Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
DECLARACIÓNS DO XORNALISTA E EX VICEPRESIDENTE JOSÉ VICENTE RANGEL

Vargas Llosa no seu delirio neoliberal e fascista arremete contra Arxentina, Bolivia, Ecuador, Nicaragua e Venezuela

Nun evento efectuado en Madrid o pasado 4 de xullo co título enmascarador dun Diálogo pola democracia e a liberdade en Europa e América o escritor Mario Vargas Llosa alertou sobre a existencia dunha multinacional chavista en América Latina. A asistencia ao acto foi escasa, ningún membro do Goberno español estivo presente nin tampouco figuras de importancia do ambiente intelectual e político. Do neoliberalismo ao neofascismo só hai un paso, confírmao a historia, declara neste artigo o xornalista venezuelano José Vicente Rangel.

José Vicente Rangel - 09:26 16/07/2007

Vargas Llosa limitouse exclusivamente a falar contra Chávez, a sinalar a ameaza que supón a crecente influencia deste en América Latina. Para Vargas Llosa a liberdade e a democracia só está ameazada polo presidente venezuelano e unicamente nesta rexión. Non hai ameazas en Europa, tampouco noutros lugares do planeta, por exemplo coa política xenocida de Estados Unidos. Nin constitúe ameaza algunha a pobreza, a desigualdade social, e menos aínda o poder dos grupos económicos cada día máis agresivos e manipuladores dos gobernantes. Tampouco lle preocupa ao escritor o que sucede cos medios de comunicación convertidos en poder autónomo con capacidade para rexer o comportamento da sociedade. Por iso Vargas Llosa non falou de ninguén máis, ditando así a pauta ao resto dos oradores: Un burócrata da diplomacia colombiana, un ex presidente boliviano de ultradereita, un anticastrista do imperio e por suposto as guindas do cóctel: os venezuelanos Julio Borges e Manuel Rosales.

O acontecido en Madrid baixo a tutela de Vargas Llosa, confirma o que cada día é máis evidente, non é como di el, que exista unha multinacional chavista en América Latina, é todo o contrario, o que si existe é unha multinacional antichavista, o cal é negado tanto polo imperio como polas oligarquías da rexión. Xustamente os factores que tramaron por exemplo o golpe patronal do 11 de abril, e a sabotaxe á industria petroleira no ano 2002, o terrorismo e o sistemático descoñecemento das eleccións realizadas no país. En síntese a multinacional de conxúra contra o proceso que se realiza en paz, liberdade e democracia en Venezuela.

Vargas Llosa no seu delirio neoliberal adoita expresar unha peculiar forma de fascismo, arremete no fondo contra a vontade de cambio dos pobos latinoamericanos e arremete contra Estados como Ecuador, Bolivia, Nicaragua, Venezuela e a propia Arxentina, coa arrogancia típica do intelectual incapaz de superar a frustración que lle produciu a humillante derrota política que lle propinou o seu propio pobo. Por iso o seu desprezo a todo o popular, sen que se deteña a pensar que esa actitude preto do que foi o drama de moitos intelectuais devorados polo revanchismo rexional. Actitude que conduciu a brillantes escritores como Celli, Roché, Rasillack, Luck Hanson e outros a viaxar á fin da noite da xustificación de despreciábeis condutas humanas.

Do neoliberalismo ao neofascismo só hai un paso, confírmao a historia. Así como hai un lado sórdido- como xa dixen- que ten que ver cun plan elaborado para bloquear e agredir a Venezuela, hai outro que a un lle dá vergoña. A min para nada impórtame, no persoal, que os Vargas Llosas do mundo fagan o seu traballo e cobren por iso.

Si me preocupa que uns compatriotas caian na trampa montada, por quen non só son inimigos de Chávez senón tamén dos que non son chavistas, é dicir, a multinacional que teledirixe a recuperación do control do país para desnacionalizalo de novo e regresar a un pasado cargado de miseria no cal eles serían simple comparsa dos que asuman o poder. Xa pasou durante 48 horas cando o golpe do 11 de abril, Manuel Rosales e Julio Borges veñen daquela aventura, préstanse ao xogo sen proveito algún polo menos coñecido, porque o evento de Manuel Rosales con Vargas Llosa pontificando, é unha peza artelladora da conxura mediática que si ben tivo impacto na prensa española serviu para que algúns medios tamén en Venezuela obsesivamente antichavistas, destacaran o evento en Caracas.

A presenza minguada de Rosales e de Borges confirma a tendencia da oposición de perseverar no erro en crer que accións desta natureza inflúen nos venezuelanos, cando en realidade acentúan a sospeita de que a oposición é incapaz de valerse por si mesma e que ten que acudir ás desacreditadas e inútiles muletas internacionais.


3,73/5 (11 votos)



Rocío Jurado e Mario Vargas Llosa nunha imaxe de arquivo
Rocío Jurado e Mario Vargas Llosa nunha imaxe de arquivo