Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Segundo o informe do Consello da Cultura

Úsase máis o galego na bloguesfera ca nos medios tradicionais

As novas ferramentas informativas e a multiplicación das canles mediáticas non repercutiu no emprego da lingua: si aumentou grazas ás iniciativas persoais, e o uso voluntario por parte da cidadanía da rede (como nos blogs).

Redacción - 17:00 24/07/2007

É unha das conclusións do Informe A Comunicación en Galicia 2007, elaborado pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura (CCG) e presentado este luns polo presidente do Consello, Ramón Villares, e polo vicepresidente e coordinador do informe, Xosé López García.

O informe reúne os traballos de vinte persoas investigadoras neste ámbito que explican os cambios durante o último bienio: Francisco Campos, Xosé Ramón Pousa, Xaime Fandiño, Alberto Dafonte, Miguel Anxo Fernández, Emilio García Fernández, Alberto Pena, Enma Torres, Xosé López, Manuel Gago, Xosé Pereira, Miguel Túñez, Antonio Sanjuán, José Juan Videla, Domingo Docampo e o equipo do Arquivo de Comunicación do CCG.

A irrupción da prensa gratuíta, a consolidación da rede, a implantación da televisión dixital terrestre, a polémica das concesións dixitais, a reivindicación dun lugar propio para a prensa local ou os cambios producidos na radio e na televisión de titularidade pública son as mudanzas máis salientábeis.

A normalización, antes na blogosfera ca nos medios

Xosé López falou da reordenación do sector, particularmente "no modelo de negocio e na multiplicación da oferta, nomeadamente radiofónica e televisiva". A multiplicación da oferta non contribuíu, porén, a que aumentase o emprego do idioma: quintando a aparición do xornal gratuíto LV, do grupo El Progreso, a iniciativa normalizadora parte da cidadanía: son as persoas usuarias da rede quen, por medio dos cadernos de bitácora, exportou o galego das páxinas institucionais ao uso público.


5/5 (3 votos)


Comentarios (1)

LOIS_DE_SILAN #1 24/Xullo/2007 LOIS_DE_SILAN

Amólame que me repitan unha e outra volta o que xa sei, o que xa todo o mundo sabe, o que calquera pode enxergar!

Gústame preguntar cales son as causas dos fenómenos e, se son problemáticos, cales son ou poden ser as solucións.

Infórmanos acaso o Consello da CULTUTA da Galiza verbo das causas do fenómeno que describe?, apórtanos o CCG algúnha solución para que mude esa realidade que semella valorar negativamente? Eu non as vexo; mais, coñézoas!!

Por que o CCG non di con clareza que na Galiza se VIOLAN SISTEMÁTICA E HIPERMASIVAMENTE OS DEREITOS LINGÜÍSTICOS da Comunidade Lingüística Galega e dos seus membros TAMÉN por parte das PERSOAS FÍSICAS responsábeis dos medios de comunicación.

Por que o CCG non di que na Galiza temos dereito a usarmos con normalidade e sen discriminación a lingua propia do territorio, e que isto significa ter interlocutores na nosa lingua en todas as situacións de comunicación lingüística, e sen necesidade de ter que pedilo, alegalo ou preitealo; como acontece en Castela verbo da súa lingua territorial propia!!!

Será que o CCG o único que pretende con este tipo de informes é xustificar, lexitimar a súa existencia, a súa comenencia? Que CULTURA é esa?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: