Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Opinión polémica sobre o ensino en galego

CIG Ensino e a Mesa esixen explicacións sobre as declaracións do novo Valedor do Pobo

A respecto das palabras de Benigno López González en dúas entrevistas que saíron publicadas esta mañá, os dous colectivos xa se pronunciaron con preocupación.

Redacción - 19:42 31/07/2007

A CIG-Ensino, pola súa parte, considera "moi graves" as declaracións do novo valedor do pobo en canto ao galego no ensino: "Se a un neno se lle suspende polo galego, colleralle odio", e outras indicacións do valedor que aconsellaban "non apurar a situación".

En opinión da CIG Ensino, é inapropiado de vez "que a persoa que deberá velar polo cumprimento da lexislación vixente, tamén en materia lingüística, faga unhas declaracións prexuizosas e propias dun individuo colonizado que lle nega ao noso idioma o lugar que lle corresponde e que mesmo lle nega o status que ten xa calquera lingua estranxeira no ensino".

Consideran que perante as opinións manifestadas, o Parlamento galego debería retomar o seu nomeamento. "Até agora ningún Valedor do pobo sustentara unha opinión tan prexuizosa sobre o noso idioma", afirman, "cando se debera de preocupar da desgaleguización do ensino e da perda de galego falantes dentro da mocidade galega".

A Mesa esixe a rectificación


A Mesa pola Normalización Lingüística, pola súa parte, esixe que "rectifique publicamente e con carácter inmediato" as súas afirmacións. "Atacan gravemente a convivencia e os dereitos lingüísticos recoñecidos pola lexislación".

A organización cidadá reclámalle ao Valedor investir o seu cargo en "asegurar a defensa decidida dos dereitos lingüísticos da cidadanía" , e lémbralle que todo o que el "parece cuestionar" é parte dos consensos lingüísticos vixentes en Galiza dende a Lei de Normalización Lingüística de 1983.


4,95/5 (22 votos)


Comentarios (11)

OBSERVADOR #1 31/Xullo/2007 OBSERVADOR

Claro, como o galego não vale para nada (esse "galego" RAGoso) como se vai reprovar a uma criança nessa matéria??? Seria de tolos...

Boedense #2 31/Xullo/2007 Boedense

Vaia argumento tan pobre!!!!

Se a un neno lle suspenden as matemáticas tamén lle collerá odio. Haberá que aprobalo entón para que non lle profese xenreira ás Matemáticas? Con bo pé empeza o novo Valedor do Pobo. Quen o escolleu?

Xiurisma #3 31/Xullo/2007 Xiurisma

vaites, é ben curioso. ollade en que insisten nesta nova da Voz http://www.lavozdegalicia.es/g...
Asimismo, el magistrado está en posesión de todos los cursos de gallego, y el conocimiento de este idioma, como lengua cooficial del Estado, le fue reconocido como mérito preferente por Acuerdo de la Comisión Permanente del Consejo General del Poder Judicial de 21 de diciembre de 1998.

Tino #4 1/Agosto/2007 Tino

Comeza con mal pé este homiño.
Alguén imaxina a directora do Observatorio da Muller dicindo: ,,Como algunhas mulleres son moi pesadas, non me estraña q o seu home lle bata ou chegue a algo pior".
Pois estas declaracións xa foron feitas por algun cura...
A quen vai valer este Valedor? Aos asoballados q falan castellano porq todos os medios están en galego? Por termos toda a publicidade, os contratos, os xornais, etc, etc, en galego?
Cando chegue ese dia seguro q estarán tan asoballados coma nós.

trasdosrios #5 1/Agosto/2007 trasdosrios

Outro ignorante máis nun cargo político importante que non ten a capacidade de deixar unha pequena marxe de tempo entre o que pensa e o que di para poder reflexionar.

De todos os xeitos deberiamos ser suaves nas nosas apreciacións, non vaia ser o demo que esta persoa tan cualificada lle colla odio ao galego e bote por terra todas as leis que tratan infrutuosamente de protexelo.

Como non fagamos algo os falantes, esta xentiña política que só fala o galego cando sae na tele...

fingoi #6 1/Agosto/2007 fingoi

Recollido do refraneiro castelán: "Gente inculta y majadera, con el cerebro carcomido por el germen de la puñetera ignorancia".

OBSERVADOR #7 1/Agosto/2007 OBSERVADOR

Ah, ah! Como não façamos algo os falantes/escreventes... Pois é. Isso mesmo.

Mas FAÇAMO-LO JÁ!

trasdosrios #8 1/Agosto/2007 trasdosrios

E se denunciamos o valedor do pobo por incompetente perante o valedor do pobo, "autotomaría medidas contra si mesmo"?

mceleiro #9 3/Agosto/2007 mceleiro

Som os de sempre. Agora sentem-se fortes e já nom dissimulam.

LOIS_DE_SILAN #10 6/Agosto/2007 LOIS_DE_SILAN

Non vos creo que un incapaz, non só para Valedor do Pobo, senón tamén para ser maxistrado (se ten que exercer algún deses cargos é mellor que non exerza de maxistrado) deba expresar ningunha rectificación formal se foi escollido unanimemente polo tripartito parlamentar (BNG, PSOE, PP); pois, as manifestacións dun incapaz negando a súa incapacidade carecen de eficacia.

O que teñen que facer os do tripartito parlamentar évos declarar a MANIFESTA INCAPACIDADE do Sr. Benigno López González para o cargo de Valedor do Pobo, recoñeceren así o seu erro de vulto e procederen á escolla de outra persoa idonea para a alta comisión ou encomenda de defensa dos dereitos fundamentais dos galegos nas súas relacións coas Administracións públicas.

Claro que os do tripartito parlamentar tamén poden demitir eles, ou arredaren dos seus cargos públicos os membros dos seus grupos parlamentares que incorreron na irresponsabilidade de escolleren un iusanalfabeto lingüístico para o cargo de Valedor do Pobo!

O que non vos procede é pretender pedir,esixir, esperar,....rectificacións formais do Sr. Benigno por parte de quen o escolleron e para mascararen a súa irresponsabilidade na escolla.

ovendedorambulante #11 11/Setembro/2007 ovendedorambulante

Ei, Valedor:
E segundo a túa maneira de pensar, non estaría ben reducir as materias dadas en castelán? Porque tamén, se a un neno lle suspenden polo castelán... vaille coller teima ao castelán, despois!
Sinceramente, penso que para un cargo como o de Valedor non se pode ser tan político como es ti. Tes de comprender a realidade do pobo e o que hai debaixo desa realidade. E para iso, cómpre seres intelixente e seres sensíbel, calidades que ti non tes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: