Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ceivar estuda denunciar o acontecido

Violentas cargas policiais deixan varios feridos en Compostela

De "indiscriminada" cualifican os afectados a carga policial sufrida por membros da Asembleia da Mocidade Independentista durante a noite do pasado martes.

Redacción - 10:00 26/07/2007

"Chegaron alí e arrasaron con todo; romperon material informático, carteis e levaron ou diñeiro que había", critica Óscar Gómez, voceiro do colectivo anti-represivo Ceivar.

Até tres veces e en distintos puntos da zona vella se produciron as intervencións da policía coincidindo coa convocatoria da Asembleia da Mocidade Independentista, AMI, que organizara a tradicional Rondalla en Compostela. Desde Ceivar critican en especial o acontecido na altura da Porta do Camiño, onde informan de que as forzas policiais dispararon balas de goma e bateron na xente, mesmo rachando un computador portátil e arramplando cos cartos recadados nun dos postos estabelecidos no lugar durante a tarde.

O colectivo anuncia que acumulará información sobre as persoas que resultaron feridas nas sucesivas cargas acontecidas no contorno da Praza do Obradoiro, Praza de Praterías, Praza de Cervantes e Praza 8 de marzo. "Estamos a traballar cun equipo xurídico para analizar a presentación de denuncias nos próximos días", comunican.

Máis información en Galizalivre.com. Tamén poden ver máis imaxes en Gzifoto.com.


4,62/5 (29 votos)


Comentarios (19)

O_Castrexo #1 26/Xullo/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero isto que é???!!! :(((

Meu Deus!!!

... o fillo de puta da chaqueta branca da 'posturita' que quede de pé e que nin se mova nin que faga nada eh! que teña coidao non vaia ser que lle caia o cubata!!
!!!!!!!!!!

OBSERVADOR #2 26/Xullo/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Essa foto é alucinante.

1) Mostra a violência policial no seu melhor: quando o "inimigo" está desarmado e arrasto pelo chão. Aí é quando repartem mais lenha.

2) Evidencia a actitude mais comum das pessoas hoje: salve-se quem puder, não vai comigo, "a mí que me registren" (e a ele que o matem a hóstias, se querem)

Onde estão as notícias sobre a manifestação independentista do dia 25?? Estava bem cheinha de gente.

Tarelo #3 26/Xullo/2007 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu non asitín, máis sen estar alí, quero solidarizarme c@s agredid@s. Para mín a actuación desproporcionada da Policía é un acto de apoloxía do terrorismo. Que pasa que se o fai o Estado, está ben empregado.

Eu non sei como os cidadáns non se dan conta de que dende que morreu Franco eiquí non cambou nada. Este tipo de actos non poden acontecer en democrácia. Rímonos dos paises latinoamericanos, pero moitas destas accións policias parecen propias da DINA (Chile de Pinochet). Dende o Estado convatese o pluralismo ideolóxico, hai que ser o PP, o PSOE, de IU ou (agora vese ben ser do...) BNG. A xustiza é cega e lenta. Os policías parecen novos, estaban de entreno, o Concello esqueceu colocar o cartaz "Zona de adestramento de cans", para avertir a xuventude independentista. Se foran neonazis ou da Falanxe, ninguén se metería con eles. O caso cidadán do cubata na man que non se inmuta, dame a sospeitar que non queda moito para que a calquera lle poidan pegar un tiro na caluga e ninguén o cuestione. Españois, Franco non morreu!. Está cada vez máis vivo!

IgnacioMargall #4 26/Xullo/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Escalofriante. La primera vez que vi la foto, en pequenho, pense que eran unos neo-nazis, cabezas rapadas dandole una paliza a alguien. Fue la primera imagen que me vino a la mente. Claro que a lo mejor no esta tan lejos de la realidad...

AntonCorsario #5 26/Xullo/2007 AntonCorsario
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De polis novos nada de nada, a min soltaronme un porrazo na praza de Cervantes por defender a unha rapaza que viña escapando deles, e o que me boureou foi un pañi de polo menos 50 anos que non podía nin falar do posto que ía.
Eu nen son militante de ningunha asembleia nen estaba a facer nada, estaba a falar cun colega ... de súpeto apareceu unha rapaza correndo cun madeiro detrás coa porra. O único que fixen foi meterme no medio e dicirlle san malos modos ó porco: "tranquilo, non lle pegues á rapaza"... revirouse e zoupoume un bo porrazo, e despois o fillo de puta faciame acenos de que me fora(repito, faciao con acenos porque levaba un peido que non se lambia)
Había unha chea de xente e ninguen fixo nada, nin chio deron. O porrazo non foi para tanto, o que máis noxo me deu foi a xente, que nen fixo nen dixo nada...

IgnacioMargall #6 26/Xullo/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Es que en el Estado Espanhol, en terminos legales, la palabra de un policia vale mas que la de cualquier otro ciudadano. Si tu les tocas un pelo, aunque sea en legitima defensa, aunque te esten matando, la cagaste. La gente tiene panico a verse envuelta en una reyerta con la pocicia, porque te pueden arruinar la vida.

aujardente #7 26/Xullo/2007 aujardente
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que foi indignante, mais que o trato dos pasmas, (que hai que lembrar que son descerebrados que cobran por dar ostias, máis que nada, e que lles dá igual pegarlle a un vello, que a un neno, que a quen sexa, con tal de que lle ordeen, co que non foi tan desproporcionada a carga, senón que tristemente foi o "normal", o que pasa sempre que veñen eses mamóns a calquera manifestación ou acto político máis alá dos programados polos seus "donos"), foi o pasotismo e mesmo o filloputismo dos turistas e composteláns, que se dedicaron a poñerlles a cambadela á xente que ía fuxindo dos cans pagados por Ameijeiras, e que logo non dixeron nen pío cando viron como golpeaban aos manifestantes, que deitados no chan levaban coma sacos de patacas. Os polis españois están para dar ostias a todo cristo, pero a xente podía apoiar alomenos aos que loitan contra as inxustizas... hai que foderse cos putos turistas do carallo! e cos daquí, tamén!

IgnacioMargall #8 26/Xullo/2007 IgnacioMargall
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Luego que que les cuenten a los ninos en las escuelas que la violencia es mala. Que la violencia no conduce a nada. Que toda violencia es injustificable. Excepto la violencia que ejerce el poder. Un millon de muertos en Iraq y Afganistan? Bueno, pero es que eran todos moros y terroristas. Y los que apalearon el otro dia en Santiago seguramente tambien. Despues de tantos anos de condicionamiento lo raro es que los turistas de la Espana de Paulov no aplaudiesen.

gz_nacion #9 26/Xullo/2007 gz_nacion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu son testigo presencial da carga que fixo a policia nas inmediacións da praza do obradoiro. Xusto saía de ver os fogos coma moita xente e o sair viramos cara a praza de praterias dende onde baixaba a manifa da AMI. Debian ser 20 ou 30 rapaces, moitos deles coa cara tapada con caretas blancas e antorchas (ao puro estilo Ku Klux Klan). Ían pola rúa berrando as suas consignas e facendo pintadas e foi cando, o ver os polis que estaban controlando a saida da xente do obradoiro varios dos manifestantes da AMI lanzaron as suas anteorchas cara a policia e a xente. Nese momento a rua estaba ateigada de nenos, maiores e toda clase de xente, e so debia de haber 3 miseros polis. Xeralmente estou en contra das cargas da policia xa que acostuman a ser esaxeradas. Pero neste caso pareceme ben que se pare unha manifestacion ilegal e claramente violenta cando o centro de Santiago esta repleto de xente. Considero que o titular e a propia noticia deberia de dar conta do tipo da manifestacion que era e non repetir o que din os informadores independentistas. Se queredes ver o "pacifica" que parecia a manifestacion entrade na paxina da AMI: http://www.ami-gz.org/index.ph...

guillerme #10 26/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A policía é un estamento necesario, pero policía galega. Só hai que ver que bandeira levan na chaqueta, a española, porque ao fin e ao cabo son un estamento represor de España e polo tanto no Día da Patria férvelles o sangue porque se sinten inferiores e ameazados, e así é como deberían sentirse todos os días en Galiza.
Solidarízome con todos os cidadáns galegos que recibiron a dura man de España.

guillerme #11 26/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quede claro que non me solidarizo cos que intentan rebentar a festa do noso país con actos violentos. Deixemos iso para España e nós defendámonos doutro xeito, con intelixencia e unión.

carlosroca #12 27/Xullo/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É penosa a reatroalimentación do chiringuito coa policia española.....

Gaviotero #13 27/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Enhorabuena a la Policía por tan brillante intervención defendiéndonos de los parásitos esos...

Obviamente, como siempre, ellos no hicieron nada. Estaban allí pacíficamente y de repente llegaron los policías que arrasaron con todo y les hicieron pupita a los niñatos esos...¡jajaja!

¡Hay días que uno lamenta no pertenecer a la Policía! :)

Gaviotero #14 27/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, guillerme, que quede claro también por mi parte que me solidarizo con todos los gallegos que recibieron mano dura de Galiza, como por ejemplo este señor:

http://www.elcorreogallego...

"¿Cómo vamos a construir un proxecto nacional hexemónico para Galiza con jóvenes que, en la noche del día 25 de Julio, con la cara tapada por una máscara o un pasamontañas -al más puro estilo de ETA-- y con antorchas encendidas en la mano, se dedicaron a meter el miedo en el cuerpo de los ciudadanos que regresaban de la Plaza do Obradoiro de presenciar los fuegos artificiales, por la rúa do Vilar, viéndose obligados a correr y a esconderse en cualquier portal o cafetería, asustados (especialmente muchas mujeres) como en los peores tiempos de la dictadura franquista?

Y no sólo se conformaron con asustar a la gente, sino que, como en mi caso particular, alguno se permitió dar una lección práctica de cómo ejercer la fuerza si algún ciudadano damuestra de disconformidad con su incívico comportamiento. Pues sí, señoras y señores, a mí se me ocurrió abrir la boca para decir que las cosas no se hacen así, que eso sólo lo hacen los niñatos y, claro, no me dio tiempo a decir más, porque se me echaron encima dos fieras enfurecidas, una de ellas de 1,90 metros de estatura, y me dejaron sus sucias huellas en la cara, en el costado y en el codo derecho; el teléfono móvil por el suelo y una mesa de terraza rota por la caída de mi cuerpo. Y mi mujer, histérica, presenciándolo sin poder hacer nada. Tampoco nadie se atrevió a ayudarme.

(...) Permítanme que oculte ¡qué tristeza¡ mi nombre y apellidos, por razones obvias (los que me atacaron gritaron: te encontraremos, al mismo tiempo que me amenazaban con el mástil de una bandera azul y blanca con una estrella en el centro, cuando vieron que la policía venía pisándoles los talones y no tuvieron más remedio que dejarme en el suelo y echar a correr), y baste con las señas de mi identidad que más arriba dejé expuestas."

baixominhisimo #15 27/Xullo/2007 baixominhisimo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

petencer a la policia? claro, sen uniforme -camisa azul- non vales nada, ou?
...36204....

AntonCorsario #16 27/Xullo/2007 AntonCorsario
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En resumo, máis o menos a mesma feira...

"¿Cómo imos a construir unha democracia para Galiza con policias que, na noite d0 día 25 de Xullo, coa testa tapada por un casco negro -al más puro estilo del fascio - y con porras ergueitas na man, adicaronse a mete-lo medo no cuerpo dos cidadáns que voltaban da Praza do Obradoiro de presencia-los fogos de artificio, na Praza de Cervantes, obligandoos a correr e a agocharse en calquera portal ou cafetería, asustados como nos peores tempos da dictadura franquista?

E non so se conformaron con asustar á xente, senon que, como no meu caso particular, algún permitiuse dar una lección práctica de cómo exerce-la forza se algún cidadán da mostra de disconformidade co seu incívico comportamento. Pois sí, señoras e señores, a min ocurriúseme abri-la boca para decir que as cousas non se fan así, que iso so o fan os niñatos e, craro, non me deu tempo a dicir máis, porque se me botou enriba unha fera enfurecida, de 1,70 metros de estatura (se estivera só, a ver quén boureaba a quén) , e deixou as súas suxas pegadas nas miñas costas. E a miña compañeira, presenciándoo sen poder facer nada. Tampouco ninguen atreveuse a axudarme.
(...) Permítanme que oculte ¡qué tristura¡ meu nome e apelidos, por razóns obvias (O que me atacou non falaba, estaba demasiado posto: faciame acenos, ó tempo que me ameazaba coa porra, cando viron que meteron a zoca, formaron e marcharon ó paso lixeiro), e chegue coas sinais da miña identidade que máis enrriba deixei expostas."

Con isto queda craro que os métodos da Policia son os mesmos, pero detrás dos seus uniformes e que a xente non fai nada... peguen úns ou outros

Gaviotero #17 27/Xullo/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Los que se sienten amenazados por la Policía en una democracia pero se sienten cómodos con los delincuentes deberían pensar si no son ellos ya, en parte, unos delincuentes.

guillerme #18 28/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por casualidade gaviotero, sabes de onde veñen os antidisturbios no día da patria? Pois aínda que non o creas de Valladolid e sabes por que? Porque hai anos os policías que hai habitualmente en Galiza ante a orde de dispersar á xente foron reticentes xa que consideraron que non había xustificación para cargar duramente contra a xente e dende esas mándanos de Valladolid de doutras zonas de España para asegurarse de que non teñen ningún tipo de afinidade con Galiza. Iso demostra, en primeiro lugar, que non buscan a paz, senón máis ben deixar quedar aos independentistas como violentos (para así facer un paralelismo con ETA e meter medo a posíbeis votantes); en segundo lugar, tamén demostra que eles mesmos son conscientes que se tés policías moito tempo aquí por unha simple afinidade van presentar sempre reticencias a dispersar de xeito tan violento á xente. En canto aos que ti chamas delincuentes, en caso de ser verdade (que pode selo, non poño en dúbida a túa palabra) só quero dicirche que todos os países desgraciadamente contan con eses problemas, ou non te lembras dos cabezas rapadas de España? ou os Latin King? ou os de Franza que queiman coches? Esta xente xorde xeralmente por frustación e ao fin e ao cabo é necesario combatilos pero tamén negociar con eles (para a súa reinserción).

redaccion #19 30/Xullo/2007 redaccion
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: