Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACUSAN UN XORNALISTA DE DIFAMAR AO REI E AO ISLAM

Malaisia quere converter en lei o control sobre os contidos dos blogs

Aquelas bitácoras con contidos considerados ofensivos poderían rematar na cadea sen xuizo previo.

Redacción - 11:21 26/07/2007

Os bloggers "irresponsábeis" que seica ameazan a "harmonía" de Malaisia publicando en internet contidos considerados ofensivos polas autoridades poderían terminar baixo prisión preventiva sen necesidade dun xuízo previo.

Así o dixo Nazri Aziz, xefe do gabinete malayo, cuxo anuncio se fixo logo da denuncia ao diario Malaysia Today presentada polo partido oficialista, segundo o cal un dos blogs máis lidos do país, pertencente ao xornalista Raja Petra Kamarudin, sería utilizado para insultar ao rei e ao Islam.

Kamarudin, quen é un dos maiores críticos da monarquía malaya, na súa blog describiu ao Islam como "unha gran mentira construída polos árabes, quen puxeron unha enorme roca (a kaaba) no medio do deserto".

As reaccións por parte das autoridades non se fixeron esperar e desde varios sectores do oficialismo acusouse a Kamarudin e aos bloggers en xeral de confundir a liberdade de expresión coa posibilidade de "difamar e insultar razas e relixións" e publicar "informacións equivocadas", como apuntou Najik Razak, viceprimeiro ministro.

As publicacións en liña en Malasia gozan dunha relativa liberdade en comparación ao control aplicado aos medios de comunicación tradicionais aínda que o arresto dun webmaster pertencente ao partido de oposición, rexistrado a última semana, e as acusacións contra Kamarudin fan pensar nunha nova postura por parte das autoridades nacionais.

Con todo, a postura do executivo foi criticada por expoñentes da mesma coalición de goberno como Toh Kin Woon, quen asegurou que o goberno non pode promover o desenvolvemento do país ignorando os dereitos humanos."Os dereitos civís e políticos como a liberdade de expresión, a disentir e reunirse son tan importantes como o dereito ao traballo, casa, sistema médico e educación", anotou en entrevista ao diario malayo New Straits Times, citada polo portal da cadea Al Jazeera.


0/5 (0 votos)


Comentarios (1)

O_Castrexo #1 27/Xullo/2007 O_Castrexo

Manda carallo...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: