vexase as dificuldades do noso Eixo Atlántico.
Agardo a resposta da esquerda abertzale....
"De momento, y por unos cuantos siglos, se tendrá que conformar con la Eurorregión "España" que engobla a las 17 comunidades autónomas..." Gaviotero dixit.
Hahahahaha!!! Uns cantos séculos??? Moi inocente es compañeiro... moi inocente.
A España como 'nación' constitucional lle quedan como moito 5 anos e como estado unido doulle 10 anos de vida aprox.
Eso de que a España como nación le quedan como "moito" 5 años ya lo decían hace 25 los catalanes y los vascos...Pues nada, tú sigue soñando, tío.
Respecto a las 17 comunidades, excluí intencionadamente las Ciudades Autónomas de Ceuta y Melilla que, al fin y al cabo, son Ciudades Autónomas y no exactamente Comunidades Autónomas. Pero vamos, que me da igual, al fin y al cabo todo forma parte desde hace siglos, repito de nuevo, de la Nación española.
Galicia, por el contrario, jamás fue una nación. Si alguno tiene una prueba legal de ello, que me lo demuestre. Soy fácil de convencer...
PD: Ni lo ha sido, ni lo será, me temo...
Amiguitos do PP: coñecedes a existencia dos estados de Noruega, Finlandia, Polonia, Chequia, Bélxica, Irlanda, Hungria... sabedes cando menos que existen, non sí?. Pois para que nas vosas alienadas mentes, valeiras de miolos e máis asemelladas a tocadiscos vellos que a máquinas de pensar, para que lles entre a idea de "nación", póñovos esos exemplos coma se fósedes nenos: Todos esos estados, antes de selo, antes de ter soberanía, independencia, institucións con obra absolutamente autodeterminada, pois antes de todo iso xa eran nacións, nacións sen estado, pero nacións. Con lingua, cultura, tradición, idea de grupo y carácter diferenciados dos outros pobos que as rodeaban, incluidos os que as oprimían (Suecia, Rusia, Austria...).
Non sei se en 5 anos, seria a ostia, pero o que está xa decidido é que o esquema de Una Grande y LIbre xa caducou amigos. Que queden con vós os que queiran, que Galiza e outros báixanse dese voso tren ó que nos obrigastes a subir españolistas.
E que saibades, primeiro foi Galiza, e 7 séculos despois, Castela (ou o que vos chamades España, vendidos)
Timor-Leste e Montenegro como exemplos máis recentes! Sobre todo Montenegro é un referente pola independencia pacífica e democrática.
E como nacións 'en potencia' aí están Escocia, Quebec, Catalunya, Euskadi e a Cosova! Eles non se renden, nós tampouco!
A Euro-rexión é unha boa idea, pra coordinar e cooperar en determinadas políticas públicas, de ir adiante poderá ser beneficioso para toda a Nación Vasca.
Moitos galegos teñen morto nas guerras ás que nos obrigaron ir os intereses Casteláns. Moita é a separación que froito das bandeiras Españolas que penduraban dos castelos a este lado do Miño e do secular aislamento de Galiza provocou o descoñecemento e a desconfianza de todo o portugués máis aló dos concellos limítrofes. Hai moito que reconstruir, pero moito menos do que habería que facer se estivésemos a nos unir en Eurorexión cun país alleo. Explícome: cómo é posible que haxa tanta empatía entre os pobos para que fructifiquen tantas relacións comerciais?, cómo é posible que o eixe Galiza-Norte Portugal mova máis cartos que o Lisboa-Castela, sendo Galiza menos rica que o centro peninsular?. Hai algo máis que unha fronteira aberta, hai unha mesma semente pra dous pobos que medraron alleos o un do outro. Síntoo españolistas. Galiza non é España.
Alguén pode demostrar que España nación algo máis que pola graza dos militares e a igrexa?, antes do fatídico Fernando VII.
Nesta terra nosa a Hespaña so apareciu para levar riquezas. Se algo temos é grazas ao nacionalismo.
Canta máis dignidade mellor nos irá, como a calqueira pobo, e non precisamos asoballar a ninguén, como si precisa o nacionalismo español e a Hespaña ser o que soñan tanto os de esquerdas como os de dereitas: unha, grande e libre.
Claro, claro...España es fruto de la imposición de los militares y la Iglesia, mientras que "Galiza" se forjó milenariamente a partir de los suevos y los celtas...con música de Carlos Núñez y unas cuantas queimadas, ¿no?
Una historia de Galiza tan idílica como irrisoria.
La contribución del nacionalismo de pandereta ha sido genial, efectivamente, haciendo grandes a tipejos como Castelao o apropiándose de escritoras como Rosalía de Castro.
Non, o Estado español é froito de militares e os altos cargos ecresiásticos POSTOS Ó SERVIZO DOS intereses económicos de oligarquías de Castela (que neste estado aglutinaron sempre ós dous grupos anteriores xunto co nobiliario, xa de orixe autóctona ou Europea -hagsburgos/Borbóns). Así, ó mesmo tempo que trataban de expandir pro seu beneficio os territorios ós que chuchar impostos fóra da península, facían o mesmo dentro dela, e tomaron para lle dar menos belicidade á conquista peninsular ideas tais como que a morfoloxía peninsular facía dela un único pobo, razón de moitisimo peso. Qué máis tiña que houbese no momento da aparición en escea do condado ( C O N D A D O, non reino nin país ) de Castela reinos (Galiza, Navarra, Aragón) con varios séculos de antiguidade, con linguas, cultura e idiosincrasia diferenciadas?
A ninguién lle importa cómo chegou Castela, salvo a Menéndez Pidal e outros reaccionarios historiadores seguidos puntualmente por toda a historiografía esapañola polo interés centralista que en Madrid tiñan, xa con Franco ou sen él, pois a ningúién lle importa se Castela tirou de guerras ou inquisición pra unificar a península baixo o seu mando, se o fixese no respeto dos pobos teríase permitido a aparición seguramente dunha federación peninsular. Pero non Castela non quiso nin quere respetar a outros pobos, é máis négaos: non hai outras nacións neste estado que a Castelá. Cruel soberbia da xa coñecida altanería hispana.
Hai máis pobos, nin mellores nin peores, DISTINTOS, condeados a entenderse, pero ó igual que nun matrimonio hai duas persoas distintas, neste estado hai máis dunha lingua, cultura e idiosincrasia.
Castelao. Non son eu quén de defendelo. Chamar "tipejo" a unha persoa supoño que busca minguneala: "non chega a tipo", "é unha caricatura en sí mesmo". Hai que ser moito máis home que Castelao pra poder medir así a súa valía. Se Castelao é un tipejo nós qué seremos?
Rosalía, pobriña, era galega e muller. Qué se lle vai pedir. Que ela escribise en galego naquel tempo era por amor ó castelán, está claro. Que ela fixese unha exaltación do noso país naquel tempo era por amor a Castela, está claro. Que ela fixera naquel tempo unha chamada de atención sobre o estado desta nosa xente fronte o sistema mantido dende Madrid era por amor a Castela, está claro. Que ela loitase pra que a cultura da que ela disfrutaba puidese ser un día disfrutada por todos os galegos naquel tempo basicamente analfabetos, pois o facía por amor a Castela.
Xa daquela, sec XIX, outro "Gaviotero" sentíuse atacado por Rosalía, pra que vexades se era ou non galeguista a nosa amada escritora, e ollade qué verbas máis enriquecedoras, cheas de sentido e habituais, tristemente, nos textos dalgún partícipe de Vieiros:
"Castilla, este pedazo de tierra heroica de donde un solo puñado de leones llevó a los más remotos confines del globo nuestras banderas, nuestra religión, nuestro nombre, hidalguia arte e idioma. Y, si tan mal se porta Castilla con los gallegos ¿por qué vienen? Ya ve Rosalía Castro que el remedio es fácil"
Pois estaría moito ben esa eurorrexión. Igual que a de Galiza-Norte de Portugal. E que se faga en serio.
Castellanos, tratade ben ao galego......
Ben falado aí Ppsoe!
Por outra banda... Estes se preguntaron se a Francia lle interesaría esa eurorrexión cun territorio tan pequeno como é Iparralde? De que lles vale? Aos Aquitanos se cadra tamén lles interesa a cooperación transfronteiriza co País Basco e mesmo Aragón, non?
Que no, Imaz, que por mucho que lo intentéis no lo vais a conseguir...
Las Vascongadas, Comunidad Autónoma y punto. Salvo que os queréis integrar en Navarra, española y foral, por supuesto...
Nin eurorrexión nin nada, que se deixen de tonterías os vascos que se quixeran xa podían ser libres, deben presentar un proxecto de independencia e posteriormente intentar que Iparralde tamén entre neste proceso.
Por certo gaviotero na túa alusión a Rosalía e ao nacionalismo ´´apropiándose de escritoras como Rosalía de Castro`` teño que dicirche que nunca o nacionalismo se apropiou da súa imaxe (como si fixo o españolismo pero ese é outro tema) xa que Rosalía forma parte das patriotas galegas que defendían a independencia e de feito unha frase dela, que moitas veces foi censurada pero aínda así chegou a ser coñecida é ´´POBRE GALIZA NUNCA DEBES CHAMARTE ESPAÑOLA``.
Gaviotero;
SI claro, a historia galega (do Reino Galego, anterior ó Castelán) inventada polos nacionalistas e a Reconquista foiche "tal cual".
Por certo ceuta e melilla pertenciannos dende fai séculos? iso da dereito a que sexan españolas...
E resulta que os galegos nos apropiamos de Rosalia de Castro, claro, se cando ela dicia "Castellanos de Castilla" facíao con cariño.
RAPAZ!! (figurativamente) a ver se pensas (iso de meterlle bioelectricidade ás neuronas) e te das de conta que se non aguantas ós nacionalistas, non entres en Vieiros, meu. Se ves por aqui e para faceres o que che mandan dende arriba, deixa de levarno-la contraria a todos como deporte e fala do que pensas realmente, non sei se te decatas de que so es como o zoar do vento, estas por aqui, pero a ninguén lle importa a tua opinion porque so o fas por foder, xa e hora de remata-lo proceso que se abri coa morte do teu mentor, fai 30n aniños, e xente coma ti queda exclúida, non por pensar diferente, senon por criticar ás demáis formas de pensar por deporte.