Laura Sánchez Piñón amosa abraio, porque a norma reproduce en letra e espírito o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) de 2004. Amais, á conselleira quédanlle dous anos de lexislatura para desenvolver -entre a LOU e Boloña- a reforma das universidades galegas. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Quico López.
Alberto Núñez Feijoo e a plataforma "Tan gallego como el gallego" desmenten o romance. Con todo, entre os dous deron armado o simulacro dunha ditadura monolingüe, verbo do Decreto de Promoción do Galego no Ensino. Diante desta controversia virtual, Laura Sánchez Piñón amosa abraio, porque a norma reproduce en letra e espírito o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) de 2004. Amais, á conselleira quédanlle dous anos de lexislatura para desenvolver -entre a LOU e Boloña- a reforma das universidades galegas. Unha entrevista de Aurelio Castro con fotografías de Quico López.
Ao último de todo, Núñez Feijoo rexeitou o Decreto de Promoción do Galego no Ensino por non respectar o ditame do Consello Consultivo. A que aspectos facía referencia?
Do Consello Consultivo non quero facer valoración ningunha. É un órgano, coma o seu propio nome indica, de consulta. E coma con calquera outro decreto, podemos aceptar ou non as súas consideracións. O borrador de febreiro, co que estivera de acordo o PPdeG, non resultou modificado en nada substancial. Como é lóxico, durante a súa tramitación foron introducidas algunhas aclaracións e melloras xurídicas, sempre en aras do consenso, do Servizo de Igualdade, do Consello Escolar de Galicia, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e dos tres Grupos parlamentarios. Tiñamos todo un articulado redactado, un anteproxecto que non mudou no seu contido. As explicacións ha de achegalas o PPdeG.
Amais, semella totalmente coherente co Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNG), aprobado unanimemente polos tres partidos en 2004.
O Decreto consiste, de feito, en pórlle ao Plan unha norma no ensino non universitario. Tan claro coma iso. Tanto, que na parte final vai un anexo co anaco do PXNL que atinxe a educación. E tramitouse con todas as garantías xurídicas porque, coma os outros decretos, pasou polas mans da Asesoría da Xunta. Logo hai informes que non son vinculantes, que se acatan ás veces polo aquel dun maior consenso, só se se quere. Seguimos agardando a que o PP nos dea o seu apoio.
O Decreto regula que, cando menos, un 50 % das aulas se impartan en galego. Non é tal obxectivo compatíbel co chamado bilingüismo harmónico?
Está no Plan, así redactado. Se un le o Decreto, no final de cada apartado -infantil, primaria, secundaria e bacharelato- sempre se garante que o estudantado ha de ter a mesma competencia nas dúas linguas, galego e castelán, ao remate do ensino obrigatorio. Esa é a filosofía que nos une e a que se persegue. Volvo dicilo: non hai ningunha razón obxectiva para que o PP non o aprobe.
Se cadra o problema radica en que, tras anos de desleixo, á fin parece que se vai cumprir o PXNL en escolas e institutos?
Non, porque a redacción do Decreto nace dun Plan que compartiamos os tres Grupos. O papel da inspección xa aparecía no borrador de febreiro e non foi motivo de disputa, nin o está a ser agora. Mentres non se nos indique unha razón de peso, o PP ten que defendelo, tanto coma o Goberno. Os seus votantes non o entenderían.
Un feixe de profesores e pais veñen de recoller sinaturas en contra do Decreto. Que importancia lle outorga a Consellaría a esta iniciativa?
Ningún centro, dirección ou profesor nos comunicou de xeito oficial o seu malestar. O Decreto coñécese dende febreiro, era un realidade. As programacións do curso vindeiro, o encargo dos libros, xa sinalaban este novo feito no sistema educativo. E non houbo mentres ningunha queixa. Hai por aí unha plataforma, da que se desmarca o PP e viceversa, e sobre a que me vou gardar a opinión. Esta Consellería, a través dos órganos de representación dos profesores, da Xunta Autonómica de Directores, das organizacións sindicais, das asociacións de pais -tanto de colexios públicos coma privados-, non detectou ningún problema, ningunha preocupación. Ningunha voz en contra.
Por que xurdiu daquela todo este barullo, tan mediático coma inédito?
O sistema educativo está esperanzado co Decreto, porque o cre bo. Ter dúas linguas é unha riqueza. Un dos obxectivos de Europa é o multilingüismo: que cada cidadán fale dúas linguas máis unha outra. E diso estamos máis preto en Galicia que noutros lugares de España. Todos os estudos apuntan que os nenos bilingües dispoñen de mellor capacidade para a aprendizaxe en xeral e aínda máis, para outras linguas. E neste país todo isto estano a rebater, algúns, por descoñecemento. O número de horas para as linguas galega e castelán son as mesmas, catro e catro, mentres que en Andalucía, por exemplo, só teñen catro de castelán. É unha polémica baseada no descoñecemento e no medo -a palabra ignorancia paréceme moi forte-. O bilingüísmo produce medo e nós temos que difundir que se trata dunha vantaxe, que cómpre aproveitalo.
Inquiétalle á Consellería que se utilice o galego deste xeito, para encirrar?
Creo firmemente que non vai haber ningunha crispación. En primeiro lugar, porque non se aprecia no sistema educativo, nin sequera nas escolas concertadas. Mesmo nestas, apareceron asociacións de pais que dicían non comprender a postura do PP. Agardamos que volva a calma, como xa está a suceder. Non haberá ningunha caste de confrontación; cando non existen razóns, é moi difícil. A nosa idea é traballar nun senso positivo: explicar, espallar, dar apoio e novo deseño a materiais curriculares. E convencer. Recomendo unha lectura tranquila e sosegada do Decreto. O coñecemento acouga, fai que perdamos o medo.
A Lei Orgánica de Universidades (LOU) esixe unha concreción en cada comunidade autónoma. En Galiza, esta ha producirse mediante unha Lei galega de universidades ou mediante decretos?
A decisión habémola tomar no Consello de Goberno e no propio Consello Galego de Universidades (CGU), no que están representadas as tres universidades galegas, os consellos sociais e tamén o Parlamento. Unha lei ten un rango superior pero implica, no entanto, unha tramitación máis longa. E o que se procura sempre, máis aínda coas leis educativas, é recibir o máximo apoio parlamentario para durar no tempo. Ademais, o idóneo sería dispor primeiro do paraugas dunha Lei galega de educación, que desenvolvese pola súa banda a Lei Orgánica de Educación (LOE). Mentres, podemos ir aplicando a LOU a través de decretos, que manterían certa coherencia, claro, coa futura lei. Xa temos un que regula os másters públicos e miraremos outro para as titulacións.
Cales serán os ámbitos de maior definición?
Proporcionarlle unha meirande articulación ao sistema universitario galego, ás tres universidades, ten que quedar ben reforzado pola lexislación.
E que requisitos de creación terán as universidades privadas?
A reforma da LOU xa inclúe condicións respecto do número de titulacións, da caste e do número de persoal docente, que cómpre obedecer. Ningunha comunidade autónoma vai entrar aí. En todo caso, son condicións moi esixentes no Estado español, a diferenza doutros países. O noso sistema universitario é eminentemente público. Non se pode descartar, mais en Galicia non existe ningunha iniciativa de universidade privada.
A LOU tamén lle outorga ás Comunidades Autónomas competencias para estabelecer o réxime xurídico e retributivo do profesorado contratado.
No último ano, en Galicia, fixemos un desenvolvemento de complementos retributivos -de excelencia curricular investigadora e docente ou de xestión, por caso- que permitían mellorar o salario entre 10.000 e 10.500 euros. O soldo dos profesores funcionarios situouse na franxa media-alta do Estado. E poderían aparecer máis complementos ou proseguirmos estes para os docentes contratados e doutores. Aínda que se recoñecen a nivel estatal e só para funcionarios, dende a Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) estanse pondo os medios para se lle atribuíren ao persoal contratado. E para iso precisamos de mecanismos de homologación estatal.
A entrevista completa, na edición impresa de TEMPOS Novos (nº 122, xullo de 2007)
A Conselleira sabe como enrocarse cando quere.
Todos estamos polo Bilingüísmo en Galicia sí, pero o que non estamos é pola IMPOSICIÓN LINGÜÍSTICA ós profesores e ó alumnado POR DECRETO.
Son cousas ben distintas: o fin non xustifca os medios empregados.
O Complemento Lingüístico Galego permitiría tanto a Liberdade Lingüística Individual como a Calidade na Competencia Lingüística dos encargados de transmitir a lingua galega ás novas xeracións.
Pero está claro que o Goberno Galego prefire gastar millóns de euros en subvencionar ó sector Editorial e Audiovisual (30 millóns para campañas de fomento da lectura en galego por exemplo) no canto de tratar ós profesores coa debida dignidade.
Como mostra o último complemento que ven de aprobarse para os profesores con tarefas educativas especiais (Titorias e outras tarefas) é de 15 €uros ó mes a partir do 1 de Xaneiro de 2008.
Moitas grazas Sr.Conselleira polo seu insulto á nosa profesión!
Para além da miséria intelectual de quem fala de IMPOSIÇOM do galego na Galiza (realmente, ou existe algum problema de percepçom ou mental em vós ou troçais com a gente) fica bem às claras o vosso único interesse como "profesionais do ensino" e o que significa a " debida (?) dignidade".
Vamos, que aos funcionários nom se vos paga bem e chorimicais por uns complementinhos, que nom é por vós senom para melhorar a qualidade do ensino (ou do que for). Por favor. E AINDA QUEREIS Q OS DEMAIS APLAUSEMOS E VOS APOIEMOS.
...CHEGA!
A ver se o entendo, para que o profesorado eduque em galego a conselheira tem que pagar-vos um complemento? E se nom sendides-vos insultados e seguiredes impartindo aulas em castelám?
A liberdade de cátedra do professorado parece-me bem. E os direitos lingüisticos dos alunos galegofalantes?
Eu sou galegofalante, eduqueime baixo o "bilingüismo" estatutário, sempre em centros públicos, tanto em EGB, Bacharelato coma na Universidade. As aulas que se me impartirom em galego ao longo do meu processo educativo nom chegarom ao 10%. É isto bilingüismo? Acaso as matemáticas nom se podem impartir em galego? Eu nunca tivem um livro delas em galego, nem um professor que mas explica-se no meu idioma.
Nom todos estamos polo Bilingüismo, polo menos o bilingüismo que defendem o PP e PSOE. Queremos um MULTILINGÜISMO, onde cada aluno domine quando menos 3 linguas plenamente, sem que umha delas, curiosamente a que é a materna da maioria, seja umha matéria desprestigiada, carregada de problemas sociolingüisticos e inmersa num clima de total anormalidade lingüística.
A situaçom actual, ainda que vos foda, require medidas de choque. E bastante máis radicais das chorradinhas cosméticas com as que anda o actual governo.
Hoje há alunos de centros privados que tenhem um nível da lingua galega inadmisível, onde esta matéria, se reduz a iso, umha matéria independente das outras, um idioma "extrangeiro", com menos valor que gimnásia ou religiom. E passa também nos centros públicos.
O profesorado responsável, nom o corporativista, talvez deveria implicar-se um pouquinho com a sua profissom e deixar-se de demagógia barata.
Nom queredes ve-la, mas a realidade é bastante preocupante.
O nefasto sistema educativo que temos, com os resultados à vista, pois os alunos que nom quedarom polo caminho chegam a universidade sendo incapazes de relacionar conceitos, de redactar e estructurar ideias, de escrever sem centos de erros ortográficos (em cualquera língua), com umha capacidade de compreensom de textos realmente ridícula; nom é só culpa dos políticos e de planos educativos nefastos, senom também de muito professor frustrado e desfasado que só vai a cobrar o seu salário a fim de mês.
Um docente que se preocupa antes pela sua liberdade de cátedra que pela comunicação com os seus alunos na língua deles só pode ser um péssimo docente, ou um docente péssimo, que vem sendo o mesmo.
Pois vaille dicindo o mesmo á Conselleira e pregúntalle canto cobra ela por non recibir siquera ós representantes de 20.400 cidadáns, como debera ser o seu traballo supoño!
Coma sempre confundides o dedo coa lúa... remítome ó meu primeiro escrito do mes de maio: http://www.vieiros.com/open/am...
Os profesionais do ensino, meu, traballamos máis do que moitos pensades... pero xa se sabe que 'os de fora parten leña'.
Eu reclamaba 60 €uros ó mes por impartir aulas en Galego sometendome a cantas inspeccións e avaliacións decidiran as autoridades educativas SEMPRE QUE SE ADMITA QUE SE NON QUERO COBRAR OS 60 €uros podo seguir a impartir aulas en castelán.
Esta solución permitiría tanto a Liberdade Lingüística Individual como garantizaría a calidade da Competencia Lingüística de quen imparte aulas en galego.
Agora veñen de sacar o CELGA (novo sistema de avaliación das competencias lingüísticas segundo criterios europeos seica) e na súa adicional 2 teñen o morro de dicir que esta Orde non afecta ós profesionais do ensino que xa temos os Certificados de Iniciación e Perfeccionamento de galego.
Polo tanto parece que lles importa ben pouco a CALIDADE LINGÜÍSTICA só queren lavar a cara diante dos socios de goberno e facer do galego unha trapallada que non a vai recoñecer nin seu pai dentro de catro ou cinco anos... senon me crés... ó tempo!!!
O Bieito Lobeira anda preocupado por sacar no DOG as normas ortográficas aprobadas pola RAG supoño que coa 'sana' intención de facer pasar polo aro a tódolos lusistas do país...!
E seguramente seguides apuntando ó dedo... mentras a lúa está ben redonda no ceo!
Seguides falando de funcionarios peseteiros... mentres vos están colando un galego de terceira rexional sen dotación económica nin recursos suficientes como para garantir unha educación de calidade!
Conclusión: o teu ultimo párrafo o suscribo totalmente, agás a ultima liña na que fáltache preguntar de ónde ven a frustración do profesorado?
Sabes que eu levo 4 Reformas en menos de 8 anos...?
Sabes que paso máis horas perdidas lendo boletíns e lexislación variada que traballando na miña materia...?
Sabes que cada ano dou máis horas de clase semanais, e teño maior número de alumnos/as ó meu cargo?
Sabes que as subas salariais que tanto cacarea a Conselleira desaparecen -literalmente- na Declaración da Renda ó final de ano?
Sabes es xa estou farto de que me tomen o pelo e por riba teña que dicir que chove?
Bueno... non son eu só... hai moitos máis que tamén o están pero seguimos tirando do carro como se pode: xa que os rapaces non teñen culpa dos políticos noxentos DE TÓDALAS CORES que estamos a ter nos últimos tempos!
Perdón polo desafogo... pero facíame falta berrar un pouco!!!
Pagar-te mais por dar as aulas em Galego???????
hahahahahahaha!!!!!!!!!!!!!!!!
(é melhor rir que chorar)
Erasmo:
claro, un plus de perigosidade.
Non te informas e non fas cursos para te manter o día?
Non cobras fagas o que fagas?
Que pouca ética!!!!
Por certo, eu son profe de filosofía e non dou a Marx ou a Marcouse porque atentan contra a miña moralidade cristián. Aos presocráticos tampouco os teño en consideración. Só dou Santo Tomás e San Buenaventura. E claro, imparto as aulas en latín. Se queres outra cousa, págame, xa que existe a liberdade de cátedra.
Incrible!
E eu se renuncio a 60 euros podo dá-las em chinês?
Berra tudo quanto queiras, mas canaliza esse berro aos problemas!
Aqui nom estás escrevendo em contra da LOGSE, da LOU, da merda de Bolonha, do desmantelamento do ensino público, das carências de meios para impartir novas asignaturas....
Aqui pedes dinheiro e atacas ao galego, aos "lusistas", aos governos que nom som de maioria absoluta, e cais em demagógias ridículas.
Coincido contigo em que aos nosso nenos nom os vai entender seu pai. SEU PAI "ANALFABETO" FALAVA GALEGO, E AGORA O SEU FILHO "EDUCADO" HABLA CASTELHANO. E tu está-lo defendendo.
Respeito às vossas condições laborais, por suposto que nom som boas, ainda assi melhores que as da maioria dos "non funcionários", que cobramos bastante menos, vivimos na máis absoluta incertidume, com o medo de ficar desempregados em qualquer momento. Sabes quantas horas trabalho eu? Quantas horas extras nom remuneradas fago? Quantos dias de vacações tenho eu? Eu nom fago declaraçom da renta. Com os meus ingressos nom estou obrigado. Tu passaches por 4 reformas em 8 anos. Sabes por quantos trabalhos pasei eu em 2 anos?. Solidariço-me contigo, mas...QUE CARALLHO TEM QUE VER ISO COM A "IMPOSIÇOM" DO GALEGO?
Por certo queremos políticos e nenos, e profesores DE TODAS AS CORES. Evidentemente isto con Franco nom passava.... Tempos aqueles!. Tal vez tu prefiras a uniformidade fascista. Iso igual che soluciona os teus problemas.
Venho de ler o teu escrito de maio. Em duas palavras, IM-PREZIONANTE !!!!
Poderiamos, como bem dis "AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, actuacións da inspección, resolución de conflictos, etc...)"......se os nenos TIVESSEM A SUA LINGUA NORMALIZADA e nom TIVESSEM QUE ATURAR aos professores abertamente fascistas e caraduras coma vós.
E ainda tens os colhões de escrever a palavra "Liberdade".
Se tenho filhos, prefiro nom escolarizá-los antes de que este tipo de professorado lhes foda a vida.
Erasmo,
1)Sabes também como eu que muitos, talvez uma maioria, desses 20400 assinantes nem são galegos, nem moram na Galiza, e mesmo provavelmente haja muitos que nem mesmo puseram o pé aqui na sua vida. Se quereis recolher assinaturas, parece-me estupendo. De facto existe a possibilidade de levar adiante uma iniciativa legislativa popular e leva-la ao parlamento. Ainda que já vos aviso que no Parlamento Galego houve três, todas governando o PP, e não passou nenhuma. Mas para fazer isso cumpre ter 40000 assinaturas, com nome, apelidos, endereço completo e número do bilhete de identidade ou passaporte. Além disso, devem ser validadas por um notário. Que? Animas-te?
2)A conselheira afirma não ter recebido nenhuma queija formal de nenhum centro nem sector representativo dos sectores implicados, para além de determinados políticos profissionais do Partido Popular. Para paliar tanta passividade, por que não ages tu individualmente e lhe envias uma carta com o teu nome e apelidos no lugar de estar aqui botando a tua demagógica língua a pazer em perfeita simbiose, se calhar demasiado perfeita, com o Gaviotero.
O que hai que facer é crear máis galescolas, pero a todos os niveis e facer que o nivel sexa moi superior e deste xeito pronto toda a ensinanza será en galego (como debe ser). É necesario imitar o modelo vasco (incluído no presuposto empregado) para lograr cousas como eles que fixeron que Iturgáiz educara ao seu fillo en vasco.
mceleiro penso que te pasas un chisco... se as túas condicións laborais son peores ou mellores cas miñas non o sei pero en todo caso teríasme sempre disposto a reivindicar un traballo digno para tódolos cidadáns... non creo que chamándome fascista e cara dura consegas mellorar as túas condicións de traballo: pero seguro que podes empeorar aínda máis as de tódolos funcionarios docentes que teñen nas súas mans a educación dos teu fillos...?
Que moda é esta de poñer verdes ós funcionarios? E a renglón seguido todo o mundo protesta porque ningún servizo público funciona coma debera funcionar?
No pecado levas a penitencia... ou non te decatas de que matar o mensaxeiro nunca levo a ninguén a resolver os confitos?
-------------------------------------------------------------------
Sara_Mago xa liches o que pensa Saramago de Iberia? Non era acaso o mesmo que soñaba o Castelao do 'Sempre en Galiza'?
Eu na mesma data de maio envieille co meu nome e apelidos dni e nrp e o meu enderezo completiño á Sr. Conselleira o mesmo escrito que todos podedes ler máis arriba sobre o Complemento Lingüistico Galego.
¿Sabes porque estou a berrar na rede?
Porque aínda sigo agardando que me responda siquera unha liña... mandándome á merda... ou explicando a súa posición prepotente ó suprimir dun plumazo as miñas LIBERDADES LINGÜISTICAS GRATUITAMENTE
Polo tanto non é certo que ninguén protestou (eu ó menos o fixen) e por se alguén ten dúbidas aínda gardo a resposta automática da recepción e lectura da miña mensaxe polo Gabinete da Conselleira!
Xa me gustaría tela diante... para poderlle dicir o que penso da súa actuación: silencio, lexislar no mes de xullo, facer entrevistas coma esta mentirosas, e marchar de veraneo tan pancha!
Claro que seguramente ela conta con tódolos que nestes foros saídes na súa defensa a cegas... e debe pasalo bomba lendo estas trapalladas durante o verán nunha casiña de sabe dios cantos metros cadrados... á beira dalgún mar que lle permita relaxarse...!!!
Respecto á INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR estou seguro que a conseguiremos polo que respecta ós aspectos formais... pero ti mesmo dis que as tres anteriores NON PASOU NINGUNHA...!!!
E non sodes quen de preguntarvos porque?
Cicais porque a CLASE POLÍTICA blinda axeitadamente os seus privilexios para que os pobo non poda interferir en nada do que eles decidan...?
Por certo, cando eu estudaba o Estatuto de Autonomía de Galiza falábase de 15.000 sinaturas... agora xa son 40.000?
Tanto medrou a poboación do pais? Ou é que fixeron algunha das súas modificacións lexislativas para que non tiveran que porse colorados nunca máis... pedindo imposibles?
Bueno xa consultarei o tema lexislativo... pero se é certo que son 40.000 firmas... manda carallo cos políticos eh que listiños son!
¿É tanto pedir que se recoñezan os ESFORZOS que supón para un profesor cambiar o chip lingüístico e tentar de conseguir os mellores resultados académicos do seu alumnado?
Fai falla chamar fascista-caradura a quen non pensa que falar galego sexa cuestión de vida ou morte para o seu traballo cotiá?
Teño que pedir perdón por pensar coma penso e falar como me pete?
Como funcionario -ben sei que estou suxeito a unha condición especial- pero tamén debaixo da pel do funcionario late un corazón coma o de calquera que pula por se LIBRE NA SÚA TERRA E FALAR COMA MELLOR LLE PAREZA...!!!
Unha lingua faise para COMUNICAR cos falantes non para TORTURALOS!!
Pero ó parecer aquí todos sodes moi competentes lingüísticamente para falar de Platón ou de Aristóteles en galego: eu NON!!!
Eu son un Diglósico con patas... meus... e non sei porque teño que cortarme as pernas para satisfacer unha política lingüística miope e por Decreto.
E non só o digo eu: tamén opina básicamente o mesmo o Sr. Barreiro presidente da RAG, o Valedor do Pobo que supoño será segundo vós Benigno el Breve, e libre de toda sospeita supoño ata Isaac Díaz Pardo dubida do resultados do Decretazo e fala na altura dos seus anos que lamenta ver como o galego vaise convertendo nunha lingua litúrxica neste país...
Liturxica sen dúbida porque hai moitos que comen dela... como os curas comían das misas agora tócalles ós 'normalizadores' cantar misas por fóra e por dentro!!!
Como podedes ver... cartiños hainos en todas partes a montes e moreas o que sucede é o de sempre: que andan moi mal repartidos!!!
Erasmo
Amante da súa Lingua e da Liberdade.
Polo Complemento Lingüístico Galego.
GALICIA BILINGÜE
Dúas Linguas, os mesmos dereitos.
Calidade Lingüística en Liberdade.
Os quartinhos, os quartinhos: sessenta eurinhos mais todos os meses.
Faz uns cursinhos de cozinha e pede mais um sexénio, caralho! E faz-te um homem, que pareces um vegetal...
Cando os mestres traballen 8 horas diarias, con posibilidade de facer unhas cantas máis extra porque o di o xefe; cando os mestres teñan 30 días de vacacións; cando ós mestres se lles poida poñer na rúa por incumplimento de obxetivos ou reducción de productividade; cando non teñan dereito a descanso durante toda a súa xornada; cando ós mestres se lles pague o salario mínimo; entón que protesten o que queiran porque actualmente é, cos seus problemas, un dos mellores e máis protexidos traballos que pode realizar unha persoa. E os que non estean dacordo con isto que se veñan a traballar a calquera industria do pais, que en 2 días estarían alabando a súa actual situación.
Erasmo, eu estou dizendo que as tuas condições laborais DEVERIAM MELHORAR, e as de todos. Nom critico que sejas funcionário, critico a tua actitude.
Es tu quem diz que ou che pagam 60 euros mais ou te negas a dar aulas em galego. ESTÁS USANDO OS TEUS ALUNOS COMO MOEDA DE CÁMBIO!!!! CONSIDERAS ISO ÉTICO?
Tu deixas ver que nom estás capacitado para dar clase polos seguintes motivos:
1.- Para ti a lingua (cultura) dos alunos som 60 euros arriba ou abaixo. Nom és consciente da importância das linguas. Som algo máis que instrumentos de comunicaçom. Pensamos com palavras. Nom se trata de "falar", estamos a debater sobre "ensinar". Podemos debater dias, que nom o entenderás.
2.- Afirmas ser incapaz de dar a Platon ou Aristóteles em galego. Tu o dis, es lingüisticamete incompetente. Renúncia ao teu posto e deixa a outra gente que anda nas filas dos desempregados.
3.- Para ti a convivência de várias línguas resulta traumática. Nom te imagino respeitando aos teus alunos galegofalantes. Es incapaz de aperceber que umha de elas está em condições de desigualdade. Afirmas que a lingua minorizada é IMPOSTA, e que impartes aulas na maiorizada, que para deixar de faze-lo che TENHEM QUE PAGAR!!!.
4.- Nom conheces a realidade e os problemas do mundo que te rodeia. Estás fechado no teu mundinho laboral. Dificilmente lhe poderás transmitir aos alunos umha capacidade de análise da realidade, faze-los livre-pensadores. Acabarám todos alienados com os olhos cravados nos seus 60 eurinhos.
Nom siguas com argumentos ridículos. Eu nom che chamo facha e caradura por ensinar em castelhano, SENOM POLA TUA ACTITUDE RASTREIRA E DEMAGÓGICA. Por chegar a este foro citando orgulhosamente um artigo do que qualquera mestre SE AVERGONHARIA. Polos teus argumentos intolerantes e uniformizadores dos anteriores comentários. Por confundir liberdades individuais e liberdades colectivas. Por usar a tua liberdade de cátedra para fazer chantagem.
Estes do governo mandam-nos sempre a todos a merda, mas no teu caso COM MUITA RAZOM!!!!
Tu nom protestas por umha melhora do ensino, tu protestas por umha melhora do teu peto.
Mira mceleiro non sei porque me molesto siquera en responder despois das lindas babosadas que me dedicas nos teus comentarios,
pero se o fago é sobre todo para que outras xentes máis sensatas ca ti e máis repectuosas co traballo dos demáis podan entender que o que eu estou a dicir NIN É RASTREIRO NIN DEMAGÓXICO...!!!
Escribín noutro lugar aclaracións sobre este mesmo asunto e se vos parece vou enlazalas aquí por se alguén ten interese en seguilas:
na miña vida marxinei a ningún alumno falara o que falara!
Iso xa non cho consito nin de coña!
Se leras algo máis e pensaras un minuto antes de escribir os teus prexuízos alegremente igual chegábamos a entender cal é o problema:
AS LINGUAS NON SE FALAN POR DECRETO !!!
Aquí o enlace prometido aínda que todo o debate en xeral
é suficientemente clarificador de cal é a miña postura
neste asunto.
http://www.vieiros.com/opinion...
Erasmo
Amante da súa Lingua e da Liberdade.
#17 ... como que as linguas non se falan por decreto... aí tes o castelán, impulsado coma lingua de estado nas escolas do país, posto (ou imposto) coma lingua vehicular de ensino (eu cheguei a recibir clases de galego en castelán), resultado: nenos completamente castalanizados ó fin da vida escolar. Pero claro, iso non é impoñer... é poñer... iso é o que quero para o galego, que o poñan en tódolos sitios, que se vexa, que sexa perceptible, que se note... pois se se nota, importa. Se eu non me vexo capaz de facer algún aspecto do meu traballo, teño dúas alternativas: formarme ou dimitir. Eu sempre escollo a primeira porque así melloro. Esa é a miña ética... e gústame. O galego non é a miña lingua materna, cheguei con sete anos a Galicia e se aprendín galego foi grazas a ter uns pais que me aprenderon a valorar esa riqueza e que tamén me aprenderon que hai que face-las cousas ben, polo que sempre intento mellora-la miña lingua (tamén o castelán o intento mellorar: nunca me escoitaras un laísmo, dicir álgido cando queren dicir candente, etc). Se un mestre ou profesor non se ve suficientemente capacitado, ten as ferramentas para se formar e tiña tempo dabondo, que falamos de galego, non do chinés.
Un saúdo.
Acho que som 40000 para o parlamento espanhol e 20000 para o galego. Nom sei se e requisito que os assinantes para a ILP no parlamento autonomico devam estar censados nessa autonomia. De ser assim, nom tendes nada que fazer ;)
Eu penso que se te declaras incompetente para dar aulas em galego, deverias demitir. Nom deveria haver na Galiza nemhum professor incapaz de impartir aulas na nossa lingua. E como se eu quisesse ser engenheiro sem ter feito a carreria nem saber nada de engenharia. Se a conselheira tem umha carta assinada por ti na que te declaras incompetente para assumir as tuas funcoes docentes deveria abrir-te expediente de expulsom. Claro que antes de te por na rua, devem dar-te a oportunidade de corrigires essas importantes lagoas formativas que tens.
Em resumo Erasmo, que nom és um bom mestre. Dis que nom sabes estar na aula em galego, ergo marcha para outro lugar onde nom se fale. Seguro que na França há mui bons professores, mas se nom falam galego cá nom podem mestrar... que cousas.
E Erasmo, se tanto sabes a ver se interiorizas que o que podem ser bilingues (e trilingues, e n-lingues) som as pessoas, nom as comunidades. As comunidades tenhem umha língua prórpia, a que precisam para funcionar como tal. E na Galiza, galego.
Son moi instructivas e clarificadoras as declaracións de Erasmo sobre o uso da lingua da Galiza por parte de (espero) poucos mestres, os cales pra min non son máis que mercenarios da educación; pedir 60 € máis sendo funcionario por falar a lingua materna da maioría dos seus alumn@s son unhas declaracións que deberían provocar vergoña en tódolos teus colegas Erasmo.
Supeditar a unha suba da tua, xa de por si, elevadísma nómina o uso dunha lingua pode ser catalogado, sen ningunha dúbida e rexeitamento pola miña banda, de prostitución lingüistica pola tua parte.
Só espero que a tua ideoloxía quede como unha anécdota máis do absurdo.
P.D.: Ante á tua afirmación de que as linguas non se falan por decreto, xa vemos como farías ti para que se falaran: € mediante.
Saude a tod@s aínda que a Erasmo un tironciño de orellas tamén.
Concordo com muitos de vós e, especialmente, cos testemunhos de mceleiro. Acho que o caso deste Erasmo (apropriaçom indevida de alcume)é bastante comum entre os funcionários, e nom me estou a referir apenas aos do ensino. Um vai-se dando de conta que as mais das vezes a maioria das suas reivindaçons, disfarçadas com palavras de ordem de "dignidade" "defesa dos serviços públicos" "melhora dos serviços" som em realidade água de castanhas. O que pedem é simplesmente subas nos seus já muito bons rendimentos e "peche social" isto é, que ninguém lhes toque os seus "direitos adquiridos" nem os seus benesses. Aí todos cerram filas.
Toda retórica adicional é falsa. Pedem aumentos mas para isso nom fazem como o resto de trabalhadores, falar claro, pedir subas de ordenados, etc. Nom, eles o que SEMPRE fazem é dizer que é "para melhorar os serviços que dam", ou "para os incentivar". Isto é irritante.
Depois, as suas especialíssimas condiçons fazem deles um dos lobbys com maior influência mediática já que, como trabalham tantas horas :) podem dedicar-se a ser geradores de opiniom, montar uns sindicatos tam poderosos como corporativos (até a nausea).
Som a nova casta.
Lamento sinceiramente cas miñas verbas sexan só pasto dos INQUISIDORES que ven nelas só a parte que rebule nas súas concepcións nacionalistas de vía estreita...!
Enviádesme ás tinieblas exteriores con moita gracia...! Pero non vos decatades ca realidade educativa deste pais é máis ou menos a que reflicten as miñas verbas. Non hai mellor xordo que aquel que non quere ouvir!
http://www.vieiros.com/nova/60...
Eppur si muove!!!
Erasmo, si no te gusta el gallego esta claro que no eres competente para ensenar en Galicia. Pide el traslado a Madrid y alli seras libre para hablar unicamente en castellano. Ademas alli solo hay nacionalistas de los tuyos.
Erasmo,
Eu nom creio que sejas umha mala pessoa, possivelmente vaias com as melhores intenções. Se sou tam duro, nom é por insultar-te de valde, nem por ser nacionalista exacervado, nem nada polo estilo. É porque creio que as tuas teses som GRAVÍSSIMAS, já que tu tens responsabilidades educativas.
Nom creio que leves umha esvástica tatuada, tem tenhas a "roja y gualda" pendurada na tua casa, mas "babeo" tanto contra ti, porque demostras actitudes e argumentos fascistas, ou se queres deixamo-lo em pseudofascistas. Nom te culpo, a mona-arquia parlamentenária na que vivemos, junto da herdadança do franquismo vai introduzindo outras passeninhamente, subtilmente, vestidas de belas palavras; mas ABRE OS OLHOS!!! ESCUITA-TE !!!!
Nom creio que margines aos teus alunos de forma consciente. Nom creio que lhes digas "hablame en cristiano", ou que os despreces por falar galego. Nom te vejo assi de ruim. Mas nom te decatas de que insconscientemente os estás marginando? Que nom moves um dedo por corregir os problemas de anormalidade lingüistica?, que és um cómplice silencioso da desvalorizaçom, castelanizaçom, empobrecimento e marginalide dumha lingua?. Quem fecha os olhos é igual de responsável. É coma o pai que viola à filha e a mãe que o sabe e cala.
Es educador. Tu estás numha situaçom que nom podes ser neutro, nom podes evadir-te. O feito de fugir, já te está posicionando.
Eu leio os teus argumentos trato de comprender-te, e nom só nom concordo, senom que me preocupas. Igual só tens dous alunos galegofalantes. Sabes como se sintem entre o resto castelanfalantes, que ademais tenhem umha ideia (adquirida) de superioridade?. Eu, e a inmensa maioria dos galegos si que o sabemos bem. Possivelmente dos castelanfalantes um número importante deles na casa falam galego, mas como se avergonham, no licéu empregarám o castelhano. O sistema educativo é a fábrica dos ananos de Celso E. Ferreiro. E tu, como agente implicado que é o que fas? PEDIR COMPLEMENTOS.
Temos umha situaçom de ANORMALIDADE, e isso exige COMPROMISO. Tu nom só NOM TE COMPROMETES, senom que ESTÁS TIRANDO NA DIRECÇOM CONTRÁRIA.
Entendo que che resulte difícil aprender umha lingua que nom é a tua, mas para ser profesor na Galiza, há que dominar o galego. Nom por que o diga a lei. Por princípios.
Carregar contra este decretinho, coma se fosse o primeiro. Coma se até agora nom se fizeram "cousas por decreto". Por decreto, e por colhões!, assi nos levam desgovernando. De sempre, nom de agora. Qual é a novidade?
O fundo da questom é que este INSUFICENETE DECRETO DE MERDA, faz que os pobrinhos educadores em "lengua comun de todos los españoles, ...y olé !" fiquem com os seus cuinhos ao ar, ao descuberto as suas incompetências, o seu profundo desconhecimento da nossa língua, a sua incapacidade de reciclagem e evoluçom, o arraigo ideológico do regime anterior, o corporativismo interno, a falta de vontade e de ilusom, e empece a sair a luz TODA A PUTA MERDA QUE É ESTE SISTEMA EDUCATIVO. Este inovensivo decreto vai fracasar, e vai requerir outros. Iso é o que realmente vos preocupa.
Erasmo, o amante da sua lingua. Profundo amor deves sentir por ela. JÁ O PODIAS DEMOSTRAR COM FEITOS.
Erasmo, o amante da liberdade. Da liberdade individual, aquela que se exerce SO PARA MIM.
Eu nom te quero eliminar nem explulsar. Nom quero matar o mensageiro . Es umha pessoa, um ser humano com os teus defectos, mas seguro terás muitas virtudes, Mas homem, descoloniza a tua mente, faz autocrítica, molha-te. Isto exige esforço e criará-che muitos problemas, mas vale a pena. Como dim os curas, é JUSTO e NESCESÁRIO.
Agradezo os teus esforzos, mceleiro, por me convertir nun auténtico galego... máis penso que teño anos dabondo como para saberme galego e sentirme libre para falar a lingua que me pete e cando me pete.
Son os meus dereitos individuais e supoño cos teus son pensar como pensas i expresalo libremente (o que me parece estupendo!) pero de aí a que eu teñame que CONVERTIR el altofalante dunha lingua galega que leva non sei se tres reformas ortográficas en dez anos... que polo que podo observar nos teus escritos tería que sofrir futuros cambios cara ó lusismo pasado mañán... pois mira, penso ca miña responsabilidade básicamente é ensinar a miña materia o mellor que poda, preparar ós meus alumnos para que afronten con soltura ás probas de Selectividade e os estudos universitarios que desexen e todo o demáis podemolo NEGOCIAR cando queiras... pero NON IMPOÑER!!
Sintoo pero parece que moitos dos que aquí falades xa tedes firmada a miña sentenza, só que aínda non sodes nin xuíces nin tedes máis dereitos ca min para xuzgar a ninguén... Lástima.
Eso sí... como sigamos con este ton ameazante seguro que podedes lincharme en calquera praza pública para escarnio dos colonizados.
Quen estea libre de culpa (colonización) tire a primeira pedra!!!
Erasmo, tan gallego como el gallego.
NEGOCIANTE s. m. e f. (1) Pessoa que negoceia, que exerce o comércio. (2) Pessoa que trata de negócios. Sinóns. Comerciante, traficante, negociador [lat. negotiante].
MESTRE s. m. (1) Indivíduo que ensina. (2) Aquele que é versado numha ciência ou arte. (3) Homem superior e de muito saber. (4) Director de umha oficina. (5) Artista (pintor, músico, ou escultor) de grande mérito. (6) Regente. (7) Comandante de pequena embarcaçom. (8) Tudo o que serve de liçom ou ensino. (9) Indivíduo investido no terceiro grau da maçonaria. adj. (1) Principal. (2) Memorável. (3) Exemplar. Por mão de mestre: com perfeiçom. Abelha mestre: abelha mestra. Sinóns. Doutor, educador, instrutor, mestre-escola, preceptor, professor [lat. magistru].
Vai-te para Castela. Ali ninguém te vai linchar. Nem impôr-che "absudas" ortografias. Nem pedir-che responsabilidades lingüísticas. Nom sufras mais! Bem o dis, es livre!
Podes marchar a Burgos, dar aulas em galego, castrapo, portunhol, spanglish, ou o que seja...e pedir-lhes um complemento por dá-las em castelhano.....
Logo debate sobre a imposiçom do castelhano em Burgos, dos decretos da RAE, etc.
Muito obrigado por os teus esforços nos foros. A tua campanha polo "complemento" foi um êxito. Nom só enquanto ao "complementinho", agora podemos ver como sodes realmente. A tua verborrea é amplamente esclarecedora.
Eu dou por fechada a minha participaçom neste fio de debate. Adeus, e a ranhá-la!!!
Bilinguismo, Pra qué? pra qué vamos tirar dun invento irreal incoherente ca realidade social e fisiolóxica dos individuos? Ben sabido é por todos que o bilinguismo armónico non pode existir, así que matemos o can pra sacar a rabia da Galiza. Saquemos o bilinguismo fóra, pero non como queren os do PPSOE, mellor fagámolo xusto ó contrario: MONOLINGUISMO EN GALEGO. E como vos digo sempre, tranquilos, que LAMENTABLEMENTE os vosos fillos han de aprender a falar o castelán, non sei se o inglés, pero sí o castelán.
Político dise daquel que fai coma se traballara para resolver os confitos que xurden na sociedade civil... mentres xera novos conflitos que lle permiten manterse no cargo per sécula seculorum coma se fora indispenable para solucionalos.
Pailán: o que cré cos políticos vanlle solucionar os seus conflitos!
Sectario: aquel que pensa que está en posesión da verdade e polo tanto emite sentezas definitivas sobre tódolos demáis coma se a súa fose a única razón válida e posible.
A rañala... podes ir tí... cando che pique!!!
La polémica, querida Consejera travestida al nacionalismo, está basada en la inconstitucionalidad flagrante de una ley liberticida y basada en la imposición nacionalista.
Yo ni leo la entrevista, porque como bien aclaró el Consejo Consultivo, esta señora miente:
PRECISION DEL CONSELLO CONSULTIVO A LAS DECLARACIONES REALIZADAS POR LA SEÑORA CONSEJERA DE EDUCACIÓN Y ORDENACIÓN UNIVERSITARIA, CON OCASIÓN DE UNA ENTREVISTA EN LA VOZ DE GALICIA.
El pasado día 30, en la página 3 de la sección A fondo de La Voz de Galicia, en una entrevista realizada a la señora consejera con motivo del reciente dictamen desfavorable del Consello Consultivo en torno a la modificación del Decreto sobre el uso y promoción del gallego, y en relación con dos preguntas, cuyo tenor era:
¿Piensa que el Consello Consultivo actuó con falta de objetividad al hacer una consideración al artículo 13 que dice “utilizará con carácter general” cuando hace diez anos le parecía adecuada la misma expresión? y ¿Pero no es paradójico que hace diez años le resultara adecuada la misma expresión?, la señora consejera de Educación y Ordenación Universitaria respondió literalmente: “Sí, es paradójico que un órgano de garantía jurídica hiciera en el año 1997 un informe tan favorable respecto al mismo tema…”.
Al respecto el Consello Consultivo estima necesario hacer pública la siguiente rectificación:
1º.- El artículo 13 al que se alude, del reciente decreto sobre uso del gallego en la enseñanza, regula el pretendido deber de uso de nuestra lengua por los alumnos en sede docente, mientras que el artículo 1 del mismo decreto regula la utilización de la lengua propia de Galicia en las actuaciones administrativas y la gestión burocrática de los centros docentes, materias de naturaleza y alcance absolutamente distintos como fácilmente se puede comprobar.
2º.- Por lo tanto, SE EVIDENCIA UNA NOTORIA Y MANIFIESTA FALTA DE VERACIDAD EN LA RESPUESTA, por cuanto que el texto del Decreto 66/1997, al que se refiere, por el que se modificaba el Decreto 247/1995, no contenía en absoluto el actual artículo 13 del reciente Decreto 124/2007, sino que modificaba, exclusivamente, el artículo 1, articulo éste que no mereció en el momento oportuno observación o tacha alguna respecto a su contenido en nuestro dictamen núm. 29/97, emitido el 6 de marzo de 1997, al igual que tampoco en el dictamen emitido hace unas fechas.
3º.- LA REFERIDA RESPUESTA RESULTA, PUES, MANIFIESTAMENTE TENDENCIOSA E INVERAZ, Y DIFÍCILMENTE COMPATIBLE CON LA BUENA FE Y LA PRUDENCIA, cuando alude, inequívocamente, a una pretendida contradicción entre dictámenes, sugiriendo una falta de objetividad de todo punto inexistente.
Finalmente, conviene precisar que el texto originario de los
artículos 1 y 8 del Decreto de 1995, éste último de tenor sustancialmente distinto al actual artículo 13 (por cuanto se sustituye ahora la expresión “se debe procurar” por el imperativo “el alumnado empleará”), no fue objeto de dictamen por el Consello Consultivo, al ser este órgano creado con posterioridad, como es público y notorio.
http://www.ccgalicia.com/preci...