Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Organizada pola plataforma Desarme A Coruña

A Coruña súmase á conmemoración do 62 aniversario da bomba de Hiroshima

O sábado fanse milleiros de concentracións por todo o mundo para lembrar o triste lanzamento da primeira bomba atómica da historia.

Redacción - 09:30 04/08/2007
Cartaz da concentración

Cartaz da concentración

O luns fanse 62 anos do lanzamento da primeira bomba atómica da historia, e por todo o mundo hanse celebrar concentracións e manifestacións para lembrar esta barbarie e facer un chamamento polo desarme mundial, que case nunca é escoitado.

Esta ano a Plataforma Desarme A Coruña, composta por 17 asociacións veciñais e colectivos coruñeses, dedica o sábado unha xornada participativa na praza das Conchiñas dende as 18:00 horas, na que reclamarán o desarme nuclear total, o abandono, por parte das tropas invasoras, dos territorios ocupados, e o desarme progresivo e proporcional, en todas as rexións, das armas de destrución masiva (incluíndo as biolóxicas e químicas).

Os asistentes ao acto pintarán as súas mans e varios paneis, exporán graffitis feitos polos rapaces, haberá varios cantautores, unha exhibición de artes marciais de filosofía non violenta, confeccionarán de grúas de papel -costume xaponesa para conmemorar esta data-, haberá pallasos, malabares... e á volta das 20:30 horas, todos os asistentes farán un círculo no que cada quen, portando unha candea acendida, "alumearán a Paz" e farán un pedido "exhortando aos países e grupos que teñan armas de tipo nuclear á súa destrución".

62 anos da bomba de Iroshima

A cidade xaponesa de Iroshima foi obxecto do primeiro bombardeo atómico da historia, o 6 de agosto de 1945, xusto cara o final da Segunda Guerra Mundial, pola aviación dos EUA. Co bombardeo pretendíase culminar a última Gran Guerra, mais esta terminou co asasinado de 75.000 xaponeses e xaponesas, e deixando case 300.000 feridos, entre os que houbo unha gran cantidade que presentaban variacións e mutacións xenéticas -debidas á radiación á que foron expostos- que perduran até hoxe entre a poboación nipona.


5/5 (7 votos)


Comentarios (3)

Manel #1 22/Agosto/2007 Manel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA

4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.

Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.

A redacción de Vieiros foi informada en moitísimas ocasións polo menos do primeiro dos feitos (a mobilización en tono á A-76). Vieiros foi no pasado un medio crítico e independente. Non entendo esta nova etapa na que parece que este xornal se prega ao poder subscribindo moitos debates estériles e desatendendo a colectivos que hai só catro anos serían o ariete co que o nacionalismo mediático cargaría contra a administración Fraga. Se imos volver á época das pleitesías non pagou a pena o cambio. Só pido que Vieiros recupere o espírito critico e a súa plena independencia. Está moi ben o culto á personalidade dun líder concreto (Quintana por exemplo) máis cómpre non olvidar ao pobo co risco de que este medio se convirta nun foro de reunión de catro pseudointelectuais ao abafo do poder.

Manel #2 22/Agosto/2007 Manel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

esta noticia xa pasou esto e a hostia

baltar69 #3 22/Agosto/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cando se fala da segunda guerra mundial, cárganse as tintas sobre o xenocidio xudeo en europa, pero apenas hai quen se refire os mortos rusos ( algúns historiadores falan de até 50 millóns de víctimas, sopoño que esaxeran ), os mortos gitanos e de outras étnias, os homosexuais, os esquerdistas...
a poboación coñece os días de sangue, sudor e lágrimas dos londinenses baixo as v2 de von braun, pero pouco se menciona dresde. e co tema atómico hiroshima/nagasaki parece ben asentado no acervo común a idea de que o feito polos estados unidos sobre os xaponeses foi pouco menos que unha idea oportuna. o certo é que cando bombardearon dresde os aliados ( aliados entre sí, non aliados méus ) a guerra en europa xa estaba decidida e cando soltaron as bombas contra os nipóns, a confrontación do pacífico tamén estaba xa asegurada.
trátase, pois, de duas feitos infames, dignos de figuraren no primeiro plano da historia, dous feitos que tiveron como blanco centos de miles de civís e que constituiron unha advertencia para a urss de stalin. teñamos en conta que a guerra europea xa dende antes de xullo do 44 estaba máis enfocada a conter o avance ruso que a somerter o reich e a inmolación no altar da democracia capitalista dos cidadáns de hiroshima e nagasaki estivo encamiñado tamén a servir de advertencia o bloque comunista e non a adiantar o fin dunha guerra e a aforrar víctimas, como o predica a doctrina estadounidense.
é posible que para manel mereza máis espazo o contubernio local da autovía que esta conmemoración de 62 aniversario, pois entende que aquelo xa pasou. eu diría, en cambio, que nunca pasou de todo: está pasando aínda, a cada momento estamos bombardeando hiroshimas, matando xente para que funcione a maquinaria. claro que cada ún tira do séu e non acostumamos a ver cantas víctimas deixamos o noso carón. eu non coñezo os estudos técnicos, pero sí coñezo a orografía das zonas afectas e si o destiño da autovía central de galicia vai ser conectala a6 dende toral de los vados con santiago de compostela a idea de pasala por trives e polo castro paréceme tan desmelenada que non poido máis que considerala unha triste necedade que alguén soltou nun momento e que ahora seguen a engordar algúns occiosos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete