Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Día de Galiza leva o asunto a primeiro plano

Touriño non reabrirá "sen garantías" a reforma estatutaria e o PPdeG pídelle que "dea o paso"

Non parece ser até despois das próximas eleccións xerais cando se retomen as negociacións para un novo Estatuto, segundo prognosticou o presidente da Xunta. Así e todo, o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, convidou a Touriño a abrir xa o diálogo.

Redacción - 09:00 27/07/2007

Un día despois de que o Día de Galiza levase de novo aos discursos políticos a necesidade dun novo Estatuto para Galiza, Emilio Pérez Touriño reiterou a súa confianza en que a reforma se poida acometer "máis axiña que tarde" pero dixo dubidar de que o PP vaia favorecer o proceso. O presidente da Xunta comentou que agarda que despois das próximas eleccións xerais se dea un apoio significativo nas urnas "ás forzas galeguistas que apoian a revisión estatutaria". Touriño subliñou que non se abrirá de novo un proceso que "conduza como anuncio ao fracaso da reforma". "Galiza xa viviu esta situación por un partido que impuxo o seu veto", laiouse. Así, asegurou que non meterá Galiza "nun camiño sen saída por unha lea política".

Na mesma xornada, o secretario xeral do PPdeG, Afonso Rueda, aseguraba que o seu partido podería retomar as negociacións sobre a reforma estatutaria se o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, "dá ese paso" e "invita" os populares a sentar a dialogar. "Nós xa nos manifestamos a favor diso. É Touriño quen dixo que volver falar disto é marear a perdiz", asegurou Rueda. Lembrou que despois do fracaso das negociacións entre os tres grupos a comezos de ano acordouse esperar ata despois das municipais para abordar a reforma. "Xa pasaron as eleccións e nós estamos dispostos a tratar este asunto", insistiu.

Por outra parte, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, reiterou o seu desexo de poñer en marcha as negociacións para a creación do Estatuto, pero salientou que o problema é o PP. Lamentou Quintana que a posición do PPdeG sobre o asunto sexa unha decisión que "non se vai tomar en Galiza, senón en Madrid". "O PPdeG non ten autoridade abondo para definir unha estratexia propia que lles permita falar para facer un Estatuto de todos e de primeira", reprochoulles. Quintana advertiulles aos populares de que os cidadáns "están fartos de que a dirección do PP en Madrid condene continuamente a Galiza a ser un país de segunda, a intentar romper todas as nosas oportunidades e a desfacer os soños de miles de galegos", acusou.


3/5 (2 votos)


Comentarios (4)

Tino #1 27/Xullo/2007 Tino

A ver cal vai ser a estratexia do PP?
Chegar a consenso cos outros partidos para despois poñe-los a parir dicindo q non se tiveron en conta as suas achegas?
Son falsos, non se lle pode crer nada!
Velaí o decreto do ensino.

O_Castrexo #2 27/Xullo/2007 O_Castrexo

Ufff! o que se nos ven enriba outra vez...

Eu só espero desta vez que deixen o debate nominalista de se España nos recoñece como nación ou non nos recoñece como nación e se preocupen máis polas competencias gobernamentais porque desgasta moitísimo e non leva a ningures.
Eu quero un estatuto de nación na práctica e non só na teoría.

guillerme #3 28/Xullo/2007 guillerme

Que se deixen de estatutos e comecen a traballar polo país para acadar o que debe ser o obxectivo final, a independencia. O exemplo máis claro de que un estatuto é absurdo é o caso de Escocia que pronto presentará un proxecto para lograr a independencia e levan menos de 10 anos con parlamento propio e nós que levamos máis de 25 anos... estamos pensando en estatutos; iso non está ben, iso non serve para nada.

Gaviotero #4 28/Xullo/2007 Gaviotero

Yo no quiero nuevos Estatutos para tener más cargos autonómicos que no resuelven nuestros problemas. El actual Estatuto ya me parece una porquería.

¡¡¡Devolución de las competencias a la Administración Central YA!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: