Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Convoca a sociedade Gatocán

Concentración antitaurina na Coruña

Un grupo de persoas manifestarase diante do Coliseum pouco antes de que comece a corrida de touros das festas de María Pita.

Redacción - 09:30 04/08/2007

A sociedade protectora de animais Gatocán, da Coruña, organiza unha concentración antitaurina para este sábado. A asociación pretende concienciar a poboación sobre o maltrato animal que supón a tauromaquia. Por iso, convocan unha protesta pacífica diante do Coliseum da cidade ás seis da tarde, unha hora antes de que comecen as corridas.
A presidenta da asociación, Beatriz Martín, explicou as motivacións da acción de protesta.

Vieiros: Como decidiron levar a cabo a convocatoria?

Beatriz Martín: Porque estamos contra as corridas de touros. Parécenos unha vergoña que se lles chame “festa nacional”. Que polo menos lle cambien o nome.
V: Van facer algún tipo de reivindicación?

B. M.: Imos facer unha manifestación pacífica. Estamos en contra da violencia e da tortura. Queremos demostrar que A Coruña é unha cidade pacífica e non desexamos que ninguén poña a nota discordante.

V: É a primeira manifestación deste tipo que fan?

B. M.: Si. Somos unha sociedade nova. Levamos dende o 18 de abril de 2006. Esperamos seguir traballando a favor dos dereitos dos animais.

V: A Coruña é unha cidade afeccionada ás corridas de touros?

B. M.: Non, A Coruña nunca destacou por ser taurina, pero ultimamente volvéronse introducir as corridas, por iso queremos manifestarnos en contra deses malos tratos aos touros.


4,6/5 (20 votos)


Comentarios (9)

Gaviotero #1 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noooooooooooo...antitaurina no. Antiespañola. Lo que les molesta no son los toros, sino que sea una fiesta española.

Eso sí, las plazas en Coruña y Pontevedra a reventar. El sábado pasado en Pontevedra no cabía un alma.

Y más de uno del BNG se quedó con las ganas de ir a ver a José Tomás...¡si es que es una lástima ser aficionado a los toros y caer en un partido antiespañol! Y si no, que se lo pregunten a Carod-Rovira...

Gaviotero #2 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por cierto, Beatriz, se llama la "fiesta nacional" porque es una fiesta nacional...y a esto sí que no le vais a poder cambiar el nombre.

¡¡¡VIVA LA FIESTA NACIONAL!!! ¡¡¡VIVA ESPAÑA!!!

carlinhos21287 #3 8/Agosto/2007 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

uuuuuuuuu aaaaaaaaaaaaaa iiiiiiiiiiiiiiii gho gaviotero os teus argumentos de peso esnaquizan calquera verba que eu poda escribir aqui.... quen cala otorga, non si? bue no teu caso, quen fala pero non di nada otorga....

bcngz #4 9/Agosto/2007 bcngz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu creo que non debería haber corridas de touros en Galicia simplemente porque é unha tradición mediterránea que non case de ningún xeito coa cultura do país. Mira ti gaviotero: os do BNG van aostouros e Feijoo a poñerlle flores a Castelao. Estache o mundo ao revés.

Maeloc-do-Rouco #5 13/Agosto/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero, meu reizinho: Hei-cho escrever em ingles que e a lingua franca internacional (a lingua nacional e a lingua galega XAORA): STOP BEING A FOOL MATE! YOU'RE NOT GOING ANYWHERE AND YOU KNOW IT...YOU MAYBE SHOULD SHUT YOU F MOUTH UP..OR MAYBE NOT...SO WE ALL CAN HAVE FUN WHILE READING TO UNASHAMED FANATICS LIKE YOU...THOUGH IT GOES WITHOUT SAYING THAT YOU'RE NOT FUNNY ANY MORE! GALICIA IS N-O-T SPAIN AND NEVER WILL BE AND LEAST OF ALL WITH ARROGANT PRETENSIONS AND LITTER-ARGUMENTS LIKE YOURS (PURE SPANISH BIGOTRY), BUT WE WILL RESPECT YOU AND ALL SPANIARDS REGARDLESS YOU DON'T DO SO TOWARDS US. BULLFIGHTING IS T-O-R-T-U-R-E MY FRIEND..ULTIMATELY IT DOESN'T REALLY MATTER IF IT IS A SPANISH, A GALICIAN, A WELSH, A BOLIVIAN, A CHINESE OR A SRI-LANKAN "TRADITION"...Being a "Spanish National Celebration" either way it is more likely to be renamed as another (SNE)Spanish National Embarrasment...and I know many of our well-sensed Spanish friends and neighbours would not like to ne known for it (the vast majority deplores SNE...Que radicais e anoxados se ponhem os "gavioteros", o milhor de tudo e que canto mais "falam" mais arguementos lhe dam os seus interlocutores. O fanatismo "gavioteril" nom dialoga, nom entende o debate, este fanatismo cospe cando pensa que fala e orneia cando pensa que artelha, assim nom e posivel entenderse. Obrigado pola tua colaborazom indireita com as boas causas

Maeloc-do-Rouco #6 13/Agosto/2007 Maeloc-do-Rouco
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como corunhes da Sagrada Familia-Os Maios gostaria que a Asociacion Anti-Taurina da Corunha utilizasse a nossa lingua e respeitasse o toponimo oficial da nossa cidade. A ignorancia nom e boa, o auto-odio e sinonimo de ignorancia e auto-aldragem e a falha de dignidade e umha verdadeira tragedia. Tudo e importante

Barcelos #7 22/Agosto/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois eu como coruñés de Monte-Alto, dáme igual, pero si estou contra a festa dos touros e non porque sexa nacional, española, mediterránea, romana ou grega senón porque non é unha festa para os touros, senón unha masacre.

As execucións públicas en Irán tamén son un espectáculo, así como o era o Circo para os romanos, o pobo máis "civilizado" da súa época.

zus #8 29/Agosto/2007 zus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fora os touros e toda esa merda!!!!
jajaja Gaviotero cada día estas peor meu rei..se te puxeran nunha praza chea de fascistas (iso seguro q che gusta,na túa salsa vamos...) e q un tipo cun traxe realmente ridiculo e con pinta de pinachas se dispuxera a clavarche banderillas, cortarch a orella e o rabo haberias de desfrutar de carallo... de verdade q non t das conta da peniña q das??? alma cándida ...cada dia eres + cómico entre esto e o de Bush..jajajajajaja ai ai ai ...q será o próximo?...impaciente me hallo..jajajajajajajajjaajjaja

eunonsonyo #9 31/Outubro/2007 eunonsonyo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

agora gaviotero explica como e iso de que e unha festa nacional e o dis coma se un neno pequeno estivese fastidiando a outro por calquer tonteria de a pé....claramente vemos que tipo de persoa vive na GALIZA, eso si a xente coma ti vai a ter que ir aceptando que cantos mais personaxes saen coma ti peor facedelo...e dicer, desexaria que non existisen os touros na corunha porque iso a nos non nos identifica, iso e parte da forzosa espanha que obriganos a ser espanhois, mais moitos non o sentimos...e pra min non e unha loita senon unha realidade que co tempo algunha xente tera que ir asumindo!!!GALIZA NON E ESPANHA!!e por certo grazas por non falar galego, dicindo esas tonterias da nosa terra mellor o castelan...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete