O Ministerio de Economía achegou as cifras de solicitudes recibidas até o de agora. A axuda non comezará a pagarse até o mes de decembro.
No conxunto do Estado, e a 31 de xullo, xa se tramitaran un total de 30.451 solicitudes para a recepción desta axuda de 2.500 euros por cada novo fillo ou filla nado desde o pasado 1 de xullo.
Cataluña (5.734), Andalucía (5.245) e Madrid (5.029) son as que maior número de peticións rexistraron. A continuación aparece a Comunidade Valenciana (3.484) e no quinto lugar a nivel estatal está Galiza (1.520).
Á volta do verán, o Congreso aínda debe tramitar e aprobar a lei que asegurará este pagamento, malia que a Axencia Tributaria seguirá xestionando as solicitudes durante este tempo. O goberno español asegurou que as axudas se comezarían a cobrar antes de que remate o ano, con probabilidade durante o mes de decembro.
Se keren facer políticas de axuda aos pais q se deixen de dar diñeiriño directo e q fagan infraestruturas para os pais e nais como infantários onde fagan falta, axuda-apoio de persoal especializado no fogar despois do parto, e o realmente faga falta, pois estamos na cola de Europa.