Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NOVA POLÉMICA POLAS DEDICACIÓNS

A alcaldesa de Sanxenxo vai cobrar máis de 56.000 euros limpos cada ano

O goberno local aprobou nove exclusividades que suporán un gasto de máis de 413.000 euros.

Redacción - 13:32 11/07/2007
Tags:
Sanxenxo terá nove dedicacións exclusivas / Foto:roman-man

Sanxenxo terá nove dedicacións exclusivas / Foto:roman-man

Logo dos comicios locais comeza o baile de dedicacións exclusivas nos concellos. A falta dun baremo xenérico, posibilita que cada concello aprobe os salarios que estime. As críticas e acusacións polo volume dos salarios vólvense en contra de todos os partidos.

A última polémica vén dende Sanxenxo. O goberno local aprobou este martes destinar máis de 413.000 euros para nove dedicacións exclusivas. A alcaldesa Catalina González vai cobrar máis de 56.000 euros limpos ao ano, concretamente 14 pagas de 4.008 euros. En total, o consistorio gastará 78.400 euros brutos en pagarlle á rexedora.

Pero o goberno popular decidiu retribuir a todos os seus membros. Os salarios anuais brutos serán os seguintes: Urbanismo (54.600); Cultura (54.600); Xuventude e Deportes (43.750); e Turismo (43.050). Os catro concelleiros restantes terán dedicación parcial que compatibilizarán cos seus traballos: Persoal e Seguridade (34.800); Infraestruturas e Obras (34.800); Medio Ambiente (34.800); e Facenda e Economía (34.800).

O capítulo de gastos deste concello complétase co secretario da alcaldesa (30.050); xefe de prensa (25.980); secretario adxunto (21.328); e xerente de Urbanismo (59.435).


4,5/5 (2 votos)


Comentarios (4)

dianhodecan #1 11/Xullo/2007 dianhodecan

Muito generosos, os vizinhos de Sanxenxo

breixoak #2 11/Xullo/2007 breixoak

O dos concellos é impresionantes, en todos (véxase o caso da Coruña). Pero o peor é que ademais destes soldos disparatados tamén hai que pagar coches, cuchipandas, móbiles e dietas varias...Se se suma todo
veremos que nos consistorios galegos cada ano toca a primitiva

Tino #3 12/Xullo/2007 Tino

E o pior de todo é q todas esas dádivas non se declaran na Renda: cobran máis por dietas, viaxes, celulares, comilonas, etc, etc, q o soldo mensual.
E a máis dun ainda lle sairá a devolver na Renda!

tonibler #4 12/Xullo/2007 tonibler

Cando lle meterán man a estas cousas?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: