Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mentres non se consiga suprimilas

O BNG aposta por "limitar" o funcionamento das deputacións a prestarlle apoio a concellos

Os nacionalistas consideran que o informe do Consello de Contas, que sinala o incumprimento do labor asistencial destes entes, "corrobora" as teses do BNG sobre o desencaixe das deputacións no actual modelo de país.

Redacción - 09:30 07/08/2007

"O BNG aposta por tratar a desaparición das deputacións desde un novo Estatuto de nación", explicou este luns Roberto Mera, secretario de Política Municipal do BNG, "e mentres ese cambio estrutural non se produza, os nacionalistas defenden a necesidade de que as deputacións limiten a súa actuación ás competencias básicas recoñecidas por Lei, é dicir, prestarlle apoio aos concellos".

O responsábel do Bloque subliña o "significativo" de que o informe do Consello de Contas faga fincapé no incumprimento por parte das deputacións do seu núcleo competencial básico. Así, o estudo sinala a escasa coordinación dos servizos municipais e a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica aos concellos de menor capacidade económica de xestión. "Esta valoración confirma a necesidade defendida sempre polo BNG de afrontar unha reforma da actual organización territorial do país que conduza á desaparición das deputacións e a creación dunha nova estrutura institucional formada por concellos, áreas metropolitanas e comarcas", expuxo Mera, destacando que por ese camiño debera ir a nova organización "acorde coa realidade política e socioeconómica de Galiza".
"O país non pode permitirse o luxo de seguir soportando o custo dunhas deputacións provinciais que se converteron en simples intermediarias no reparto e distribución caciquil e e clientelar de cartos", laiouse o nacionalista, criticando o nivel de endebedamento e a "absoluta descoordinación" das deputacións.


5/5 (4 votos)


Comentarios (6)

Gaviotero #1 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Interpretación de la noticia...El BNG quiere que allí donde no gobierna y chanchullea con el dinero público haya menos poder, para así poder mover ellos más dinero y poder hacer cosas como las que denuncia hoy la prensa viguesa.

Santi Domínguez y unos cuantos amiguetes más hasta hacer un total de 7, se marchan hoy mismo a Bangkok durante unos días en plena temporada alta para informarse de la organización de la Universiada. Y nos sale todo este viajecito por casi 49.000 euros!!! Menos mal que llegaron al poder hace sólo unas semanas y que dijeron que no había "cartos" en el Concello de Vigo ni para pagar las nóminas.

Estos tíos tienen una caradura...y algunos dándole vueltas al Gaiás...

carlosroca #2 7/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Amiguetes?, 3 concelleiro, reitor da universidade e asesoramento.
48.000 de partida consignada, eis gasto máximo, canto custa un billete a Bankok? Pois cos baratiños gastarán non menos de 21.000 €, de ahí para arriba.
En fin, pirrico investimento se se celebra a UNIVERSIADA en 2013 en Vigo, non?
O Gaiás de momento é só gasto e van ser 350 millóns de €, nun proxecto adxudicado inicialmente en 120 millóns de €.
Cun pouco de sentido común o comentario non ten por onde coller...cousa dos sofistas mediocres.

Gaviotero #3 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pues sí, amiguetes. Empezando por el rector de la Universidad y demás concelleiritos.

Y sí, caro de la leche, porque manda huevos irse a Bangkok en pleno agosto y además cogiendo los billetes como quien dice de un día para otro.

¡Joder con los rojos! Yo también quiero...

Se podían haber organizado videoconferencias o haber solicitado informes y no enviar 7 tíos allí, empezando por el que monta el cotarro.

Sobre todo si no había dinero como dijo el falso de Santiago Domínguez ni para pagar nóminas.

Una jeta que se la pisan...y algunos, sacándoles la cara por ver si en el futuro ellos también pillan algo.

Este viajecito a más de un millón de pesetas por barba promete ser sólo el principio, Carlitos, de un gasto descomunal para una supuesta Universiada que a los que viajan les importa un pito.

Al menos, a ver si una vez allí no pasan según que gastos que muchos nos tememos...

Gaviotero #4 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La verdad es que da igual lo que opine el BNG sobre las diputaciones porque ni juntándose con el PSOE tiene competencias para modificar sus funciones.

El_pastorrr #5 7/Agosto/2007 El_pastorrr
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Home, van agora porque a Universiada comeza mañán, e a saber cando compraron os billetes, que botar a lingua a pacer é moi fácil.

carlosroca #6 8/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se os mercaran hai 9 meses seguro que saian máis baratiños, que falta de previsión....Desde logo estes do BNG...tanta campaña e se esquecen do fundamental: mercar os billetes de avión con tempo. A ver se aprenden e resevan todos os que vaian empregar nos vindeiros anos e nos aforramos moitos cartos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete