Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
NON PRECISA SER APOIADO NUNHA SUPERFICIE

Unha nova tecnoloxía recrea o rato como control remoto

Logitech presentou MX Air, un 'mouse' que contén sensores de movemento que detectan os cambios de posición no espazo.

Redacción - 14:19 16/07/2007

Ao cabo de case corenta anos, a “terceira man” das computadoras deixará de estar conectada a elas. Iso será resultado dunha innovación patentada por Logitech: O rato a distancia.

A empresa renovou a súa aposta con MX Air, que contén sensores de movemento que detectan os cambios de posición no espazo, sen necesidade de o apoiar nunha mesa. Este mouse pode utilizarse de forma convencional e como se fose un control remoto, movendo o punteiro desde a cadeira de brazos, por exemplo.

MX Air contén tecnoloxía Freespace motion sensing, que permite usalo no aire. Manexa as opcións dos programas multimedia da PC, axusta o volume co movemento, á esquerda e á dereita.

Por outra banda, permite tamén o control ao recoñecer os acenos do usuario, permitindo así cambiar de canción, de video. Por exemplo, para avanzar o track débese facer un movemento circular para a esquerda. Isto evitaría as dores de boneca, xa que ao usalo no aire se ten unha posición máis relaxada. Ademais, para os que teñan problemas de pulso, MX Air manterá o cursor quieto na pantalla aínda que a man trema.

Contén unha batería de Li-ion, un alcance sen fío de 9 metros para navegar por calquera lugar dunha habitación. Estará dispoñible no mes de agosto a un prezo estimado de 150 dólares.


3/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: