O conselleiro de Xustiza e Traballo, Joseba Azkárraga, cualifica de “gran barbaridade” a carta do presidente do partido.
Un artigo de opinión do presidente do PNV, Josu Jon Imaz, está a provocar unha treboada política no principal partido vasco. Imaz fixo pública este domingo unha carta en diversos medios opoñéndose a un referendo sobre o dereito dos vascos a decidir. Para Imaz, esta consulta, prometida polo propio lehendakari, só ten sentido se primeiro hai un apoio maioritario das Cortes españolas. Do contrario, coida que pode acabar sendo o “plan B” ao que se acolla ETA.
As reaccións xa chegaron este mesmo luns. O conselleiro de Xustiza e Traballo, Joseba Azkárraga (EA) non dubidou en cualificar de “barbaridade” cuestionar a consulta popular. Sobre a oportunidade que pode representar o referendo para ETA Azkárraga non anda con medias tintas: “Se hai consulta ETA vai asasinar en función do resultado desa consulta? Non sei quen lle escribiu este artigo ao señor Imaz, ou se o escribiu directamente, pero paréceme unha gran barbaridade”.
Mais Azkárraga deixa sobre a mesa as fortes diverxencias internas que vive o PNV: “Teño a impresión, dende o respecto que me merecen as reflexións que se fan dende outros partidos políticos, que o señor Imaz está trasladando á sociedade vasca os problemas que ten dentro do seu propio partido”. Azkárraga refírese á loita interna entre o sector máis autonomista, liderado por Imaz, e o máis soberanista, no que estaría encadrado o lehendakari.
Coido que Imaz ten razón; a independencia é posíbel e para lograla hai que lle facer o xogo ao estado. Ademais, sinceramente, un referendo desas características -e xa o dixo no seu momento Arnaldo Otegi- é un coitelo de dobre gume. Se gaña o si -e habería que ver a todo o tecido empresarial vasco arriscando- por canto debería gañar: 50.01%? Otegi foi claro: menos do 75% sería inviábel.
Sendo moi pragmáticos: é posíbel que en 30 anos o estado Español -ogallá- se fragmente en varios estados, pero se é así e máis doado sendo pobre ou facendoo vía Madrid.
Non creo que Imaz esté en contro de facelo, pero é prudente sobre o momento que se deberia escoller.
Coitados os vascos, se fan hoxe o referendum os do PP son capaces de acadar entre os censados fantasma, os fantasmas dos mortos e a fantasmada da emigración vasca, pois son capaces de acadar que as tres provincias vascas pasen a formar parte do condado de Treviño.
"(...) abre unha grave fenda no PNV. O conselleiro de Xustiza e Traballo, Joseba Azkárraga, cualifica de “gran barbaridade” a carta do presidente do partido. (...)"
Ollo! Que Azkarraga é de Eusko Alkartasuna, señores!
"Imaz fixo pública este domingo unha carta en diversos medios opoñéndose a un referendo"
Haivos que ler ben: oponse a que se faga agora.