Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Novo investimento do ex propietario de Fadesa

Manuel Jove merca o 5% do BBVA

O empresario galego pasa a ser o principal accionista individual da entidade bancaria.

Redacción - 13:21 24/07/2007
Jove, entre o conselleiro de Economía, Fernández Antonio, e o daquela xerente de Citröen, Javier Riera

Jove, entre o conselleiro de Economía, Fernández Antonio, e o daquela xerente de Citröen, Javier Riera

O banco suízo UBS informou este martes da xestión para Manuel Jove da operación de compra dunha ampla cota do capital do BBVA. Jove pasaría a controlar arredor do 5% da entidade, a maior porcentaxe que posuiría un accionista individual na entidade. O ex presidente de Fadesa entra así no banco que na actualidade preside outro galego, Francisco González.

Jove xa fora noticia nos últimos tempos por outras operacións financeiras despois da venda por máis de 2 mil millóns de euros da inmobiliaria coruñesa que el mesmo fundara. Así por exemplo, a finais de xuño coñecíase que compraba o 37,7% do capital social da empresa téxtil Caramelo. A entrada no accionariado producíase nunha operación onde tamén participou a Xunta, que a través dunha das sociedades de capital risco que forman parte de XesGalicia comprou o 7,6% da empresa.

Máis recentemente, Manuel Jove mercou o 40% da petroleira Vetra, empresa adicada á explotación de campos petrolíferos onde investiu 37 millóns de euros, converténdose tamén no principal accionista e mantendo unha opción de compra que en tres anos lle permitiría adquirir até o 60% desta compañía.


4,5/5 (4 votos)


Comentarios (4)

dianhodecan #1 24/Xullo/2007 dianhodecan

pois a ver se começa a rendabilizalos para a Galiza, todos esses dinheiros

aujardente #2 24/Xullo/2007 aujardente

Si ho! tas amañau... para onde os vai rendibilisar é para o peto propio... todos esses dinheiros... andamos sobraus de empresario marabillosos por estes lares!

ppSoe #3 24/Xullo/2007 ppSoe

A disposición que o empresario coruñés teña para a súa terra habería que atopala na participación en negocios dos que agrome riqueza pros galegos, non pros foráneos. Caramelo é empresa daquí, que fabrica roupa deseñada na Coruña, cortada por galegos e distribuida por galegos (polo menos na teoría), outra cousa é donde a cosen. Pero as rendas que produce ese negocio deberían quedar na Galiza. Pero o BBVA... eu non son cliente, pero penso que ten a sede na Castellana, polo que pouco deixará por estes lares.

ppSoe #4 24/Xullo/2007 ppSoe

Pero ollo, que cada quén é libre de gastar os seus cartos no que lle pete. Outra cousa é o beneficio público desa inversión.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: