Dende o Consello da Associaçom Galega da Língua esixen unha explicación sobre as bases do certame de poesía, que diferencian "galego (na normativa vixente) e portugués".
Para unha luz ausente, de Xavier Seoane, foi o último gañador do certame
Na sección "Lecer" d'A Nosa Terra, nº 1272, da semana do 14 ao 20 de xuño, aparece convocado pola Editorial Espiral Maior o XV certame de poesía, ao que se poden presentar libros inéditos escritos en galego "segundo a normativa vixente" ou en portugués. O Consello da AGAL demanda unha aclaración, por parte da editorial, en canto á normativa á que se refiren. Salientan que "vixente" é tamén, dende o 81, a norma da AGAL, coñecida como norma lusista ou reintegracionista, e que os escritos dun número importante de intelectuais, asociacións xuvenís ou colectivos sociais diversos emprégana.
A AGAL quere que se determine porque se emprega a expresión "normativa vixente" en galego e non para o portugués. A Academia das Ciências de Lisboa recoñeceu a norma AGAL como válida. Normativas vixentes, segundo a AGAL, "tamén poderían ser as modalidades brasileira, angolana, mozambicana, timorense, ou galega, que se integran no diasistema do portugués e presentan unha ortografía histórico-etimolóxica".
Por todo isto, queren que se aclare se no chamado "portugués" inclúen a variedade galega da AGAL, e advirten da necesidade de que as persoas que presenten un escrito que non se axuste nin ao padrão de Lisboa nin á norma da RAG-ILG teñan a mesma consideración có resto de participantes. O prazo de entrega do premio rematou o 30 de xuño, e o 24 deste mes coñeceremos a resolución do xurado.
"A Academia das Ciências de Lisboa recoñeceu a norma AGAL como válida." Alguém pode dar algum tipo de documentaçom sobre isto?
Que pesados...
De verdad, nos ponéis difícil meternos con el gallego, cuando ni los propios nacionalistas os ponéis de acuerdo con vuestro propio idioma...¡jejeje!
E logo, para que queres meterte co galego? É patrimonio de tod@s @s galeg@s, así que se es galego, xa sabes.
Se alguén ten dúbidas sobre a unidade lingüística, que olle isto:
http://br.youtube.com/watch?v=...