Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Analiza a actuación do executivo en 2004

O informe do Consello de Contas critica a xestión da Cidade da Cultura no goberno anterior

Fala de falla de planificación, ocultismo na comunicación do proxecto, falla de conexión co sector cultural de Galiza e ausencia dun verdadeiro proxecto cultural.

Redacción - 17:34 30/07/2007

Refírese en concreto á xestión desenvolvida pola Fundación Cidade da Cultura dende o seu nacemento en 1999 até o 31 de decembro de 2004. Co cambio de goberno, en agosto de 2005, a Consellaría de Cultura e Deporte tomou o relevo e comezou o deseño dun proxecto cultural: substituíu o sistema de relatorios asesores, e implicou ás principais institucións culturais do país (o Museo do Pobo e o Consello da Cultura entre elas).

Estabeleceuse un proceso participativo, de xeito que 240 representantes de todos os sectores da cultura e da ciencia en Galiza foron parte durante semanas dun diálogo aberto: persoas profesionais e expertas das artes escénicas, música, lingua, literatura, artes visuais, cultura e sociedade, audiovisual, cultura tradicional, cultura científica, creación en Internet e música clásica.

Actualmente a Cidade da Cultura conta cun proxecto de contidos que foi exposto pola conselleira Ánxela Bugallo perante o Parlamento de Galicia o día 27 de decembro de 2006, e pode ser consultado publicamente na páxina web da Consellaría e da Fundación.


4,86/5 (7 votos)


Comentarios (5)

DanielErreCe #1 31/Xullo/2007 DanielErreCe

Moitos cidadáns (coido que sobre todo os que apoiamos cos nosos votos aos partidos do goberno actual) seguimos percibindo o proxecto da cidade da cultura como un gasto enorme e contraproducente que ten unha difícil continuidade se o que tentamos é un cambio real para Galiza. O futuro da cidade debúxase para moitos de nós como unha lousa máis que como unha oportunidade. Todas as noticias que xera a maldita cidade son negativas e moito me temo que así seguirá sendo. Os custos son tan mastodónticos que un acaba pensando nas listas de espera do sistema sanitario, a eivas da rede viaria, do sistema educativo, da cultura galega de base... paro por non aburrir...

Os responsábeis actuais van telo moi cru para darlle viavilidade críbel a este monstro e algúns cremos que seguramente calquera decisión signifique un lastre. Para pórlle un pouco de orde popoño: 1. usar este informe do Consello de Contas como argumento para pedir responsabilidades, non só políticas, se cadra xudiciais tamén, ás persoas que impulsaron o proxecto. 2. un compromiso do goberno galego de que non vai gastar máis do estritamente necesario marcando un tope orzamentario viable e acaído ao país.

ulo #2 31/Xullo/2007 ulo

E ninguen vai ir a prision polo que é o roubo descarado dos fondos de todo.
Se Touriño, Quintana e demáis seguen ser tomar nengunha medida contra os responsabéis, é dicer, o PP, fanse complices da desfeita, son máis culpabéis que eles.
Primeiro foi a negativa do PP a declarar o 14N día da dignidade, non fora que alguén lles pasara contas. E o PSOE e o BNG aceptaron.
Logo, o PP logrou que Galiza non tivera estatuto de Nacion. E o BNG e os PSOE aceptaron.
Máis adiante, a normalizació do galego queda para as calendas gregas (porque o 50% non é normalizacion).
Máis, Reganosa, o proxecto de Tojeiro/Fraga, é imposto e defendido polo PSOE, xa o sabiamos, e o BNG; non o sabíamos, pero agora o sabemos.
O PP falsifica documentos para o apoio "voluntario" en Euskadi e aqui non pasou nada. FALSEDAD DE DOCUMENTOS É UN DELITO MOI GRAVE.
E o final, a Cidade da Cultura, que ten hipotecada, no só a cultura galega senon moitos proxectos, convirtese na derradeira claudicacion do bipartito ao PP.
Nas manifestacions de Nunca Máis (asesenada polos que a dirixiron) berrabase "ilegalizar o Partido Popular". E non era nengunha casualidade.
O Bipartito do PSOE e o BNG estanse a convertir nos salvadores do partido da guerra e o chapapote.
Se deixan pasar o roubo da Cidade da Cultura, son iguais que eles.

ulo #3 31/Xullo/2007 ulo

E non falemos da xustiza, tan rapida no secuestro de revistas, no encarceramento de de Juana Chaos ou de procesamento a sindicalistas (Candido e Morala en Asturias), ou historiadores (D Pereira).
Mais ainda non actuou contra nengunha dos delictos cometidos polos PP, porque a xustiza nin é cega nen igual para todos. Uns teñen patente de corso para facer o que lles pete, co aval dos gobernos, e outros non poden nin falar.

DanielErreCe #4 31/Xullo/2007 DanielErreCe

Por certo, a ver se alguén me pode explicar para que serve o actual Consello da Cultura. Onde estaban cando Fraga decidiu impulsar a cidade? Ao mellor don Manuel non lles pediu o seu asesoramento, pero a obriga do Consello é asesorar ás institucións galegas en materia cultural. Se houbo informes do Consello da Cultura a respecto deste proxecto nos seus inicios, por favor, publíquenos... Se non os houbo, que expliquen por que non exerceron as súas competencias, porque orzamento si que teñen (este ano máis de 6.000.000 de euros).

Se non aclaran estes extremos, o Consello da Cultura é cómplice necesario (aínda que non suficiente) deste proxecto desastroso. Un motivo máis, entre moitos, para acometer urxentemente a reforma deste organismo.

moledo #5 31/Xullo/2007 moledo

Também nom houvo muita coerência entre os que participaram naquele comité de agentes culturais que ia estabelecer o que se fazia coa Cidade da Cultura. As suas conclusons foram patéticas e em nada ajudaram nem para reformular o projecto e menos para o contestar, cousa que, já agora, logo sim faziam em petit comité alguns dos seus membros. Os mesmos que foram convidados pola Conselharia a aportar ideias para fazer ou desfazer logo apanhavam a Voz (casualidades, desde há apenas dous anos o chicote da Cidade) e diziam, olha, olha, isto é o que eu lá disse. Ou ainda, eu lá nada disse, mas tudo é umha merda, e pérolas assim... Neste pais há muito conto progre de petisco chachi, muito duplo interesse e muita gana de nom se molhar em nada que nom sejam as praias das Caraíbas.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: