Na preamar diúrna deste luns entrou cara a Reganosa un novo buque gaseiro. O Comité Cidadán non sacou as lanchas esta vez. Mentres, preparan outra mobilización para o mes de setembro.
Con bandeira das Bermudas, eslora de 275 metros, 31 anos navegando os mares e unha carga equivalente a 55 mil toneladas de Gas Natural Licuado, o Port Harcourt é o cuarto buque gaseiro que entra á planta ferrolá.
"Repetirá a temeridade dunha operación que agudiza a ameaza á vida da poboación, pois este tipo de barcos cargados de gas natural licuado non ten garantida a saída ao mar en caso de urxencia durante a descarga, tal e como requiren as norma EN-1532 que é aplicables e obrigatoria a Reganosa", recordan desde o Comité Cidadán de Emerxencia. A asemblea cidadá acordou non convocar mobilizacións. Esta semana deseñarán un calendario de actuacións para os meses de verán, actividades que rematarán coa convocatoria da que quere ser outra gran mobilización o próximo mes de setembro.
Dame unha seguridade o da bandeira das bermudas.....
@s galeg@s deberiamos apoiar á xente da Ría de Ferrol para conseguir que a planta de Reganosa vaia para o porto exterior de Caneliñas. Mantela onde está é un disparate. Apúntome a unha gran manifa en Santiago para premer na Xunta.
Penso que isto non hai quen o mova, por moita manifestación que se faga. Tempo tiveron de pensar no traslado.
"A Asemblea Cidadán acordou non convocar mobilizacións" !!??. Pero a ver que eu me aclare, non se ían mobilizar para paralisar a Planta. Ulos mariscadores, Ulo IU,... Que negociaron e con quen para paralizar as protestas. Non van seguir?!!.
Eu preferiría xa non que desaparecese a planta do seu actual enclave. O máis seguro é que desapareza de galicia e incluso a de Xixón. ë que unha pranta destas caracteristicas non é unha broma e non é moi doado emprazala en calquera lugar e menos nun litoral español, cada vez máis sobre explotado urbanisticamente. Ademáis os espazos que quedan libres de urbes, son borazmente ansiados polas piscifactorías. Necesitamos conservar os nosos espazos naturais en especial as zonas humidas que son o principio e fonte de vida. Como especie humana que somos non podemos vivir do aire, e menos do licuado. Se non equilibramos o desenrrolo ca conservación dos espazos naturais, a curto prazo pode que ata alguén faga as américas a conta dos recursos de todos, pero o longo prazo estamos matando o nosos futuro, estamos propiciando que no futuro dependamos do exterior máis doq ue xa dependemos hoxe. temos que revertir esta situación.