"Ocultar non vale de nada", reprochoulle este luns o presidente do PPdeG, Alberte Núñez Feijoo, ao conselleiro do Medio Rural, ao respecto da súa decisión de limitar este verán a información sobre incendios.
Cando PSdeG e BNG estaban na oposición, a falta de transparencia informativa fora acusación reiterada á Consellaría de Medio Ambiente cando este departamento xestionaba a política anti-incendios. Despois dun significativo cambio que facilitou que se coñecesen en detalle os datos sobre os lumes en Galiza, a Consellaría do Medio Rural decidiu que este verán non se facilitarán as cifras polo miúdo cando menos até que remate a campaña contra o lume do verán.
O líder do PPdeG considerou este luns que a decisión de Alfredo Suárez Canal "faille un fraco favor á súa política forestal". "Eu pensaba que xa aprendera dos seus erros", comentou Núñez Feijoo ao respecto. "En Galiza temos moi mala experiencia na limitación de información", asegurou referíndose á presunta perda de axudas da UE que na opinión de Feijoo non se obtiveron por non proporcionar datos sobre os lumes do ano pasado. Segundo o líder dos populares "dispoñer de toda a información é unha motivación engadida para denunciar con máis énfase os incendiarios e traballar máis se as cifras van mal".
En días pasados, o asunto xa fora criticado tamén polo secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, quen dixo dubidar de que a falta de transparencia e os apagamentos informativos freen "a aqueles que deliberadamente queiman os bosques". Segundo Rueda, a decisión é exemplo das "políticas improvisadas que seguen chegando de Medio Rural", que na súa opinión "vese de novo incapaz de afrontar unha tempada de risco".
Totalmente de acordo co Alberto neste punto. Non só hai que dicir que se é plural e demócrata, senon que hai que demostralo. Outra cousa sería pedir aos medios que eviten o sensacionalismo, pero oculta-la información non é de recibo, pois todos estamos afectados polos lumes.
É triste que non se aposte máis claramente pola transparencia, pois sería darlle ás ao novo PPdeG, que inda que de catavento ten un cacho, está a aprender os ideais liberais que se non se adoptan tamén polos outros partidos, acabarán captando gran parte do descontento urbano.
Estou co sacro dolorido da caida polas gargalladas de escoitar semellantes declaracións, acaba de cargarse a política que fixeron desde o 90 ao 2004. En fin. Na consellaria de medio rural xa desmentiron pero non serve de nada, vese que non.
A ver, mirei a Voz, xa que aquí a información é máis lixeira. Para o siareiro Carlos, dicirlle que non serve de nada desmentir o que dixo un espontáneo da túa consellería. Serve para o conselleiro, que o honra, pero non serve para o novato en democracia de medio rural que ignorou que a información pública debe ser o máis completa posible. Podes ter unha estratexia de contención, pero non podes dicirlle á prensa: "é que como temos esta estratexia, non vos dicimos nada". Detrás disto hai outro problema, que como os telexornais din o que queren as consellerías, os da xunta xa nin se distinguen dos medios públicos. Eses que debían ser independentes. Ah! Pero tamén están os privados! Aos medios só se lles pode pedir, non supoñer que seguen a túa estratexia!
En fin, política made in Galicia.
Nin son siareiro, nin teño consellaria. E permiteme, estimado sozinho, que che diga que non entendo nada do que tentas expor, a eses parágrafos debe faltarlle información previa, digo eu...
Estou de acordo en q algunhas consellarias pecan de non saber tratar cos medios: a forma de dicir as cousas, e algo de inocencia tamén.
Os medios colleron a palabra máxica do PP: ocultación.
E xa se armou a marimorena. A Consellaria nunca dixo q se ocultarian datos, senón q a forma de dalos seria diferente para evitar o efecto contaxio.
Lembremos q un ppirónmano pode facer centos de conatos en pouco tempo. O fiscal q estudou os incendios díxoo moi claro: o efecto chamada dos ppirómanos foi unha das claves importantes.
Explícome, estimado Carlos:
O "da túa consellería" non ía por ti, ho. Vai polos que fixeron declaracións de medio rural, como se eu che dixese agora: ti confunde, que algo queda. Non es ti o que confunde, senón os de medio rural primeiro por torpeza e a oposición e prensa despois por crear noticia e reivindicación de tipo liberal. En fin, supoño que funciona mellor cos refráns, pero saiume así.
O de siareiro si ía por ti. Cando un ridiculiza ao adversario e despois vitimiza ao correlixionario, cunha posta en escea tan esquemática, compórtase coma un siareiro. É o papel que representaches. Todos o representamos algunha vez. Pero neste tema quédame pouco humor, síntoo.
En resumo:
1- Non é de recibo que se confundan as palabras contención e limitación. Inda quedo coa dúbida quen confundiu iso primeiro, pero está claro que os xornalistas e o PP aumentaron a confusión. Non concordo con Tino, penso que a ocultación foi primeiro pronunciada polos xornalistas e despois polo PP, pero é igual, é lícito falar de ocultación cando hai limitación, só é acentua-la crítica.
2- Nunha democracia hai que darlle toda a información que demanden á prensa e á cidadanía. Outra cousa é que haxa certa marxe para ter máis ou menos celo ou iniciativa ofrecendo esa información e incluso se pode pedir que se informe de acordo cuns criterios (nunca esixir). Outra cousa serían os segredos de estado, pero non é o caso.
Saúdos a todos
O humor é (mesmo o máis)necesario na vida e pobre de quen o perda. O humor é moi criativo e enriquecedor e á vez é o xeito máis demoledor e incisivo para revelar a realidade.
O Alberto-PPdeG(pero co G reducido) éche un rapaz ben gracioso, un encantador da memoria política, un prestidixitador da historia. É por iso que escacho coa risa con él.
Son os medios de comunicación os que empregaron a palabra "ocultación", que foi oportunamente desmentida pola consellaría.
As cousas son así de sinxelas, ao remate desta "campaña" de incendios veremos que tiña razón e quen mentía.
Saúde e humor.
Ya no se creó una comisión de investigación en su día, con lo que tenemos que atenernos al informe de la Fiscalía que, por cierto, dejaba bastante mal parado al "pirómano" Suárez Canal y a la "pirómana" Magdalena Álvarez.
Y ahora para las paranoicas tramas incendiarias con las que pretendieron desviar sus responsabilidades han quedado desmontadas, ven que la única solución para que no les critiquemos es ocultar lo que está pasando.
Imagino que la mayor parte de los medios, incluyendo La Voz de la Xunta o este mismo, seguirán con entusiasmo tal directriz política, limitándose a exhortar al personal que no crea al PP cuando dice que hay incendios porque no es cierto...
En fin, cada día más bananeros y más nacis...
Gaviotero, diría máis ben polemista afeccionado. O de emprega-lo insulto dos "sozialistas" alemáns é de principiantes, ho. En canto á comisión de investigación, seguramente coincida contigo en que non serviron para nada no caso do 11-M e do Prestige. Por que habían de servir agora? Sen embargo, houbo investigación ou non? Estamos pedindo responsabilidades a Medio Rural ou non?
En fin, cando os gaivoteiros aprendan a ser demócratas e liberais como prometen, falamos.
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral