Desde o peirao mugardés saíu este domingo unha marcha cidadá que camiñou até á porta da Casa do Concello, onde hai unha semana que se encerrou un grupo de veciños.
Este luns, os veciños suman unha semana desde que o pasado 23 de xullo decidiran iniciar un peche no Concello de Mugardos en protesta polas dificultades para accederen a información sobre o plan de emerxencia da planta de Reganosa.
Organizados a través da plataforma de veciños O Cruceiro, hai xa anos que presentaran alegacións ao proxecto, alertando de que a regasificadora se estaba construíndo apenas a 80 metros da casa máis próxima.
En convocatoria do Comité Cidadán de Emerxencia, cazolos, tambores e gaitas soaron este domingo no lugar en apoio da mobilización.
Non sei cando o conseguirán, pero teñen q buscarlle unha solución con data concreta.
Si, pero o preocupante é como minguan os efectivos, 250 persoas en representación de 60 colectivos.....
A que agarda a sociedade ferrolá a sumarse masivamente ás mobilizacións.
Repito, onde está o goberno municipal solidarizandose? Onde están os grupos de PSOE e IU apoiando.
¿Que onde está o PSOE? ¿Pódese estar máis desinformado da realidade política Mugardesa?
Onde está o PSOE que ten todas as posicións posibeis: polo peche, polo traslado sen peche, e o que aprobou a instalación.
Eche igual en todas partes: nunca sabes cal é a súa posición sobre as cousas, son puro oportunismo....
Creo que estou moi moi informado do PSOE, e eche igual en todas partes...