Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FOLGA NO Servizo Contra Incendios

Os sindicatos din que pararon todos e a Xunta que só o fixo o 18%

A Medio Rural non lle coinciden as cifras coas de CCOO e CSIF; a consellaría di que pararon 53 persoas e os sindicatos que foron 800.

Redacción - 19:33 19/07/2007

A Consellaría de Medio Rural dixo que eran 53 os efectivos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios (SDCIF) que secundaron hoxe a primeira xornada dos dous días de paro, convocados polos sindicatos (CCOO e CSIF) para demandar un acordo "digno e xusto" que equipare "as súas condicións laborais ás do resto do seu persoal" da administración.

Este operativo está integrado por unhas 1.550 persoas, das que, segundo a Xunta, só o 18 % se mobilizou na mañá da quinta feira. Mais os sindicatos convocantes din que o paro foi total, e que só se mantiveron no seu posto os "abusivos" servizos mínimos decretados, polos que o 40 % do cadro debe permanecer alerta nesta época de "alto risco forestal".

Actos vandálicos en varios distritos do monte galego
Medio Rural tamén informou da realización de actos de vandalismo no distrito forestal da Baixa Limia, onde se causaron danos en 14 vehículos e nas portas dos garaxes e da caseta de vixilancia. Tamén no distrito d'O Ribeiro-Arenteiro rebentaron as rodas de tres motobombas, e no distrito Valdeorras-Trives danaron un todoterreo e selaron as portas con silicona.

O departamento de Suárez Canal considerou que estes feitos son un "atentado", ao se produciren en época de alto risco contra parte dos complementos do dispositivo de extinción que está en alerta.


3/5 (2 votos)

Comentarios (10)

Gaviotero #1 19/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Jajaja! Qué van a decir estos de Medio Rural, que son los que hablan de tramas incendiarias que como les demostró la Fiscalía únicamente estaban en sus incendiarias imaginaciones...

sebas #2 20/Xullo/2007 sebas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A manifestación de Santiago foi un éxito e temos que a Consellería non vai recapacitar. Síntome, como moitos dos meus compañeiros, defraudado; este non é o BNG que nós votamos, non é o cambio de actitudes e formas prometido. Seguen as mentiras e a manipulación informativa. Eu non cambie nestes dous anos, eles sí. Arrieros somos.

Seguiremos a loitar por un acordo xusto e consensuado polos traballadores e non imposto dende arriba co beneplácito servil que ten a Cig coa Consellería, incluso en contra de moitos afiliados -presentes tamén na manifestación- ó igual que a Uxt.

un saudo.

Tino #3 20/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sobre o tema dos traballadores deste servizo, teñen ao público en contra.
-Primeiro por mentireiros: din q os voluntarios se dedicarán a apagar lumes, cando é totalmente falso.
Menos mal q nos parladoiros aos q acoden hai xente legal como representantes dos montes en man común, q deixa a cada quen no seu sitio.
-Segundo pq coindicen estrañamente en todas as suas teorias co PP, son unha mesma voz, tal vez pq agora non hai quen lle saque as castañas do lume como cando governava o Aznar.
-Terceiro, pq declaracións como q os responsables da Conselleria reteñen o material anti-incendios non se sabe con q finalidade... Pero a quen lle cabe na cabeza q os mais interesados en q non haxa incendios reteñan o material. Q pouco imaxinativos son nas suas mentiras.

Picheleiro #4 20/Xullo/2007 Picheleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Onde estaban as reivindicacións dos "antiincendios" cando gobernaba o PP?. Gostariame saber realmente cales son as súas peticións a maiores de querer máis cartos.

carlosroca #5 20/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Están tentando chuchar todo o que poidan, teñen que lograr todo o que non tiveron en 16 anos. Humanamente comprensíbel. E Medio Rural está tentando mellorar todo o que razonabelmente asumíbel. O resto son fogos de artificio. E claro que coinciden co PP...agora na oposición defende o contrario que cando gobernaba multiplicado por catro.
Acordádesvos as condicións laborais dest@s traballador@s hai tres anos? que condicións teñen agora? que vos apostades que van seguir mellorando, e que esa mellora frearase cando volva (agardamos máis tarde que cedo) o PP ao poder.
Se é que o PP é máis de esquerdas e nacionalista que o goberno da Xunta (cando esta na oposición, claro).

carlosroca #6 20/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Adeviña adeviñanza: como se chamaria iso de queimar máis dunha ducia de veículos se no canto de se localizar en Galiza nunha folga de CCOO-CSIF, fose en Euzkadi?

sebas #7 20/Xullo/2007 sebas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu levo loitando polo nacionalismos deste país moitos anos e ademáis son traballador de incendios. Non entendo que os que agora seguimos sendo críticos cunha política laboral de caciques que é a que levan a cabo os dirixentes da Consellería somo do PP. O que deberíades facer é recuperar o sentido crítico o igual ca Cig, que de ser un sindicato defensor dos dereitos dos traballadores pasa a ser o voceiro do patrón. informádevos de cales son as miñas condicións laborais e cal é a historia deste conflicto antes de demostrar que sodes uns intransixentes sen espíritu crítico....igual que os simpatizantes que os simpatizantes que eu sempre critiquei do PP. Un saudo

sebas #8 21/Xullo/2007 sebas
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para todos aqueles que queirades coñecer de primeira man cales son as opinións dunha maioría de traballadores e a postura de cadaquén visitade http://www.apropiga.org.

Un saudo.

makay #9 21/Xullo/2007 makay
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É logo, claro que teñen razón os xefes, a quen se lle ocorre ós traballadores protestar, dende logo, o que hai que ver, manda..., o que tiñan que facer era ser bos e traballar e non eredar con trapalladas, deixanse comer a cabeza polos sindicalistas e despois calquera os para, queren librar, queren ter material de seguridade, queren ..., e que vai ser o seguinte, servicio de catering con cociña de autor nos incendios, os traballadores que remexan na borralla e que traballen que é o seu, e que deixen ós xefes que bastantes dores de cabeza teñen (SARCASMO). Algúns dende que pisan moqueta e pasean en coches oficiais ...

carlosroca #10 23/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As persoas eleitas polos cidadáns e cidadás non son patronal....como confundamos os termos non entenderemos nada.
O patrón do funcionario é o cidadán e a cidadá ao que debe servir aquel, e o que goberna é o eleito para exercer a representación.

E a experiencia nos di que as melloras reais nas condicións do funcionarios e laborais se logran nos gobernos progresistas e ou nacionalistas. E o retroceso se produce nos gobernos do PP. E cando a conflictibidade é menor co PP. Curioso.

Asi ocorreu por exemplo no Concello de Vigo, e cos anos acaba presidindo o comite un grupo amarelo, consecuencia do sindicalismo amarelo feito polos sindicatos de clase. Lóxico.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: