Presentáronse no Club Internacional de Prensa, na mañá deste sábado os datos máis destacados da última enquisa sobre O Clima Social de Galicia.
O secretario xeral de Análise e Proxección da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Rivera Otero, salientou, xa a o comezo, que o material fora entregado unha hora antes aos grupos parlamentarios: "reciben a matriz pura de microdatos coa que traballamos nós, de xeito que poidan facer a súa análise particular". Salientou tamén que o estudo ten unha característica especial, ao ser realizado nun momento postelectoral, e incidiu especialmente que non se deben confundir as respostas á enquisa cos feitos reais: "o que se tenta medir son as percepcións e sensacións xerais da xente".
A seguir repasou o novo informe trimestral e transmitiu o clima de optimismo sobre as situacións económica e política: un 30.1% da mostra cualifica a situación económica galega actual de Galicia como boa ou moi boa, fronte a un 27.3% que a ve como mala ou moi mala. En canto á situación política, un 35.5% dos consultados considéraa moi boa ou boa, fronte a un 20.5% que a cualifica como mala ou moi mala. Ademais, as previsións de futuro e a percepción con respecto ao trimestre anterior melloran, "un elemento destacábel", como indicou Rivera Otero: "a cidadanía percibe unha melloría e confía en que vaia a máis".
Descende considerabelmente a preocupación sobre o emprego
Segue a ser o principal problema para os galegos, pero baixa nada menos que 13 puntos con respecto ao ano pasado (está nun 24,1%): "Só un de cada catro galegos sente que o paro e o relacionado co traballo son as principais problemáticas de Galiza, cando hai un ano eran a metade da poboación", indicou Rivera. As preocupacións dispersáronse cara outras cuestións, entre elas a vivenda (que si subiu 2 puntos con respecto ao ano anterior, cun 9 %), a sanidade (6,1%) ou as baixas retribucións salariais e a carestía da vida (3,7%).
"Nunca tan poucos galegos pensaron no traballo como principal problema", indicou o secretario xeral, "o que demostra que algo está cambiando na nosa percepción do país". Explicou que se os datos do paro indican descenso, a percepción da cidadanía non sempre é tan optimista, e o feito de que baixase tanto a preocupación sobre o mundo laboral "é sintomático de que deixamos de sentírmonos país subvencionado, comunidade pobre. Iso nótase nun cambio de cultura do mundo do traballo, hai máis risco, maior iniciativa empresarial".
Os partidos políticos a exame
Na valoración dos líderes políticos galegos, Emilio Pérez Touriño, segue a ser o líder mellor valorado, cunha valoración media de 5.78. Séguelle, Anxo Quintana, cun 5.29, e finalmente, o líder da oposición e voceiro do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, cunha valoración de 4.34. Ademais, o 59.1% dos galegos aproba a xestión do actual goberno da Xunta de Galicia, "uns niveis altísimos".
O goberno autonómico é a institución mellor valorada polos galegos, cun 36.7%, e ademais, o 49.8% dos entrevistados afirman estar moi ou bastante satisfeitos co funcionamento nos últimos anos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O estudo tamén reflicte que as políticas galega e a municipal son as que máis interesan os galegos, cun 56.3% a quen lles interesa moito, bastante ou algo a política municipal e un 55.6%, a autonómica. Detrás séguelles a política española, o que "demostra a consolidación autonómica", segundo Rivera Otero: "a través de días vertentes, por unha parte en canto ao ámbito competencial da autonomía con respecto ao do Estado, e pola outra, en canto á forza ou capacidade de empatía e de representación do goberno galego".
Despois das eleccións
O secretario incidiu especialmente en non tomarmos os datos intencionais como reais, xa que " a xente tende a dicir que votou a partidos cara aos que está efectuando a súa transición de voto". Cambia moito a vontade de participación da acción diferida.
O que si cabe salientar é que a maioría dos galegos e galegas están satisfeitos co resultado das eleccións municipais, tanto globalmente como no seu concello. En canto ás razóns do voto, case un terzo dos enquisados afirma que vota co candidato ou candidata á alcaldía como máxima motivación.
Un apartado en que a enquisa incidiu especialmente foi nas cifras de abstención, abstención deliberada e consciente en particular. A este respecto, "o PSOE e o PP foron os partidos que máis sufriron os efectos da abstención", con cifras próximas ao 20 %, mentres que só o 8% das persoas que se abstiveron afirman que o seu comportamento habitual era votar ao BNG.
¡Jajaja! Muy bien, muy bien, Manoliño, ¿nos pasas los datos de la encuesta? ¡Ah! ¿Qué no los tienes? ¿Que te has inventado los datos? ¿Que te la pidieron los jefes? ¿Que eres un estómago agradecido (ver foto para confirmar)?...
Oye, Manoliño, ¿y por qué ahora te haces llamar Xosé Manuel cuando toda la vida fuiste José Manuel o Manoliño?
A pergunta nº 33 explica todo o inquérito. O PSdGa ja leva umas cuantas nesta linha: deben facer um 20% ou 30% mais de entrevistas e logo eliminam umas cuantas até a porcentage dexesada em funcião da pergunta nº 33. Neste caso quedarom com 2002 pessoas.
Moi pouca credibilidade, un estudo feito sen independencia e rigor.Paga quen paga e dise o que quere escoitar o que paga.Voltamos aos tempos do silencio informativo, dos apagons,de medios de comunicación comprados polo poder, xornalistas sumisos e agradecidos, ao medo a publicar denuncias contra os que gobernan, a estomagos agradecidos e amanuenses dos que mandan.Moita pena. Van alo dous anos perdidos e nada feito.Ou si perdon, centos de patrocinados nos gabinetes da Xunta, outros tantos colocados a dedo en chiringuitos e seagas,galescolas,consorcios, e agora o decretazo que non poido aprobar Fraga no estertor do seu mandato, van os parlamentarios do PSOE e do BNG e o aproban.Todos unidos, todos o mesmo para autoasignarse un salario millonario para a toda a vida, ainda que se perdan as próximas eleccións QUE MAIS DA TODOS VAN COBRAR IGUAL QUE SI ESTIVERAN GOBERNANDO!!!!
Ribeira Outeiro
Não dão credibilidade nenhuma aqueles políticos ditos "nacionalistas" que insistem em manter as formas espanholizadas dos seus apelidos.
Observador, Petene (o inteirado de gaviotero di que lhe chamaram Manolinho "toda a vida"... este impresentável é ignorante até na sua pobre base de dados) Rivera Otero nunca foi nacionalista, todo o contrário. É sociata até o miolo, é por isso valora o que valora...como já figera na Universidade, muito questionáveis sempre os seus trabalhos de inquéritos. Eu até diría que um pacovazquiano camuflado...Desconfio então que por isso não vai mudar nunca o seu nome...
Pues claro que es sociata de toda la vida y claro que este no ha sido Xosé Luis hasta que le dieron un carguito, por eso de parecer galleguista, que es lo que está de moda en el socialismo gallego esta legislatura (ya veremos la que viene...)
No obstante, se le ve en la pinta que es sociata...
Por cierto, o_de_remedios, aprende a leer. Que yo nunca dije que este tipo fuera nacionalista. A impresentable e ignorante no me ganas tú, te lo aseguro...
Não Senhor/a Gaviotero, o posto de impresentável vai-o ganhar voçê sempre.
Porque tú lo digas, borrego seudoportugués...
IMPRESENTÁVE O SENHOR, VOCÊ QUE TANTO GOSTA DAS RIMAS FÁCIS, BORREGO RIMA COM Gaviotero E NÃO COM TEIXUGO. Cuñaaaooo!
PEÇO QUE SEJA ELIMINADO O COMENTARIO DO emgalego E NÃO SO AGORA SENÃO TAMBEM NO FUTURO E SE VEJA SE TEM ALGO A VER COM O GAVIOTERO AND Co.
Obrigado, o de remedios. Agora entende-se tudo melhor. É Rivera Otero por la gracia de su Majestad El-Rey.
De nada,Observador.Deve ser assim,trepas até a majestade.
Gavi,tranquilo hombre.Sei ler,sei ler.Mas também tenho compreensão do lido,repara:"A impresentable e ignorante no me ganas tú,te lo aseguro...",era para a minha pessoa... repara bem no que escreveste, lé-o duas,tres vezes se for precisso.Senta na beirinha da tua dessordenada cabeça,reflexiona.E talvez,logo de umas horas entendas que finalmente te assumes como tal.Se não chegas ao nível disto...como entenderás cousas mais difíceis?:-)
A pé desta información foi borrado un comentario:
En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.
Pois já eram horas...obrigado, amigos!
O outro 40% opositamos ao corpo de mestres e profes de secundaria, odiamos aos sindicatos e preferimos o proceso selectivo a dedo sen pagar tasas e sen engano algún. Somos máis novos que os interinos de dez e, algún día, queremos ser representados por un goberno de esquerdas que crea no ensino público aposte pola súa calidade e non baixe os pantalóns ante os máis acomodados traballadores (liberados a papo cheo)
Coincido plenamente con lo dicho por la redacción y me comprometo a no caer en la descalificación personal aun cuando reciba dichas descalificaciones por parte de otros participantes en estos foros.
En lo que a mí respecta tengo que destacar la total libertad con la que participo en estos foros de Vieiros, aun cuando mi opinión sea claramente discordante con la línea editorial del propio Vieiros y con la opinión general de sus lectores.