Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
No encontro 'Historia e memoria'

Investigadores da represión franquista de todo o Estado poñen en común os seus traballos en Compostela

Até o mércores nunha serie de palestras mostraranse os distintos proxectos investigadores da represión fascista alén provincias.

Redacción - 14:16 16/07/2007

Porque a represión fascista non tivo en conta as fronteiras provinciais dentro do Estado, estas xornadas nacen para que grupos, asociacións, entidades e mesmo organizamos das administracións de varias rexións do Estado poñan en común os traballos de investigación que teñen feito.

Deste xeito, trocando métodos de traballo, amosando resultados, contando experiencias... os distintos grupos de investigadores de todo o Estado que se reúnen até a cuarta feira na Facultade de Xeografía e Historia da USC, tentarán aprender dos máis e solventar os problemas comúns que lles van saíndo ao paso.

As xornadas 'Historia e memoria' están enmarcadas nos proxectos do Ano da Memoria, e están organizadas polo grupo de investigación galego As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, dedicado á lembranza e ao coñecemento dos que foron represaliados tras o golpe de estado de 1936 en Galiza.

Esclarecendo as sombras da memoria

Para participar nesta xuntanza, que quere contribuír á constitución dun interese xeral cara os traballos de investigación e documentación sobre o estudo histórico da Guerra Civil e a ditadura franquista, veñen a Compostela xente da Universidade de Oviedo, da Universidade de Lleida, da Dirección Xeral de Memoria Histórica da Generalitat de Cataluña, do Foro pola Memoria de Madrid e historiadoras como Amaia Canedo, Irene Díaz ou Ángela Cenarro, entre outras.

Con estas xornadas tentarase esclarecer as moitas sombras que aínda existen sobre os feitos que aconteceron naquela altura, na posguerra, ao tempo que se amosará o enorme patrimonio histórico e cultural do Estado, que doutra maneira, estaría abocada a se perder.

Olla aquí o programa do encontro, e aquí o acontecido na inauguración destas xornadas, na mañá da segunda feira, estando presentes a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, o investigador do proxecto As vítimas, os nomes e as voces, Lourenzo Fernández Prieto, e o coordinador do encontro, Emilio Grandío Seoane


4,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: