Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DECISIÓN IRREVOCÁBEL

Pique dimite como presidente do PP de Cataluña

Crise nas filas conservadoras logo de que Acebes lle impuxera unha xestora para as vindeiras eleccións

Redacción - 20:14 19/07/2007

O presidente do PP catalán, Josep Piqué, presentou a súa dimisión irrevocábel logo de que a dirección estatal do partido lle impuxera unha xestora para dirixir a campaña nos comicios españois. A manobra do secretario xeral do PP español, Ángel Acebes, provocou a crise. Poden ampliar a información en Vilaweb.


5/5 (1 votos)


Comentarios (5)

Gaviotero #1 19/Xullo/2007 Gaviotero

¡Vilaweb! Esa web nacionalista, tan imparcial ella, mantenida por las instituciones catalanas porque si no no se sostendría...¿a qué web gallega me recordará a mí?

Boedense #2 19/Xullo/2007 Boedense

Menos mal que temos a Gaviotero, adalid da imparcialidade, honrándonos coa súa presenza neste foro.

Por outra banda, non me sorprende a decisión de Josep Piqué. Cando a un non o deixan traballar e lle poñen atrancos no camiño..... ¿Quen é o valente que se atreve a erixirse en líder do PPdeC logo da brutal campaña anti-Estatut emprendida pola dirección estatal? A miña admiración para o futuro sucesor de Piqué, pois non lle espera unha tarefa nada doada.

Tino #3 20/Xullo/2007 Tino

Alá lle van os dous puntos de vantaxe q tiña o PP sobre o PSOE, a ver se se radikaliza de vez e nos deixa ver a clase de partido próximo ao LePen, pero con babas na boca e nas barbas.

Pablinho #4 20/Xullo/2007 Pablinho

Se Alberte Núñez Feixoo tivera vergoña e dignidade política como Piqué, xa estaría en Madride dirixindo o batallón galego-españolista do PP en vez de amosar a súa faciana máis cínica e hipócrita en Galiza falando do seu interes finxido e imposto pola Nosa Terra.

Alomenos xa se lle están a ver as intencións... quédalle o mesmo que a Fraga, dous telediarios.

Saude.

carlosroca #5 20/Xullo/2007 carlosroca

Non atribuades ningúnha caste de característica desinteresada a Piqué. Éche un home ben listo que sempre se arrima ao sol que máis quece. Foi MAOISTA, do PP e no futuro, despois dun periodo de recuperación e borrado da memoria pública, a tres-catro anos vista reaparecerá en CiU, agora ten 52 anos e aos 55-56 está na idade ideal para unha nova etapa política de madurez, fronte a primeira de grande esperanza branca-catalanoespañola.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: