Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Como é o "pirómano galego"?

Os detidos por incendios forestais serán entrevistados por psicólogos para determinar o seu perfil

O fiscal galego contra incendios observou "semellanzas" entre o incendiario galego e o portugués e apelou a "aprender" dos veciños.

Redacción - 18:44 30/07/2007
O pirómano galego aseméllase ao portugués

O pirómano galego aseméllase ao portugués

Tras a súa reunión cos seus homólogos portugueses, o fiscal coordinador contra incendios forestais do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Álvaro García Ortiz, dixo que as persoas detidas relacionadas cos lumes provocados, serán a partir de agora, sometidas a probas psicolóxicas para determinar o "perfil do pirómano galego".

Na súa xuntanza da segunda feira cos portuguesas en Tui, os galegos tamén comezaron a elaborar un cuestionario tipo que han presentar aos detidos; un primeiro paso para determinar o perfil dos incendiarios. Tamén intercambiarán datos da campaña de verán de ámbolos dous países, que segundo destacou García Ortiz, "comeza xa".

Conforme vaian evolucionando as investigacións cos posíbeis detidos deste ano, uniranse a elas expertos universitarios en psicoloxía, como os da facultade de Santiago, entre outras institucións, co obxectivo único de "perseguir, previr e tratar" os pirómanos de Galiza, para poder actuar "de xeito inmediato", tentando que non se volvan queimar as máis de 82.000 hectáreas de monte galego que arderon o ano pasado, nos primeiros quince días de agosto.

Os pirómanos portugueses parécense aos galegos

Segundo a psicóloga portuguesa e participante na reunión, Susana Sueiro, non existe o "pirómano" como tal, xa que, os estudos científicos sobre os lumes provocados realizados no seu país conclúen que as persoas que queiman os montes fano por motivacións como "a vinganza, a busca dun ben particular ou por enfermidades mentais", tal como no caso dos galegos.


0/5 (0 votos)

Comentarios (4)

dalai #1 30/Xullo/2007 dalai
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

se o teñen tan claro para que fan o perfil? TOTAL

guillerme #2 30/Xullo/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Perfil: asasinos, homicidas.

Sara_Mago #3 31/Xullo/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Entom, temos que crer que a maioria dos que queimam o monte som piromanos? Homem, casos patologicos som, mas provavelmente de cobiza...

BonKarallan #4 4/Setembro/2007 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Perfil: Besta que goza queimando.

Que raro. Eu crin que os pirómanos portugueses botábanlle auga ao monte en lugar de lume.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: