Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LIBERDADE DE EXPRESIÓN?

Os autores da caricatura de “El Jueves” terán que declarar por un delito de inxurias á coroa

A fiscalía segue adiante co proceso contra a revista satírica.

Redacción - 19:21 23/07/2007
Portada censurada

Portada censurada

A Fiscalía da Audiencia Nacional española vai citar a declarar os autores da portada publicada no último número da revista El Jueves. A acusación pública cre que o debuxo pode constituir un delito de inxurias á coroa. Diante dos tribunais terán que comparecer o debuxante Guillermo e o guionista do debuxo Manel Font de Vila.

Mentres tanto, a revista satírica está a preparar un número especial sobre o secuestro da publicación. A web da publicación volve estar accesíbel, aínda que sen a polémica portada de Felipe de Borbón e Letizia Ortiz.


5/5 (2 votos)

Comentarios (1)

Tino #1 24/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois vai resultar q botar un ferrete é delito!
Como se a realeza non mollara... Claro, eles están nun nível superior, onde se empreña pola graza divina: seica foran postos aí polo mesmo deus (o q non me explico é por cal deles, seica houve tantos na historia da humanidade).
Ou ao final o delito vai ser a cara q lle puxeron na caricatura: tempo ao tempo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: