Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eberhard von Gemminger, da sección alemá da emisora

Un alto responsábel da Radio Vaticana anima o Papa a nomear mulleres cardeais

O xesuíta alemán dixo soñar que o Pontífice sexa escollido por 60 homes e 60 mulleres. "Trátase de realismo e xustiza", comentou nun xornal italiano.

Redacción - 11:50 23/07/2007

Eberhard von Gemminger, director da programación alemá da Radio Vaticana, e no seu momento o primeiro xornalista en entrevistar o actual Papa, Bieito XVI, considera que a xerarquía católica podería dar este paso antes mesmo de admitir que as mulleres sexan ordenadas como cregos. "Moitos laicos obtiveron a púrpura cardealicia, e xa que logo, por que non poderiamos pensar en que haxa mulleres cardeais no futuro?", comentou o xesuíta durante a entrevista concedida ao xornal Il Messaggero.

"Soño con que no futuro o Papa poida escollelo un grupo de homes e mulleres", indicou en referencia aos cónclaves vaticanos que reúnen 120 cardeais menores de 80 anos. "Non é discurso feminista", expresou, "trátase só de realismo e xustiza". "Por suposto, hoxe en día non é factíbel, pero quen sabe dentro de cen anos", recoñeceu. Citando nomes de prestixiosas mulleres vencelladas á Igrexa, coma os de Chiara Lubich e Teresa de Calcuta, Gemminger pregúntase "por que mulleres desa categoría non poden formar parte do colexio cardenalicio?".

Na súa opinión, un primeiro paso podería ser que os "Consellos Pontificios" gañasen en pluralidade incluíndo máis mulleres. Estes órganos están integrados por segrares e laicos e creáronse para o debate e proposta de accións concretas sobre diversos temas de doutrina e organización da Igrexa Católica


1/5 (1 votos)


Comentarios (2)

Tino #1 23/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Realismo e xustiza seria q os cristiáns, católicos e apostólicos pudesen votar directamente polos seus representantes de forma democrática e non por imposición divina: por certo, esa divindade non kixo mulleres cardeais por agora...

haiqueroelo #2 23/Xullo/2007 haiqueroelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

democracia e xerarquía católica?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: