O presidente brasileiro leva varios días loando os biocombustíbeis e asegurando que estes non van ameazar a Amazonía, nin reducir as áreas actualmente destinadas ao cultivo de alimentos.
Lula da Silva salientou, no seu programa semanal de radio, que o Brasil debe estar preparado para defender os biocombustíbeis, unha "matriz enerxética revolucionaria xa comprobada hai 30 anos", das críticas "totalmente descoidas" dos seus adversarios.
"Non vamos aceptar outra vez o cartel dos poderosos do mundo tentando impedir que o Brasil se desenvolva, que se transforme nunha gran nación"
Contra as críticas dos seus adversarios políticos, que din que os biocombustíveis poden reducir a área destinada ao cultivo de alimentos, facendo que o prezo destes suba no mercado, e pode tamén contribuír á deforestación da Amazonia, Lula da Silva manifestou que non son máis que tentos para facelo caer e que "co biodiésel, nós vamos poder ter máis que cen países, é dicir, nós vamos democratizar a produción de combustíbel no mundo".
"Estaremos reducindo as asimetrías e desigualdades entre países consumidores e produtores de enerxía e previndo potenciais conflitos derivados da competición por recursos enerxéticos finitos"
Lula tamén sinalou que os países desenvolvidos que din estar contra o quecemento global, non poden pór grandes impostos á importación de biocombustíveis, xa que estes están comprometidos coa defensa do medio.
Segundo o presidente brasileiro, a solución está en incentivar o establecemento dun mercado internacional para o etanol e o biodiésel. Para isto, é indispensable que os gobernos indiquen claramente ao sector privado a súa decisión de facer dos biocombustíbeis un dos eixos prioritarios da súa axenda enerxética e ambiental. "Non podemos emitir sinais contraditorios", completou.
Si, ben, e non servirá de nada se os paises ricos non reducimos o gasto de enerxía. Máis bici e tren, e menos coche e avión.
Na Galiza somos execentarios en enerxias limpas e podemos ser exemplo do mundo. Ser a Hespaña nos deixa claro....
Aínda que dedicásemos a totalidade das terras do planeta á produción de biodiésel, só cubriríamos unha pequenísima parte da actual demanda de petróleo.
Nestes intres as plantacións de biodiésel xa están a provocar fortísimos impactos en zonas como o Sur de Asia, donde a selva está a ser deforestada para plantacións de palma destinadas a biocombustibles, especies animais como os orangutáns teñen os días contados por estes cultivos.
Por outro lado, a plantación de xigantescas extensións de terra, até o de agora adicadas a cultivos para alimentación, co obxectivo de obter biocombustibles, vai provocar una suba de prezos dos productos agrícolas, co conseguinte perxuízo para as persoas máis pobres que non van poder pagar polo alimento.
Agora chégalle o turno ao Amazonas, pobres de nos, e pobres dos nativos e da fauna local. Lula, vendeuse a Bush como un mercenario.
Quando um "ecologista de esquerdas" como Lula fala de biocombustível, já lhe podemos dizer adeus à Amazonia. Onde nom medre a soja transgênica, pois a colheitar os matos da antiga selva. Boa forma de apresentá-lo ao mundo isto do biodiésel.
Deforesta-me baby!!!
A ver, non podemos caer na demagoxia nin de que os biocombustíbeis van solucionar os problemas enerxéticos do mundo nin de que por culpa deles vaise deforestar a amazonía.
A cousa é que polas súas condicións naturais, Brasil pode producir Bio-etanol (o que substitúe á gasolina) a un prezo case competitivo co actual prezo do petróleo. Ese "bio-etanol" que agora é case competitivo, é o feito de caña de azucre non de remolacha nin de palma, nin de solla (coa palma, xirasol e outros aceites vexetais o que se fai é bio-diesel).
En Estados Unidos, están a ter bos resultados producindo bio-etanol a base de millo e aínda que máis caro que o brasileiro pode ter prezos competitivos.
En Europa esquecédeo, polo dagora sae moi caro e o único que hai son asociacións de agricultores que queren manter as axudas que a UE lles comeza a reducir.
Para que non se produzan eses efectos perversos (deforestación para plantar caña, solla..., subida dos prezos dos alimentos) do que se trata é de potenciar a investigación no que lle chaman biocombustíbeis de segunda xeración que son producidos a base de celulosa (residuos forestais e así).
O problema que teñen (igual que os de primeira xeración) é que para por en marcha o proceso de fabricación de combustíbel precísase dunha enerxía engadida (carbón, gas...) co cal redúcese o efecto ambiental positivo.
Evidentemente, non van resolver os problemas enerxéticos do mundo pero poden resultar moi beneficiosos se se avanza na investigación (e se continúa a subir o prezo do petróleo, claro).
O único que pode facer Europa é non tentar producir cousas que non son rendíbeis e concentrarse na investigación, que para iso si que estamos preparados.
Por suposto, isto é só a miña opinión.
O dos transxénicos creo que é outro debate