Membro das Mocidades Galeguistas, foi un dos fundadores do Padroado da Cultura Galega no país norteamericano e da súa revista, Vieiros.
O histórico galeguista, aviador e coronel do Exército Republicano, Elixio Rodríguez, finou este luns en México aos 97 anos de idade. Rodríguez era natural de Grou (Lobios, Baixa Limia) e veciño de Bande.
Foi membro das Mocidades Galeguistas. Ao comezo da Guerra Civil española foi detido e pasou dous meses preso no convento de Celanova. Conseguiu evitar ser 'paseado' enganchándose na Lexión, onde pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos até entrar no corpo de aviación.
Fuxida á zona republicana
Posteriormente, estivo destinado como capitán en León no pequeno aeródromo de Navia e en febreiro de 1937, incorporouse á Lexión Cóndor. Ao mes seguinte conseguiu fuxir nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana.
Unha vez en territorio republicano, foi destinado á base de San Javier en Murcia, mais foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e doutros deputados galegos residentes en Valencia conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, en que foi absolto.
Solidariedade Galega Antifeixista, en Barcelona
Pasou o resto da guerra en Barcelona ao cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral de Solidariedade Galega Antifeixista até que, coa caída de Cataluña, tivo que pasar a Francia. De alí saíu cara a Veracruz (México), onde chegou o 13 de xullo de 1939, e aceptou a oferta das autoridades para adoptar a nacionalidade mexicana. Estabeleceu a súa residencia no DF (México capital), onde viviu dende entón e onde exerceu como empresario e distribuidor.
Fundador de Vieiros
En México tratou con numerosas personalidades políticas e culturais do exilio republicano e participou en actividades culturais galeguistas como a fundación do Padroado da Cultura Galega de México, a revista de radio Hora de Galicia e a revista Vieiros. En 1997 publicou a novela autobiográfica Matádeo mañá.
Rodríguez visitaba Bande durante longas tempadas e, dende hai anos, participaba no acto do Día da Patria cos dirixentes do BNG. A súa última publicación foi a colaboración no monográfico A Galiza Global: galegas e galegos non mundo, publicado polo Foro Cívico Galego de Barcelona.
A minha homenagem ao irmao Elixio com quem tivem o prazer de falar em várias ocasions. No atinente à notícia há que dizer que "Matádeo mañá" nom é um "romance autobiográfico" mas umha autêntica biografia, onde colaborou o historiador Elixio Villaverde.
Coido que por moitos motivos debería ser soterrado no panteón de galegos ilustres.
Relacionado:
http://eu-e-galiza.blogspot.co...
Eu, que tamén son de Grou e estiven milleiros de veces na súa querida Bande, síntome embargado pola tristura. Porén, morreu un gran galeguista.
Descanse patriota galego. Recordaremolo na Quintana dentro duns días.
Tuve la oportunidad de escuchar y ver a Elixio Rodríguez en un documental dedicado a Castelao al igual que en otras fuentes de información escrita. Sus valores y principios fueron, son y seguirán siendo un horizonte al cual tienen dirigirse las miradas en busca de una Galiza republicana.
Elixio Rodríguez, Castelao al igual que muchos Galegos ilustres y otras modestas y anónimas personalidades escogieron a América Latina como refugio a la barbarie fascista. Se mantuvieron dignos y no se prestaron a ser títeres de los dictadores de turno que pulularon y pretenden resurgir en esta región del mundo.
Es bueno que muchos “SOCIALISTAS” vean la integridad de estos hombres de lucha y reconozcan el verdadero socialismo y no brinden su apoyo a falsos apóstoles que a fuerza de petrodólares compran conciencias y pretenden crear autocracias más cercanas al fascismo con un disfraz de revolución socialista.
Si alguien es un GALEGO ILUSTRE es Elixio Rodrigues y merece estar donde están las personas de esta excelsa categoría. En la conciencia de todos y cada uno de los Galegos.