Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recollidas pola plataforma en defensa da zona

Vinte mil persoas asinan en apoio do Courel

SOS Courel presenta esta semana a conclusión da campaña de sinaturas a prol da iniciativa lexislativa popular.

Redacción - 09:30 06/08/2007

Hai pouco máis dun mes que a plataforma SOS Courel sumaba arredor de dez milleiros de sinaturas en apoio do Courel e contra o máis de medio cento de explotacións mineiras que ameazan a zona. Agora, a comezos de agosto, o conxunto de colectivos que apoian a causa superou xa o límite estabelecido para a presentación dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do Courel. Son 20 mil as conseguidas nesta altura.

Por outro lado, SOS Courel convocou para o próximo sábado día 11 a festa da "Revolta" no lugar de Froxán. Un evento en favor da paz "cultural e ambiental" para "esta terra e todas as terras".


5/5 (23 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 6/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mirai si se poden seguir a recoller máis sinaturas, ata duplicar as qsue xa tendes. Hai que lle dar nos fuciños á X(J)unta porque son un pouco duros...de cabeza!

O_Castrexo #2 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A foto é máxima! hahaha. Typical Galician country!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: