Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Nova estruturación dos cursos

As primeiras probas para o Certificado de Lingua Galega terán lugar a finais de ano

A Secretaria Xeral de Política Lingüistica, Marisol López, anunciou a convocatoria dos novos exames de lingua, estruturados en cinco niveis.

Redacción - 13:35 16/07/2007
Á dereita, Marisol López, coa presidenta do Parlamento, Dolores Villarino

Á dereita, Marisol López, coa presidenta do Parlamento, Dolores Villarino

No último trimestre deste ano van botar a andar as probas para a a obtención do Certificado de Lingua Galega (Celga). Estas probas, que están divididas en cinco niveis, substitúen os actuais certificados de Iniciación e Perfeccionamento.

A Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, sinalou este luns que “nesta nova etapa de ensino e certificación da lingua galega quérese establecer o ensino do galego desde un enfoque comunicativo, mediante tarefas, que permitan que os candidatos demostren as súas habilidades no uso da lingua, e non só no coñecemento do código que teñen do galego”.

Para a preparación do Celga, estanse elaborando materiais destinados á aprendizaxe. Os textos van poder descargarse en breve na páxina electrónica de Política Lingüística. Tamén haberá opción de asistir a cursos preparatorios do nivel ao que se aspire. A obtención do certificado está vinculada á superación do exame. A partir de 2008 estabeleceranse dúas convocatorias anuais de exames.


4,86/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: