Eduardo Álvarez foi denunciado polo xuíz decano Antonio Fraga Mandián por aldraxes, tras solicitar o uso do galego nunha notificación xudicial.
Eduardo Álvarez / Foto: CIG
Todo comezou en febreiro-marzo do ano pasado. Eduardo Álvarez, membro da Mesa e responsábel comarcal da CIG-Ensino, fixo unha demanda e ao pouco recibiu a notificación da mesma en castelán e co topónimo La Coruña, no cabezallo e no selo do xulgado.
"Eu, que coñezo a Lei", díxolle Álvarez a Vieiros, "acollinme aos meus dereitos -segundo o artigo 7 da Lei de normalización lingüística, todo cidadán ten dereito a recibir notificacións xudiciais na lingua que el mesmo escolla-, e envieille unha queixa ao xuíz decano, Antonio Fraga Mandián, xa que se estaban a conculcar os meus dereitos lingüísticos". Mais a resposta do xuíz foi directamente aos medios de comunicación, en forma de comunicado, que moitos publicaron por enteiro, e no que se precisaba o nome completo de Álvarez, vulnerando o seu dereito á intimidade.
Daquela, os medios de comunicación comezaron a chamar a Antón Álvarez para saber da súa opinión, mais un deles publicou, segundo relata Álvarez, informacións "que eu non dixera", nas que puñan na súa boca as palabras cínico e mentireiro, para se referir ao xuíz decano, Fraga Mandián.
"Os dicionarios definen o cinismo como a actitude de quen mente descaradamente para xustificar unha ilegalidade"
Esta foi a frase que Antón Álvarez dixera naquela altura a aquel medio, referíndose a como o xuíz decano tentaba ocultar a ilegalidade de empregar o topónimo "La Coruña", chamándolle "erro de imprenta".
Ao saíren publicadas estas informacións, o xuíz decano demandou a Eduardo Álvarez por inxurias, e o xuízo vaise celebrar, un ano e pouco máis despois, esta cuarta feira ao mediodía, no Xulgado de Instrución número 4 da Coruña. En canto á súa demanda, tras ser desestimado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) e polo Consello Superior do Poder Xudicial (CSPX) (a pesar de darlle a razón o vicepresidente e un vogal), agora anda na sala 3ª do Tribunal Supremo, agardando resposta.
O BNG apoiou publicamente a Eduardo Álvarez
Esta segunda feira, dous días antes do xuízo, o voceiro do BNG no Parlamento de Galiza, Carlos Aymerich, e a concelleira de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, Ermitas Valencia, expresaron o seu apoio a Eduardo Álvarez.
"O único monolingüismo aquí é o castelán", sinalou Aymerich, asegurando que o seu partido sempre "vai batallar" para que non se conculquen os dereitos de empregar o galego, e que non pensan "desistir", como dixo o xuíz decano Fraga Mandián, que terminarían por facer. Por outra lado, Ermitas Valencia afirmou que, vendo casos coma este, "está claro que en Galiza segue sen ser posíbel vivir en galego".
Que nojo de juizes e de justiça espanhola. Pessoas ao serviço do genocídio lingüístico que semelha avançar imaparável. A minha solidariedade com Eduardo e a minha nâusea contra essa escumalha de juiz espanhol.
E que dicir da vinganza do PP despois da "vareada" dos resultados electorais?.Usar a nosa lingua como moeda de cambio na política é puto cainismo.
E logo quantos franquistas foram retirados dos seus postos com a restauraçom bourbonica, chamada eufemisticamente de transiçom? Quantos? Pois ai seguem todos, os que nom se retiraram ou morreram. E estes ultimos fizeram o possivel para que os seus descententes ou parentes politicos herdassem o carrego. Atado y bien atado...
O Novo Testamento fai del, (do puro cainismo),o prototipo da maldade,da liquidación dos inocentes, (o noso idioma). Vaia metáfora que me saíu¡.
E para cando os xuizes que incumpren a lei van ir a xuízo.? Ánimo Eduardo.
Idioma galego!... o que non te mate farate máis forte!
Xa sabemos quen é un membro mais da ilustre orde dos ,,tangallegocomoelgallego", xuizes, alcaldes, politiquiños...
Confío en que a este pájaro de la Mesa por la Falsificación Lingüística le metan un buen puro.
A mí todos los documentos de la Xunta me llegan en castrapo y me tengo que aguantar...Así que aquí a joderse todos.
Por cierto, esto va pa los de la Mesa: "La Coruña", así, con su "L" y todo. ¡Ah, también sé decir Orense! ¡Jajaja!
INTERVENÇÕES RECENTES DO GAVIOTERO:
(hai 1 minuto) Por cierto, me encanta que los nacis me llamen talibán...Y no, no escucho a...
(hai 1 minuto) Querido, baixominhisimo, y después de hacer pública mi IP, ¿qué? ¿Vendréis a mi...
(hai 4 minutos) ETB 1 (en vascuence) apenas tiene un 5-6% de audiencia, frente al 18-19% de ETB...
(hai 7 minutos) Ya no se creó una comisión de investigación en su día, con lo que tenemos que...
(hai 11 minutos) Pobre chaval, no os metáis con él, que está acabando la carrera. Cuando la...
(hai 14 minutos) Por cierto, doña Adela, ¿alguna manifestación relevante como portavoz de Nunca...
(hai 15 minutos) Adelita, maja, aquí el arma electoral es la imposición naci de un decreto...
(hai 20 minutos) ¡Jajaja! Qué van a decir estos de Medio Rural, que son los que hablan de tramas...
VEJO QUE O SENHOR/A ESTÁ BEM INFORMADO OU TALVEZ SO OPINA...
TEM QUE TER UMA MELHOR BASE DOCUMENTAL QUE A GUARDIA CIVIL...