Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG recorre ao TSXG

Queren impugnar a orde que regula a relación laboral do profesorado de relixión

Xa en desacordo con que a relixión figure no currículo escolar, dende a CIG-Ensino consideran "totalmente inaceptábel" o procedemento de selección do profesorado.

Redacción - 17:13 30/07/2007

A CIG-Ensino presentou un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) para impugnar a orde publicada o 24 de xullo pola Consellaría de Educación que regula a relación laboral do profesorado de relixión, tras non aceptar a Xunta as súas propostas na Mesa Sectorial de Educación.

Segundo esta nova orde, os mestres de relixión serían escollidos pola autoridade relixiosa, e non por Educación, que só se dedicaría a dar a declaración de idoneidade aos candidatos propostos pola Igrexa.

Segundo destaca a CIG Ensino nun seu comunicado, emitido na segunda feira, "Este sistema anómalo de contratación é inasumíbel ao non garantir, nin sequera, os mínimos dereitos laborais de calquera sociedade democrática e estar suxeitos os traballadores a cuestións valorativas, baseadas en criterios morais reaccionarios",

Só son mestres de relixión

A CIG Ensino tamén amosou a súa desconformidade con que estas persoas, escollidas pola Igrexa para daren clases de relixión, poidan desempeñar outras funcións, como garante Educación, "para as que non foron contratados" e que corresponden unicamente ao resto do profesorado que accedeu polo sistema ordinario, tras pasar unhas oposicións públicas.

Estas funcións serían facer gardas co alumnado, titorías cos pais e nais, e dinamizar a convivencia escolar, entre outras, polo que, segundo a CIG Ensino, podería darse o paradoxo de que houbese alumnado non demandante de clases de relixión, que tivese como titor ou titora un mestre ou mestra de relixión.


4.88/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: